Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5378

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

BDNS (Identif.): 492948.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda solicita, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (Plans de mellora nas explotacións agrarias, código procedemento MR405A).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

b. Agricultores mozos que se instalan nunha explotación de nova creación.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código procedemento MR404A).

a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe de dita explotación.

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código procedemento MR405B).

a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2020 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.

b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Estas axudas teñen como finalidade:

a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.

b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de corenta e un millóns de euros (41.000.000), repartido en:

– Submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, vinte e catro millóns de euros (24.000.000).

– Submedida 6.1 Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, catorce millóns de euros (14.000.000).

– Submedida 6.3 Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, tres millóns de euros (3.000.000).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2020.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias