Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Amistade, varada no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Francisco Javier Díaz Soto, con DNI ***8131**, e a Nora Beatriz Cancino Castilla, con DNI ***3446**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 6 de novembro de 2019, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación da cal son copropietarios, de nome Amistade e folio 7ª-FE-1-25-95, varada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún en zona do porto de Ribadeo próxima á mariña seca e sen aboar taxas, desde que foi refrotada por persoal de Portos de Galicia tras o seu afundimento en setembro de 2019, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de Portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselles aos propietarios da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formularen alegacións.

Advírteselles que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que cómpre realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para ao seu exame, o expediente está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área central, na praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia