Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 28 de outubro de 2019, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), cuxa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 2 de xaneiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34573701-D

Resolución

Castelaus (Calvos de Randín)

34942440-N

Resolución

Castelaus (Calvos de Randín)

76759789-A

Resolución

Castelaus (Calvos de Randín)

34566951-K

Resolución

Castelaus (Calvos de Randín)

38150896-Z

Resolución

Castelaus (Calvos de Randín)