Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4817

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A).

O 4 de febreiro de 2019 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocaron para o ano 2019. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar as medidas 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes) e 8.5 (investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais) que figuran no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

A experiencia na xestión desas axudas no ano 2019 supón modificar certos procedementos na súa tramitación que xustifican a elaboración dunhas novas bases reguladoras.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR605A), e se convocan para o ano 2020, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, e pola Decisión de execución da Comisión, C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro de 2019.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou local.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

f) Os terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

2. No caso de montes propiedade do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia, ou das entidades locais, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio, en que non estea prevista ningunha actuación con cargo ao convenio, e o proxecto de ordenación o permita, logo de informe favorable dos servizos provinciais responsables dos recursos forestais correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada.

Artigo 3. Beneficiarias

1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

8. Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

Artigo 5. Actuacións obxecto de axuda

1. Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:

a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):

1º. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior, en que poderán existir, nun máximo do 20 % da superficie, bosquetes ocupados por especies frondosas do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que se deberán respectar e actuar neles (roza, rareo e poda).

No caso dos rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, deben acadar unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha; mentres que no caso das masas de Pinus sylvestris L. e Pinus uncinata, as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 30 %.

Tamén é elixible a trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa, porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.

No caso de masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior, en que hai máis de 3 anos se fixo un rareo en rúas, será elixible o rareo de entre rúas, debéndose rozar a rúa e realizar o rareo ata acadar unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha e a trituración dos restos, ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.

As superficies que, conforme as letras c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda, deberán rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei.

2º. Rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas.

Respecto das rozas, despois do tratamento, a totalidade da superficie de actuación deberá estar rozada e a altura do mato despois da roza non pode superar os 10 cm de altura.

Respecto das podas en masas de coníferas, serán ata unha altura mínima de 2 metros e máxima 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha e mínima de 500 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se tivese realizado un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitada aos primeiros verticilos. No caso das masas de Pinus sylvestris L. e Pinus uncinata, as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 30 %.

Tamén é elixible a trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.

Ademais dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas, sempre que a altura do mato a faga necesaria. Despois do tratamento, e co fin de garantir a creación de descontinuidade horizontal e vertical, a altura do mato existente na totalidade da superficie obxecto de axuda non pode superar os 50 cm de altura, excepto no caso de solicitar a roza que non poderá superar os 10 cm.

Despois do tratamento, na superficie obxecto de axuda non poderán existir pés puntuais de eucalipto (Eucaliptus sp.) nin de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia).

As superficies que, conforme as letras c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda, deberán rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei.

b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal:

1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 30 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m.

Nesta epígrafe son elixibles a roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, e selección de abrochos e os rareos.

Despois do tratamento, na superficie obxecto de axuda non existirán pés de eucalipto (Eucaliptus sp.).

Por outra banda, no caso de existencia de pés de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia), estes deberanse eliminar antes de rematar o tratamento.

Así mesmo dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o cartel.

2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 80 pés/ha.

Nesta epígrafe son elixibles as rozas, as podas, os tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos, e o aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.

Tamén dentro desta epígrafe poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o cartel.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.

3. Poderanse subvencionar os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo VIII de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

4. Non serán elixibles as actuacións realizadas en superficies sobre as cales se concedeu subvención nos 5 anos anteriores á presente convocatoria, excepto no caso de traballos de control selectivo do combustible (MR651A), que se limitará aos 3 anos anteriores. O computo dos anos farase con respecto ao ano de concesión da axuda (concesión de axuda no ano 2015, no caso de 5 anos; e concesión de axuda no ano 2017 no caso de 3 anos).

5. Tampouco serán elixibles as actuacións que por disposicións legais sexan obrigatorias.

6. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Superficies forestais mínimas e máximas para solicitar axudas, e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor, as agrupacións legalmente constituídas e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.

b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea por couto redondo.

c) No caso das agrupacións legalmente constituídas e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 1 hectárea, distribuída en non máis de 3 coutos redondos por solicitude de axuda.

2. Superficie máxima:

Para todos os solicitantes, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea excepto no caso das Sofor e das agrupacións legalmente constituídas.

3. En todos os casos, a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

4. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 100 m2, pistas, estradas, etc.

b) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo provincial responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 7. Condicións técnicas xerais

1. No anexo IX figuran as instrucións técnicas que deben cumprir as actuacións polas cales se solicita axuda.

2. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse, en todo caso, o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e no seu desenvolvemento. Ademais, as actuacións elixibles deberán ter compatibilidade co Plan de protección forestal englobado dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

3. Poderanse tramitar peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia, logo de informe de viabilidade do servizo provincial responsable dos recursos forestais. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada, salvo se fose solicitada a rescisión do consorcio antes do remate do prazo de solicitude destas axudas.

4. Todos os solicitantes destas axudas deberán ter adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte, non só da superficie obxecto de axuda, segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (procedemento MR627D), coa seguinte excepción: se a persoa solicitante dispón dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, é suficiente con que na solicitude de axuda faga referencia a esta circunstancia.

5. Características da planta empregada: as partidas de planta empregada deberán cumprir cos seguintes requirimentos:

i) Etiquetado e documento provedor expedido polo ente provedor de material forestal de reprodución consonte o Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro.

ii) Os entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores, e con sede social en Galicia, deberán ter presentado correctamente a súa declaración anual de material forestal de reprodución da campaña 2018/2019, mediante o modelo MR621K, establecido para tal efecto na sede electrónica da Xunta de Galicia.

iii) Os entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores deberán acompañar unha declaración responsable en que certifiquen que o dito material forestal de reprodución cumpre cos requirimentos establecidos polo Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, en materia de calidade exterior.

iv) Pasaporte fitosanitario do material forestal de reprodución consonte a lexislación vixente en materia de sanidade vexetal. A produción e a comercialización do material forestal de reprodución poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea, salvo que por motivos de sanidade vexetal a consellería competente no medio rural estableza medidas preventivas.

6. En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, as operacións de investimento Feader irán precedidas dunha avaliación de impacto ambiental, conforme a lexislación vixente. Neste suposto, no caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural a que reciba copia do informe para efectos de tramitación da solicitude, especialmente no caso de terreos en Rede Natura 2000. Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa de axudas de Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se fose de aplicación.

Artigo 8. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. No anexo X figuran as instrucións do formato da información do proxecto en soporte dixital e vectorial, que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e demais documentos.

2. No proxecto, coas actuacións, deberá figurar como mínimo o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos...

b) Descrición das actuacións para levar a cabo.

c) Especies, densidade final, quenda da especie...

d) Indicación segundo o visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/ se existe algunha afección, de que afección se trata e localización das parcelas afectadas.

e) Orzamento, de acordo coas normas de redacción de proxectos.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais e fichas Sixpac das parcelas para as cales solicita a axuda. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación.

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se van efectuar na mesma parcela, tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto, segundo a táboa número 1 do anexo X.

g) Estudo básico de seguridade e saúde.

h) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

Artigo 9. Compromisos

1. Respecto do mantemento e conservación das masas sobre as cales se realizaron as actuacións:

a) O beneficiario da axuda comprométese a manter a masa, incluído o cartel identificativo, conforme as condicións de aprobación da axuda e a conservalos durante un mínimo de cinco anos, e no caso de ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados será a quenda da especie indicada no dito instrumento, contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Tamén se compromete, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

b) No caso de agrupacións de propietarios:

– A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación segundo a lexislación aplicable en cada caso.

– Os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da masa durante un mínimo cinco anos, contados a partir da data de pagamento da axuda.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas nesta orde.

5. Nas superficies de actuación todos os beneficiarios comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable. Este aspecto verificarase na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida segundo se resolva o correspondente acordo de inicio de perda de dereito. Así mesmo, nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

6. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

Artigo 10. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución do crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 22, segundo o tipo de beneficiario:

a.1) Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2) Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, comunidades de bens, montes de varas, Sofor e outras persoas xurídicas: 45 %.

a.3) CMVMC: 45 %.

b) Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1) Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 4.500.000 €.

b.2) Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 4.500.000 €.

b.3) Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 2.000.000 €.

b.4) Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 2.000.000 €.

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación e liña de axuda (I ou II), tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse, segundo a liña de axuda, de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

a) CMVMC con investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 10 puntos.

b) CMVMC con investimentos dun 50 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 20 puntos.

c) CMVMC con investimentos de máis do 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 30 puntos.

d) Posta en valor de CMVMC: 10 puntos.

e) Por cada membro de CMVMC, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, cooperativa agrícola, pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.

f) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

g) Sociedade de fomento forestal rexistrada (Sofor): 50 puntos.

h) Monte con proxecto de ordenación inscrito no Rexistro de Montes Ordenados (artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e segundo o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia): 10 puntos.

i) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

j) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

k) CMVMC sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

l) Actuacións en zonas de montaña ou con limitacións naturais significativas ou con limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 10 puntos.

m) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

n) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos.

ñ) Rareos en masas estables de coníferas (para solicitantes da liña I): 1 punto por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

o) Rozas e podas en masas de coníferas, e podas en masas de coníferas (para solicitantes da liña I): 1 punto por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

p) Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras (para solicitantes da liña II): 6 puntos por hectárea de actuación ata un máximo de 40 puntos.

q) Rexeneración e/ou mellora de masas de soutos de castiñeiros (para solicitantes da liña II): 4 puntos por hectárea de actuación ata un máximo de 40 puntos.

r) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 15 puntos.

s) Por cada parcela para a cal se solicitou axuda que estea dada de alta no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

t) 40 puntos se as actuacións se atopan nas seguintes superficies incluídas en:

– A área demarcada establecida polo artigo 2 do Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de cuarentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación (DOG nº 24, do 4 de febreiro de 2011).

– O anexo IV da Resolución do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presencia de cinco novos positivos do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación (DOG nº 8, do 11 de xaneiro de 2019).

– Os puntos 1.a) e b) da Resolución do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal (DOG nº 76, do 20 de abril de 2017).

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 20 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, segundo sexa o tipo de beneficiario, e na orde que se establece:

a) Situación da actuación para apoiar medidas de erradicación do organismo de cuarentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus.

b) Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

c) Situación da actuación en Rede Natura 2000.

d) Monte con proxecto de ordenación rexistrado.

e) Maior superficie de actuación.

f) Maior importe de subvención.

4. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de beneficiario e tipo de traballo na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 11. Solicitudes

1. As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/.

Nestes casos, o solicitante pedirá autorización/informe ao órgano competente por razón da materia e autorizará a Consellería do Medio Rural a que reciba copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude. No caso de que a autorización/informe sexa desfavorable ou non se atope en poder da subdirección xeral responsable dos recursos forestais no momento en que o xefe territorial de cada provincia propoña a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

3. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos se fose necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Tres ofertas de diferentes provedores.

e) Autorizacións/Informes dos órganos competentes indicados no punto 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso) ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante os órganos competentes, reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/ .

4. Para cada liña de axuda (liña I-liña II) soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos . Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/ .

6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 12. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 17 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Artigo 13. Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo I):

a) Documentación xeral:

a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

1. Poder notarial.

2. Representación legal, debendo presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

a.2) Acreditación da propiedade:

A propiedade acreditarase no caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (RSofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada (en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral; fichas catastrais (nominais), xustificante do pagamento do IBI, ou coa inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia así como dos predios sobre os que se solicita a axuda.

No caso de pro indivisos, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde).

No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas) mediante certificado do responsable do Rexistro de SATs e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

a.3) As CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 8, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de montes ou enxeñaría técnica forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se realizarán (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e indicar o seu número de rexistro.

a.5) Número de expediente dixital da adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as que se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOUM) das ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, Patrimonio, Dominio Público Hidráulico, etc.), farase constar tamén nesta declaración responsable.

b) Documentación específica:

b.1) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación da solicitude de axuda.

b.2) Para os pro indivisos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo III «Acordo de compromisos e obrigas» por todos e cada un dos seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo V.

c) Documentación complementaria:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo VI debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita e anexo VI debidamente cuberto.

c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no rexistro da propiedade.

c.5) Autorizacións/Informes dos órganos competentes indicados no artigo 11 punto 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso):

c.5.1) Autorización/Informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.2) Autorización/Informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.3) Autorización/Informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.4) Autorización/Informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

2. A documentación xeral, específica e complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación xeral, específica ou complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

4. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se é o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se é o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se é o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se é o caso, da persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se é o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia a persoa solicitante e, se é o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesión de subvencións e axudas da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, e no IV (se é o caso), e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Tramitación

1. O órgano competente para tramitar esta orde de axudas son a subdirección xeral e os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos provinciais responsables dos recursos forestais. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 11.4 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais examinarán as solicitudes presentadas e requiriranlles aos solicitantes que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non se fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

En caso de que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, o xefe territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiralla á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a subdirección xeral de responsable do recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma lei.

9. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro responsable do medio rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

10. Trámites posteriores á presentación da solicitudes:

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no punto 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Malia o establecido nos anteriores números, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todos as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

7. Na notificación de concesión da axuda informarase os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Artigo 17. Inspeccións previas

Funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies polas que se solicita axuda, comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda. Será remitida, só no caso de minoración ou denegación, desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais copia da inspección aos solicitantes das axudas.

Artigo 18. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 31 de maio de 2021, para propietarios particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...) e o 30 de xuño de 2021 para CMVMC.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da consellería competente no medio rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final verificarase que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

4. De acordo co artigo 63 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar, a satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible, ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

5. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais proporán as ditas ampliacións ao subdirector xeral responsable de recursos forestais, quen elevará a proposta ao director xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas polo conselleiro responsable do medio rural para resolver.

6. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 19, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez (10) días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados se a persoa beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional, e non se achega esa documentación no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 19. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 18.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 17, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no punto 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo coa letra h) do punto 3 deste artigo.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento), achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos pro indivisos, dos de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, das comunidades de bens e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo VIII.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos). E no caso de non telos, declaración expresa do beneficiario de non telos.

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no artigo 8.2.f).

d) Respecto do material forestal de reprodución empregado:

i) Etiquetado e documento provedor expedido polo ente provedor de material forestal de reprodución consonte o Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro.

ii) Declaración responsable, dos entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores, en que certifiquen que o dito material forestal de reprodución cumpre cos requirimentos establecidos polo Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, en materia de calidade exterior.

iii) Pasaporte fitosanitario do material forestal de reprodución consonte a lexislación vixente en materia de sanidade vexetal.

e) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

f) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

g) As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo XI. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

h) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo IV desta orde. No caso de que o cedente do dereito de cobramento sexa unha comunidade de montes veciñais en man común (CMVMC), o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente para que asine a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

iii) Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de que se opoña á súa consulta.

iv) Copia do NIF da entidade cesionaria, só no caso de que se opoña á súa consulta.

Artigo 20. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro que sinala no artigo 33 a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 80 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos, considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afectase gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afectase unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería competente no medio rural reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Os beneficiarios desta convocatoria de axudas que non executen as accións previstas, salvo renuncia do beneficiario por forza maior, quedaran excluídos das próximas dúas convocatorias de axuda.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ou ao reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 21. Controis

1. A consellería competente no medio rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, comprométense a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a consellería competente no medio rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e nº 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas nos regulamentos de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

4. A consellería competente no medio rural, ao abeiro do establecido nos anteriores regulamentos e demais normativa, realizará controis administrativos a todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude. Respecto dos controis sobre o terreo, realizaranse antes do pagamento final, e seleccionaranse sobre unha mostra que representará como mínimo o 5 % dos gastos, mencionados no artigo 46 do Regulamento de execución (UE) 809/2014, cofinanciados polo Feader e que se reclaman ao organismo pagador cada ano natural. Ademais tamén realizaranse, se for o caso, controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 13, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida, e, sobre todo, a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 22. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2020 e 2021, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209 por un importe de 9.000.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 1.000.000 €, ano 2020.

– 8.000.000 €, ano 2021.

Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 500.000 € para o ano 2020, 4.000.000 € para o ano 2021.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 500.000 € para o ano 2020, 4.000.000 € para o ano 2021.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 4.000.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 525.000 €, ano 2020.

– 3.475.000 €, ano 2021.

Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 250.000 € para o ano 2020, 1.750.000 € para o ano 2021.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 275.000 € para o ano 2020, 1.725.000 € para o ano 2021.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 23. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014.

Artigo 24. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 25. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así, en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando polo menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo VII, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural.

c) No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo VII. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo VII, de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada. Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a suministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

A concesión e pagamento destas axudas está condicionada á aprobación polos servizos da Comisión Europea da terceira modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2014-2020, e ás posibles observacións e modificacións derivadas diso.

Disposición adicional segunda

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra axuda sobre a mesma superficie, coa excepción dos investimentos para incremento da capacidade de adaptación e valor ambiental dos ecosistemas forestais ou para restaurar o potencial forestal danado por pragas, enfermidades, desastres naturais, catástrofes ou sucesos derivados do cambio climático.

Disposición adicional terceira

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, no Regulamento de execución (UE) nº 809/20014, no Regulamento de execución (UE) nº 1242/20017, no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 18/2019, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_8-2018_PLAN_NACIONAL_DE_CONTROLES_NO_SIG.pdf), e 32/2017, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_32-2017_CRITERIOS_APLICACION_PENALIZACIONES_NO_SIG.pdf).

Disposición adicional cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos . Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que persoas interesadas poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais, conforme o modelo de disposición adicional da cláusula informativa que se recolle na url https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a dirección xeral responsable da ordenación forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 26, adaptaranse ao seguinte formato estándar en que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

missing image file

Cores e tipo de letra

Cor branco fondo

Branco

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100 %

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negro

Cor letra 2

Branco

Dimensións

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operacións de reestruturación parcelaria, investimentos forestais como forestacións ou, en xeral, actuacións que abarcan unha grande área territorial, empregaranse preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO VIII

Cadro de importes máximos subvencionables

Actuación

Investimento total

Importe máximo subvencionable (sen IVE)

1.5. Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda deberan rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

515,16

515,16

1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha

1.031,41

1.031,41

1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

682,68

682,68

1.3. Tope €/ha proxecto en rareos coníferas

47,85

47,85

1.4. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha, en masas onde xa se executou un rareo en rúas. Debéndose rozar a rúa, rarear a entre rúa e picar e extraer os restos

1.031,41

1.031,41

2.1. Rozas en masas de coníferas (poda)

515,16

515,16

2.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha e mínima de 500 pés/ha

605,70

605,70

2.4. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

682,68

682,68

2.5. Tope €/ha proxecto en podas coníferas

47,85

47,85

2.6 Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda deberan rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

515,16

515,16

3.1. Rozas

696,73

696,73

3.2. Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo

508,40

508,40

3.3. Selección de abrochos

694,87

694,87

3.4. Rareos

837,09

837,09

3.5. Tope €/ha proxecto en frondosas

47,85

47,85

4.1. Rozas

696,73

696,73

4.2. Podas con funxicida

661,40

661,40

4.3. Tratamento fitosanitario

131,87

131,87

4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

194,77

194,77

4.5. Tope €/ha proxecto en castiñeiros

47,85

47,85

5. Cartel identificativo (só elixible aos solicitantes que estean obrigados á súa colocación segundo o artigo 26)

255,00

255,00

ANEXO IX

Instrucións técnicas nas actuacións polas que se solicita axuda

A título informativo, de cara a fixar con claridade os criterios de viabilidade das actuacións polas que se solicita e á hora de preparar as solicitudes de axuda e redactar os proxectos, teranse en conta os seguintes aspectos, que serán verificados na inspección previa a que se refire o artigo 17 da orde:

1. Aqueles traballos que non se consideren necesarios ou que non se podan facer non deberán figurar no proxecto técnico. Por exemplo, nos tratamentos das masas de frondosas poden non ser necesarias as rozas ou a formación das guías se xa están claramente formadas ou a selección de abrochos ou o rareo dos pés. Non é necesario realizar todas as actuacións conxuntamente se non son necesarias para a masa sobre a cal se actuará.

2. En relación coas podas en masas de coníferas, consideraranse como tales as podas dirixidas para previr incendios forestais mediante a creación de descontinuidade horizontal e vertical, e non de podas destinadas á mellora do valor económico dos bosques. Polo tanto, non terán a consideración de podas para estes efectos as chamadas podas de realce en idades temperás da planta, cun máximo de 3 verticilos e sen valor preventivo para os efectos desta orde.

3. Co fin de garantir a descontinuidade horizontal e vertical nas podas en masas de coníferas despois de executar a poda a altura máxima do mato en toda a superficie non pode superar os 50 cm, excepto no caso das rozas nas podas en masas de coníferas que soamente se poderán solicitar naqueles terreos onde a altura do mato a faga necesaria, sendo a altura do mato despois de executala inferior aos 10 cm. En ningún caso, a altura das podas poderá superar a metade da altura da árbore (a altura da poda medirase ata o último verticilo podado). No caso de que na comprobación dos traballos executados o mato existente supere os 50 cm de altura non se dará por elexible a dita superficie.

4. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo con diámetro en punta delgada superior a 6 cm serán triturados in situ, picados cunha lonxitude inferior a 50 cm e con distribución homoxénea, ou ben extraídos do predio obxecto de axuda para o seu aproveitamento como biomasa, e deberanse xustificar documentalmente o dito aproveitamento xunto coa notificación de remate dos traballos.

5. Na inspección previa verificarase que as parcelas e recintos Sixpac incluídos na solicitude da axuda se corresponden coas mouteiras de traballo. No caso de non coincidencia co proxectado ou que os traballos previstos non fosen viables na súa totalidade, funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán unha medición dos elementos ou zonas para descontar da superficie aprobada, cuxo resultado se cruzará co Sixpac para coñecer a superficie de cada parcela e recinto que se desconta, reflectíndoo na epígrafe correspondente do informe de inspección xunto co motivo ou causa.

6. Comprobación de condicións técnicas na inspección previa. Hai que ter en conta que as actuacións para ser obxecto de axuda necesitan cumprir unha serie de requisitos técnicos establecidos na orde (diámetro medio da masa, densidades da masa, altura da poda, etc.). Para a súa comprobación os funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán un inventario cuxos resultados poderán dar lugar a exclusións da superficie de actuación.

7. Método para a selección da mostraxe.

7.1. O método que empregarán os funcionarios será aleatorio simple, no cal a localización das «unidades ou parcelas de mostraxe» se fai de forma independente e ao azar. As unidades da mostraxe deberán representar toda a masa que se vai inventariar, e non poderán concentrarse as parcelas da mostraxe só nunha parte da superficie de actuación.

No caso de existiren dúas ou máis mouteiras claramente diferenciadas porque os traballos sexan distintos neles ou a masa sexa heteroxénea, estratificarase a mostraxe para realizar parcelas de mostraxe en todas as zonas onde se aprecien diferenzas na masa.

A distancia mínima entre parcelas da mostraxe (centro) recoméndase que sexa polo menos 100 m para representar o máximo posible da superficie de actuación. Se pola súa forma ou por ser a superficie menor de 10 hectáreas non fose posible facelo así, a distancia será a máxima posible que permita a superficie.

7.2. Forma e superficie da parcela da mostraxe. A forma da parcela será circular cun raio determinado en función do tipo de actuación: nos rareos e primeira poda de coníferas será de 10 m; nos tratamentos de frondosas caducifolias será de 15 m; e na rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros de 25 m. No caso de atopar densidades moi altas de frondosas poderase utilizar un radio de 10 m.

7.3. Localización e delimitación da parcela da mostraxe. O centro da parcela de mostraxe coincidirá cunha árbore, desde a cal se tomarán as distancias.

Os datos do centro da parcela da mostraxe (segundo o datum ETRS89 e coordenadas UTM do fuso 29N) anotaranse na folla de campo correspondente para permitir a súa posterior comprobación e a árbore situada nel marcarase de maneira que sexa facilmente identificable.

7.4. Número de parcelas da mostraxe. Na táboa seguinte pode verse o número de parcelas da mostraxe que se realizará en cada estrato segundo a súa superficie. Poderanse realizar máis parcelas da mostraxe das indicadas se por criterio técnico están xustificadas.

Táboa nº 1: nº de parcelas mínimo para cada estrato da mostraxe.

Superficie de actuación (ha)

Nº parcelas da mostraxe

0-5

2

> 5-10

3

> 10-20

4

> 20-30

6

> 30-40

7

> 40-50

8

7.5. Comprobación da densidade por tipo de traballo nas parcelas da mostraxe. A densidade comprobarase contando o número de pés incluídos na parcela, cuxo resultado deberá posibilitar cumprir as condicións recollidas na orde, tal como se indica na táboa seguinte:

Táboa nº 2: densidades en función do tipo de actuación e do raio da unidade da mostraxe.

Tipo actuación

Nº pés/parcela

Densidade N (pés/ha) segundo a orde

r = 10 m

(314,16 m2)

r = 15 m

(706,86 m2)

r = 25 m (1.963,50 m2)

Tratamentos coníferas

Rareos (1)

N ≥ 2000

N ≥ 63

Podas (2)

500 ≤ N ≤ 1200

16 ≤ N ≤ 38

Tratamento frondosas caducifolias

N ≥ 400

N ≥ 13

N ≥ 28

Rexeneración soutos castiñeiros

N ≥ 80

N ≥ 16

(1) No sentido da densidade inicial, de partida.

(2) A densidade final máxima deberá ser menor ou igual de 1.200 pés/ha e superior a 500 pés/ha. Cómpre ter en conta que no caso dos CMVMC con convenio ou consorcio coa Administración, a autorización da corta para acadar a densidade final máxima non é algo inmediato, polo que deberá ser informado o representante da comunidade se é posible realizala antes da finalización da comunicación de remate dos traballos. No caso de non ser posible, tramitarase a correspondente perda de dereito ao cobramento.

7.6. Comprobación do diámetro normal medio e da altura media. O diámetro normal da árbore medirase cunha forcípula, tomando dúas medidas en cruz da árbore á altura de 1,3 m sobre o nivel do solo. O seu valor será a media das medidas realizadas. A altura medirase cun hipsómetro u outros dispositivos adecuados para iso (regra Christen, pértega,…), o cal se indicará nas observacións da folla de campo. Ambas as dúas variables mediranse nunha mostra de 5 árbores da parcela, que serán a seleccionada como centro desta máis outros catro pés próximos a ela. Computarase a media das 5 medicións.

Táboa nº 3: diámetros en función do tipo de actuación.

Tipo de actuación

Diámetro normal medio (cm) segundo a orde

Altura media (m)

Tratamentos coníferas

Rareos

Dm ≤ 15

-

Podas

-

Hm ≥ 4

Tratamento frondosas caducifolias

Dm < 20

Hm > 1,5

7.7. Altura da poda. A altura da poda requirida medirase no momento da certificación final, pero na inspección de campo (previa) verificarase que os traballos non están xa realizados e que é posible facelos segundo o establece a orde: primeira poda en coníferas (entre 2 e 4 m) e en frondosas (poda ata un 1/3 da altura como mínimo). Nunca se poderá superar a metade da altura da árbore.

8. Criterios para realizar a mostraxe no campo. Serán de aplicación os seguintes criterios:

a) Realizarase o número de parcelas da mostraxe que se recolle na táboa nº 1, en función da superficie de actuación, e poderá ser incrementado por criterio técnico. Se hai dous ou máis coutos redondos, cada un deles tratarase de maneira independente.

b) Aquelas parcelas cuxos valores cumpran co establecido na orde de axudas (véxase táboa nº 2) chamaranse «parcelas válidas».

c) Se o resultado dalgunha parcela non cumpre co establecido para cada caso na orde, deberase delimitar a superficie (rodalizar) que non cumpre e eliminala ao considerarse «non elixible». Estas parcelas chamaranse «Parcelas non elixibles».

d) Para «delimitar a superficie», utilizarase toda a información dispoñible (parcelario Sixpac, ortofoto, datos de campo…), tratando de utilizar os elementos facilmente recoñecibles no campo: pistas, cortalumes, valgadas, outras masas, etc. Para precisar a súa delimitación tamén se poderán realizar máis parcelas aplicando os criterios xa vistos, tendo en conta que o que se persigue é determinar outro estrato na masa distinto ao inicial (ou en cada couto redondo da masa no caso de existiren dous o máis).

e) O cálculo da densidade media da masa farase sen incluír os valores das «parcelas non elixibles», xa que se eliminarán da superficie de actuación, e terase en conta que:

– Se para un mesmo tipo de traballo silvícola existe máis dun couto redondo, calcularase a media de cada un dos coutos de xeito independente e logo farase a media final tendo en conta ambas as dúas.

– Se existen distintos tipos de traballo silvícola nun mesmo couto redondo, calcularase a media para cada tipo de actuación de xeito independente.

– Cando nalgún dos tipos de traballo do mesmo couto redondo se producise un desconto de superficie por ser «non elixible», a superficie de actuación conxunta restante deberá cumprir coa superficie mínima establecida na orde de axuda (artigo 6.1); se non cumpre ese couto non se poderá considerar. O mesmo pasaría no caso dun só tipo de traballo.

f) Nas follas de campo correspondentes separaranse as parcelas por couto redondo e mouteira. Se fose necesario definir unha/s mouteira/s nova/s de acordo cos datos obtidos tamén se incluirán as parcelas realizadas nel/neles de maneira separada (noutra/s folla/s), independentemente de que finalmente se eliminen da superficie de actuación ou non. Polo tanto, as follas recollerán todas as parcelas feitas.

g) Dada a dificultade que pode existir nalgúns expedientes pola súa inaccesibilidade para realizar as inspecciones de campo, na epígrafe de observacións recollerase esta circunstancia e a forma en que realizouse a inspección, e informaráselle ao beneficiario que deberá extremar o coidado na execución dos traballos de cara a cumprir as condicións da axuda.

ANEXO X

Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial

1. Consonte o artigo 13.1.a.3), os solicitantes, agás os propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación menor a 10 hectáreas, deberán achegar, entre outra documentación, o proxecto, no cal ademais dos planos, en que se incluirá a cartografía de acordo co establecido no artigo 8.2.f), e terán que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. E co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar:

Formato: Shapefile (a información subministrarase nun arquivo «zip» comprimido co conxunto dos arquivos que compoñen o formato shapefile). É obrigatorio que o «zip» conteña o arquivo coa extensión «prj». O arquivo con extensión «prj», coa información do sistema de referencia, comprobarase para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (tanto arquivos do shapefile como nome do arquivo de compresión). No caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante, sen letra e o ano. Exemplo: 14150001_2020.zip/99999999_2020.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: no proxecto técnico indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no proxecto: 2018, 2019, ...

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: Descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os subrecintos en que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballos. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous, ...

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas. Exemplo: 14150001_2020 (co guión baixo)

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Exemplo: provincia A Coruña→15

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtida da Sede electrónica do Catastro.

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o sixpac vixente, en maiúsculas (FO, PR, PA,...)

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 40 caracteres

Código segundo cadro adxunto.

Incluiranse todas as actuacións que se van facer no recinto. No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2, ... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas)

Nos casos en que non exista valor para o campo porase «0» ou «---», sempre que o admita.

No caso de proxecto de ordenación autorizado e inscrito en Xorfor, deberán engadirse os seguintes campos:

– Campo [GeoUA] (formato texto, 20)→Código resultante da concatenación dos campos [IDXF] , código do instrumento de Xorfor co formato PO00000111X, [Cuartel], [UO] unidade de ordenación, e [UA] unidade de actuación; da capa do plan especial cargado en Xorfor.

– Campo [REFCAT] (formato texto, 14)→Código da referencia catastral obtida do visor de Catastro.

– Campo [SupGeoUA] (formato numérico, 10,6)→Superficie da unidade de actuación da capa do plan especial cargado en Xorfor en hectáreas.

Codificación campo Actuación:

Táboa nº 2: Codificación do campo Act (Actuación).

Código

Descrición actuación

Uds.

M00

Cartel identificativo

Número

M15

Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda deberan rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M14

Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha, en masas onde xa se executou un rareo en rúas. Debéndose rozar a rúa, rarear a entre rúa e picar e extraer os restos

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M11

Clareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm alcanzando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M12

Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M13

Tope €/ha proxecto en rareos coníferas

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M21

Rozas en masas de coníferas (poda)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M22

Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M24

Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M25

Tope euros/ha. Proxecto en podas conífera

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M26

Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que poderían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan colindantes coa superficie obxecto de solicitude de axuda deberan rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M31

Rozas (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M32

Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M33

Selección abrochos (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M34

Rareos (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M35

Tope €/ha proxecto en frondosas

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M41

Rozas (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M42

Podas con funxicida (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M43

Tratamento fitosanitario (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M44

Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M45

Tope €/ha proxecto en castiñeiros

En hectáreas arredondadas a dous decimais

Exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cod

Sub_Cod

Cod_exp

Prov

Conc

Agreg

Zona

Polig

Parc

Recin

Sup_tot

Uso

Sup_Act

Act

Mouteira

1

1

14150150/2020

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

0,36

M21-M22-M24-M25

1

1

2

14150150/2020

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

1,88

M22-M24-M25

1

2

0

14150150/2020

15

15026

0

0

25

302

2

5,22

FO

2,08

M21-M22-M24-M25-M00

1

Nota: a información do campo «Sup_Act», resultante do cruzamento co Sixpac que debe facer o solicitante deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo «Act» deberán poñerse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie (incluída a elaboración do proxecto correspondente). Aquela en que a súa unidade non sexa superficial, como o «cartel», adxudicarase ao mesmo recinto que no proxecto.

g) A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato «csv» (campos separados por punto e coma), cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo. No caso de non ter o número de expediente de axudas poñerase o NIF do solicitante e o nome (14150001_2018.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cod

Cod_Act

Uds.

Custo/ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

M21

0,36

515,16

185,46

1

M22

2,24

1

M24

2,24

1

M25

2,24

2

M21

2,08

515,16

1.071,53

2

M22

2,08

2

M24

2,08

2

M25

2,08

2

M00

1

255

255

Indíquese que:

– O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo VIII da orde para cada tipo de actuación.

– O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

– As unidades superficiais figurarán en hectáreas arredondadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facerse no recinto do arquivo «shapefile» presentado (O campo «Cod» é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo «Cod» só pode ir unha actuación.

– O resto de datos numéricos (importes) arredondaranse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.) e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

– A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu «Cod» de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa informático e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO XI

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán en: facturas electrónicas ou copia das facturas orixinais en que se indicará se o importe se lle imputa total ou parcialmente á subvención. Neste ultimo caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

a) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

–O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

–No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto, albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

– A factura da planta utilizada ten que estar expedida por un viveiro autorizado e tamén admitiranse as facturas emitidas por comercializadores que veñan acompañadas da copia da factura do viveiro autorizado ao comercializador. No caso de enxertado, na factura figurará a procedencia da variedade empregada para o enxertado.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser unha copia que estará selada pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a copia da factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.