De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada a esa publicación.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 2 de xaneiro de 2020
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia.
Interesado: 34531982N.
Acto de notificación: requirimento de modificación de datos no Rexistro Vitícola de Galicia.