Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4533

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro)

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

11.9.2019

8.062,50 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

15.10.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e Cruz Vermella de Santiago, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

17.10.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura e Turismo, para o desenvolvemento de actividades de formación

17.10.2019

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Universidade de Salamanca, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

21.11.2019

Sen achega económica