Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 181/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 181/2019, seguido por instancia de Antonio Abad Saa contra Varaderos Lazareto, S.L., sobre execución da Sentenza número 464/2019, do 26 de setembro, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, ambos con data 17.12.2019, contra os que pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Varaderos Lazareto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza