De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o facer así, se considerarán por notificadas.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 16 de decembro de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
|
Procedemento/Nº de expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do acto administrativo |
|
BS210A/PO-18059 |
35867511T |
Resolución de extinción da prestación |
1.8.2019 |
|
BS210A/PO-19984 |
35226610V |
Resolución por falecemento e arquivamento |
6.9.2019 |
|
BS210A/VI-29730 |
35888787R |
Resolución por falecemento e arquivamento |
7.5.2019 |
|
BS210A/VI-30344 |
35498003X |
Resolución por falecemento e arquivamento |
18.9.2019 |
|
BS210A/VI-41068 |
36080258C |
Aceptación da renuncia e arquivamento |
6.9.2019 |
|
BS210A/PO-53055 |
35980949W |
Resolución de extinción da prestación |
28.9.2019 |


