Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Avión

ANUNCIO de notificación a persoas titulares descoñecidas para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Ref. catastral

Parroquia

Lugar

Polígono

Parcela

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa

Persoa responsable

32005A11800512

Nieva (Santa María)

Oroso

118

00512

100,22 €

Descoñecida

32005A12800608

Nieva (Santa María)

Camposancos

128

00608

2,41 €

Descoñecida

32005A12300289

Nieva (Santa María)

Caseiro

123

00289

13,42 €

Descoñecida

32005A12200495

Nieva (Santa María)

Caseiro

122

00495

42,07 €

Descoñecida

32005A12100322

Nieva (Santa María)

Belecón

121

00322

65,71 €

Descoñecida

32005A12102141

Nieva (Santa María)

Belecón

121

02141

48,31 €

Descoñecida

32005A14400008

Nieva (Santa María)

Carixa, A

144

00008

21,34 €

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOE.

2º. Dado que se trata de parcelas incluídas en parroquias priorizadas, entenderase cumprida voluntariamente a obriga de xestión da biomasa no caso de que, con anterioridade á finalización do devandito prazo, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa no marco do sistema público de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa, recollido no anexo III do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018).

3º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello, a través do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da Consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente Concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Avión, 13 de xaneiro de 2020

Antonio Montero Fernández
Alcalde