Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5596

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para o ano 2020-2021 (código de procedemento MR237B).

O desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e á loita contra diversas enfermidades animais redunda nunha mellora cuantitativa e cualitativa das producións gandeiras e nunha maior rendibilidade aos titulares das explotacións.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (en diante ADSG) están dirixidos directamente a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar paulatinamente a rendibilidade desas explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

A nivel colectivo, as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras constitúen unha peza fundamental na rede de epidemiovixilancia sanitaria de Galicia e desenvolven un papel substancial no asesoramento e mantemento dunhas correctas medidas de vixilancia sanitaria e de bioseguridade das nosas explotacións gandeiras.

A Consellería do Medio Rural mediante a presente orde de axudas pretende estimular a integración de gandeiros nas ADSG establecendo axudas proporcionais ao sobre esforzo económico que realizan coa execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais que melloran as condicións hixiénicas das explotacións e de benestar animal, elevan o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a cabana gandeira galega.

A convocatoria destas axudas realizase no marco da regulación estatal do Real decreto 81/2015, do 13 de febreiro, polo que se establece as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Estas axudas foron comunicadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación á Comisión Europea para o período 1.1.2015 ata o 31.12.2020, segundo o establecido no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, outorgándoselle o número de axuda SA.40306(2014/XA)-AGRI.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo V da presente orde.

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural, co código de procedemento administrativo MR237B.

3. Así mesmo, por medio desta Orde convócase a devandita axuda para a anualidade 2020-2021 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015, de 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Artigo 2. Finalidade das axudas

1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.

2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2020 ou na data de presentación da solicitude de axudas se esta fose posterior e rematarán o 28 de febreiro de 2021, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo V.

Artigo 3. Gastos subvencionables

Son gastos subvencionables os contemplados nas seguintes liñas:

1) Os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización das actuacións sanitarias establecidas nos programas sanitarios marco recollidos no anexo V.

Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dunha persoa veterinaria responsable por ADSG.

2) Os derivados da compra do seguinte material funxible utilizado para o desenvolvemento do programa sanitario:

– Guantes e calzas.

– Tubos, agullas e demais dispositivos para extracción de sangue.

Consideraranse gastos subvencionables os que sexan realizados a partir do 1 de marzo de 2020 ata o 28 de febreiro de 2021, ou dende a presentación da solicitude ante a autoridade competente en materia de sanidade animal, se esta é posterior á data do 1 de marzo de 2020. En todo caso os custes subvencionables serán xustificados mediante as probas documentais claras, especificas e actualizadas indicadas no artigo 17. O imposto sobre o valor engadido (en diante IVE) non será subvencionable, salvo cando non sexa recuperable para o beneficiario.

A estes efectos, as ADSG beneficiarias que estean incluídas nos supostos de non recuperación do IVE, deberán comunicalo á Consellería do Medio Rural no momento da solicitude da axuda mediante certificación da Axencia Tributaria.

Artigo 4. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación da presente orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

Quedan excluídas da condición de beneficiarios as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.

b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V da presente orde.

c) Estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de PEMES (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no rexistro especificado no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras.

d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Non estar suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

Artigo 6. Procedemento de presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os anexos desta convocatoria publícanse no Diario Oficial de Galicia exclusivamente a efectos informativos, sendo necesario realizar o trámite a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para cubrilos, validalos e presentalos telematicamente.

3. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa da desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 e 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As solicitudes (anexo I) deberán ser asinadas mediante sinatura electrónica do representante legal da entidade solicitante. Unha vez completado o proceso de transferencia telemática, emitirase un recibo, que poderá ser impreso e gardado polo interesado, mediante o que quedará constancia do feito da súa presentación. A obtención deste recibo é o que lle garante ao solicitante que a presentación tivo lugar e acredita fronte á Administración e fronte a terceiros a presentación da solicitude.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación.

a) Acreditación da representatividade do solicitante mediante certificación do secretario, na que consten os seguintes datos:

1º. Nome e apelidos.

2º. DNI/NIE.

3º. Enderezo.

4º. Teléfono móbil.

5º. Enderezo electrónico.

A representatividade deberá recaer sempre nun membro da xunta directiva da ADSG.

b) Relación informatizada actualizada de explotacións da ADSG e os seus censos, segundo o anexo III.

c) Copia da acta ou certificación do secretario da ADSG, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda e se asume o compromiso de execución do programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural.

d) Cronograma e planificación do desenvolvemento do programa sanitario marco obrigatorio, adaptado á realidade da propia ADSG no que se inclúa unha estimación das mostras a remitir ao longo do ano ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (en diante Lasapaga) e no seu caso do programa sanitario adicional de actuación que se pretende desenvolver, no que se definirán obxectivos e o prazo de execución. A planificación presentada debe ser agrupada en prazos trimestrais. Os referidos documentos estarán asinados polo persoal veterinario responsable e polo presidente da entidade recoñecida como ADSG.

e) Orzamento sen o IVE, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas sinaladas:

1) Por remuneración do persoal facultativo veterinario ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización do programa sanitario da ADSG (artigo 17.1.a).

Se a ADSG contase con máis dunha persoa veterinaria para a realización do programa sanitario, deberá especificarse o solicitado por cada un deles.

2) Pola adquisición de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario.

O orzamento, deberá estar asinado electrónicamente polo presidente da entidade, empregando para iso a sinatura dixital do DNI electrónico, ou calquera sinatura electrónica avanzada.

A súa presentación deberá ser conforme ao anexo II.

f) Anexo VI: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto.

g) Contrato do persoal veterinario responsable da súa execución.

h) Documento que indique para cada persoa veterinaria que participe no programa o nome e apelidos, documento nacional de identidade (en diante DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante NIE), número de colexiado, enderezo, teléfono móbil e correo electrónico.

i) Facturas pro forma. No caso da prestación de servizos veterinarios, só cando a contratación destes sexa a través dunha empresa.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

a) NIF da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante AEAT).

d) Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao corrente de pago coa Consellería de Facenda.

f) Título universitario do persoal veterinario responsable do programa sanitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3 Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no Título I da citada lei.

3. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase Base de Datos Nacional de Subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta do cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de Procedementos e Servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás Administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade esixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme ao descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como Diarios Oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 12. Prazo de presentación de solicitudes (anexo I)

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Poderanse cubrir e rexistrar os formularios a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ata as 24.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 13. Solicitude de ofertas para realizar o gasto subvencionable

De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público polo que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento europeo e do Consello 2014/23 UE, e 2014/24, do 26 de febreiro de 2014, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 14. Emenda

1. Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase ao interesado na forma establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que nun prazo de dez días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, considerarase que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

2. As emendas, melloras da solicitude e todos os trámites e xestións máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, deberán presentarse unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta cidadá https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 15. Tramitación e resolución

1. O órgano competente para a instrución e tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Unha vez recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor, que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, concedéndolle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Transcorrido este prazo sen que se producira a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.

2. A baremación das solicitudes, segundo os criterios do artigo 18, será efectuada por un órgano colexiado constituído para o efecto, integrado pola persoa titular da Subdireción Xeral de Gandaría como presidente/a, a persoa titular do Servizo de Sanidade Animal como vogal e a persoa titular da xefatura de sección de sanidade animal do dito servizo como secretario/a, que elevará a correspondente acta á persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que formule a proposta de resolución das axudas.

3. A resolución do expediente correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias por delegación do conselleiro do Medio Rural, por proposta do subdirector xeral de Gandaría. O prazo máximo para resolver e notificar o procedemento será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poida exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto”

4. A publicación da resolución realizarase no DOG, consonte co previsto no artigo 45.3 da Lei 39/2015.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. No caso de producirse cambios nos datos a efectos de notificación facilitados coa solicitude de axuda ao longo do período subvencionable, deberanse comunicar ao órgano xestor da axuda a través de medios electrónicos, nos termos previstos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Contía das axudas e límites

A cuantificación das axudas realizarase seguindo os seguintes criterios:

1) Para a contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

a) Subvencionarase un máximo de 20.200 euros por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario da agrupación, e un máximo de 8.300 euros por cada persoa veterinaria responsable do programa sanitario a tempo parcial, ou no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa).

No caso de que unha persoa veterinaria traballe para máis dunha ADSG, a axuda a percibir nunca poderá superar o importe establecido no parágrafo anterior para unha relación contractual a tempo parcial.

b) No caso das ADSG de gando bovino, para acadar os importes indicados no punto anterior, computarase un mínimo de 3.300 unidades de gando maior (en diante UGM) por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo completo ao programa sanitario da ADSG, e un mínimo de 1.650 UGM por cada persoa veterinaria con dedicación a tempo parcial, ou cando se contraten os servizos técnicos veterinarios dunha empresa, reducíndose proporcionalmente a axuda da entidade no caso de non acadarse as UGM mencionadas. Se a ADSG contara con varias persoas veterinarias, para o cálculo da axuda a adxudicar asignaranse tanto as UGM mínimas sinaladas como os importes a percibir por persoa veterinaria segundo a prelación destas establecida pola propia entidade no orzamento solicitado, realizándose a redución proporcional na última delas na que se asignen as UGM da agrupación por debaixo dos límites indicados.

c) O total do importe de subvención motivada por contratación de persoal veterinario non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número UGM da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

1º. ADSG de vacún: 6,12.

2º. ADSG de ovino e cabrún: 7,5.

3º. ADSG de porcino: 1,7.

4º. ADSG de avicultura: 0,9.

5º. ADSG de cunicultura: 1,5.

6º. ADSG de acuicultura continental: 3.

7º. ADSG de visóns e outras especies: 0,5.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia publicado, no DOG do 8 de maio de 2001).

Para o cálculo do importe máximo, teranse en conta as UGM en función do censo que conste de alta para cada unha das ADSG beneficiarias na base de datos da Consellería do Medio Rural á data de remate do prazo de solicitude de axuda.

2) Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

Poderase solicitar por esta liña ata o importe resultante da multiplicación das UGM totais da ADSG polo coeficiente de 0,10, excepto as ADSG de aves, cuxo coeficiente a multiplicar as UGM será de 0,005, cun máximo de axuda a percibir por ADSG de 4.000 €.

Artigo 18. Criterios de outorgamento da subvención

A solicitudes serán ordenadas en función da puntuación obtida de acordo cos seguintes criterios e a valoración de cada un deles, cun máximo de 100 puntos.

1. Censo de explotacións e de gando integrante da ADSG:

1.1.

Nº de explotacións

Nº puntos

0-50

0

51-100

2

101-150

4

151-200

6

201-250

8

251-300

10

301-350

12

351-400

14

401-500

16

>501

18

1.2.

Censo (nº UGM)

Nº puntos

<1.500

0

1.501-2.000

2

2.001-2.500

4

2.501-3.000

6

3.001-4.000

8

4.001-5.000

10

5.001-6.000

12

6.001-7.000

14

7.001-8.000

16

>8.001

17

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 35 puntos.

2. Número de persoas veterinarias contratadas pola ADSG con dedicación a tempo completo para o desenvolvemento do programa sanitario.

Nº persoas veterinarias contratadas a tempo completo

Nº puntos

1

7

2 -3

12

>3

15

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 15 puntos.

3. Especie gandeira:

Especie

Nº puntos

Bovino e porcino

30

Ovino e cabrún

20

Aves e équidos

15

Coellos

10

Troitas, visóns e outras especies

5

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 30 puntos.

4. Fusión de ADSG, no período comprendido desde o 1.2.2019, data de publicación da anterior orde de axudas ás ADSG, ata a data de publicación da presente orde, e segundo o número de ADSG fusionadas, coa seguinte puntuación:

Nº ADSG fusionadas

Nº puntos

2 ADSG

10

3 ou máis ADSG

20

Ponderarase este criterio cunha valoración máxima de 20 puntos.

A axuda outorgarase tendo en conta a prioridade seguinte entre as diferentes liñas sinaladas no artigo 3:

1) Contratación dos servizos técnicos veterinarios ou a remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario.

2) Compra de material funxible para o desenvolvemento do programa sanitario da ADSG.

En cada unha das liñas, as axudas serán adxudicadas progresivamente segundo a prelación obtida en función dos criterios sinalados anteriormente, ata o esgotamento do crédito.

No caso de que exista remanente orzamentario unha vez finalizado o reparto segundo os apartados anteriores, poderanse incrementar os importes subvencionables para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo completo en 600 euros, segundo a prelación establecida para cada ADSG no outorgamento da axuda, e para cada persoa veterinaria no orzamento solicitado pola ADSG. Unha vez realizada esta repartición, se aínda quedase remanente, aplicaríase un incremento de 300 euros na axuda para o persoal facultativo veterinario con dedicación a tempo parcial, ou pertencente a empresas de servizos veterinarios, cos mesmos criterios que no caso anterior, ata acabar o dito remanente. No caso de que unha vez realizadas estas reparticións, aínda quedara remanente, incrementaranse novamente os importes a percibir por persoa veterinaria contratada, a razón de 300 euros por persoal facultativo con dedicación a tempo completo e continuando polo persoal facultativo a tempo parcial ou pertencentes a empresas de servizos técnicos veterinarios a razón de 150 euros. Esta última repartición poderá repetirse ata esgotar a totalidade do crédito dispoñible. Estes incrementos realizaranse sempre que non se superen os límites establecidos nos puntos b) e c) do artigo 17.1).

Ademais, a axuda sinalada na liña de adquisición de material funxible só se concederá se non se superan os límites establecidos no apartado 17.1) c).

