Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4740

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020 pola que se realiza convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral fixo.

Prazas: 1 (unha) técnico de dominio público.

Tipo de contrato: fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es.

Vilagarcía de Arousa, 14 de xaneiro de 2020

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa