Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de xaneiro de 2020, da Zona Centro, polo que se abre prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 25, dique, no dominio público portuario de Sada.

Quedando dispoñible no porto de Sada o departamento nº 25, dique, no dominio público portuario de Sada, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro do ente público empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero, en todo caso, deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 14 de xaneiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro