Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5472

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 15 de xaneiro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 3º cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio de colaboración en materia de formación entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Pontevedra

2.9.2019

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Emerxencias e a Academia Galega de Seguridade Pública para a cesión de uso, a título gratuíto, dun desfibrilador semiautomático externo (DESA)

9.9.2019

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional da familia de Seguridade e Medio Ambiente

11.12.2019

14.000,00 € (2019)

45.500,00 € (2020)

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Foz

26.12.2019

Sen achega económica