Artigo 19. Modificación das axudas

1. As subvencións ás que se refire a presente orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, a proposta da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o que se concedeu, nos termos establecidos na presente orde.

3. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, no suposto de falla de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da resolución inicial da axuda concedida.

Artigo 20. Xustificacións

1. Consideraranse gastos subvencionables, aos efectos previstos na presente orde, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido ata o 28 de febreiro de 2021.

Para subvencionar considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado en dito prazo.

2. Os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas ou nóminas. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente.

A documentación xustificativa do gasto presentarase unicamente por medios electrónicos, accedendo ao expediente correspondente na Carpeta cidadá https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadán da persoa interesada, na sede electrónica da Xunta de Galicia nos prazos indicados no artigo 21.1.

3. Os documentos mencionados deberán vir acompañados dunha relación dos mesmos informatizada e unha memoria explicativa sobre a realización do programa subvencionado, que acredite a prestación efectiva dos servizos.

Na relación informatizada deberán constar perfectamente diferenciados os seguintes conceptos:

a) Facturas definitivas ou nóminas que xustifiquen o gasto subvencionable que teña a ADSG dos cales poida presentar xustificante bancario do pagamento: número de factura ou nómina, identificación do beneficiario que paga, destinatario do pagamento, a data de emisión e a data do pagamento.

b) Documentos bancarios (xustificante de transferencia, certificación bancaria etc.) que xustifiquen o pagamento pola ADSG do gasto subvencionable nos que deberán constar obrigatoriamente os seguintes campos: número de factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga (nome da ADSG) e o destinatario do pagamento que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser copia, e estará selada pola entidade bancaria.

4. No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas no gasto, deberanse identificar no documento do pagamento as facturas obxecto do pagamento.

5. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento, e acompañarase dunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

A axuda adxudicada que se xustifique mediante facturas, deberá incluír sempre a maiores do importe da axuda a xustificar o IVE correspondente para que non implique redución algunha da axuda inicial.

6. Se realizada a actividade e finalizado o prazo para xustificar, non se xustificase o cento por cento da axuda concedida, para os efectos de perda do dereito ao cobramento, aplicarase o principio de proporcionalidade ao total da axuda adxudicada á ADSG, tendo en conta sempre o xustificado por cada persoa veterinaria e por cada liña de axuda.

7. Ademais das xustificacións económicas indicadas no parágrafo primeiro deste artigo, deberán presentar como máximo ata o 10 de marzo de 2021, unha memoria do programa desenvolvido, asinada pola persoa veterinaria designada como responsable da execución deste ou ben, de ser o caso, se estiveran gravadas á dita data na aplicación informática FICADI_ADSG de xestión de ADSG todas as actuacións sanitarias realizadas no desenvolvemento do programa sanitario, a memoria podería substituírse coa achega dunha declaración emitida pola persoa veterinaria designada como responsable do programa sanitario, conforme están gravadas todas as actuacións na citada aplicación.

8. De acordo co artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención desenvolvida nesta orde, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

Artigo 21. Prazos para xustificar

1. Ata o 10 de decembro de 2020, xustificarase o gasto subvencionable realizado pola ADSG ata o 30 de novembro de 2020. O resto do gasto subvencionable realizado ata o 28 de febreiro de 2021, poderá xustificarse ata o 10 de marzo de 2021.

2. Poderá solicitarse antes do 1 de outubro de 2020 un anticipo do 44,17907 % do total da subvención autorizada, suxeito ás dispoñibilidades orzamentarias vixentes. O importe total correspondente aos anticipos non poderá superar o crédito orzamentario previsto para a anualidade 2020.

Para poder ser autorizado o dito anticipo, as entidades beneficiarias non poderán ter abertos expedientes de reintegro de axudas de anos anteriores.

En virtude do artigo 67.4. do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, os beneficiarios deste anticipo quedan exonerados da constitución das garantías establecidas no artigo 65º do mesmo decreto, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

Xunto coa solicitude de anticipo e a xustificación, o peticionario presentará unha declaración complementaria segundo o anexo IV, relativa ao conxunto das axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 23. Control de execución dos programas

1. A Consellería do Medio Rural levará a cabo controis de execución do programa sanitario marco.

2. Se como consecuencia dos controis se detectasen incumprimentos na execución do programa aprobado en aspectos relevantes para a efectividade deste, aplicaranse deducións sobre as axudas aprobadas ponderando a gravidade e frecuencia dos incumprimentos.

Para estes efectos considéranse incumprimentos relevantes:

a) Non ter executado a 28 de febreiro de 2021 a mostraxe obrigatoria recollida no programa sanitario marco no 100 % das explotacións da ADSG.

b) Cando se incorporen animais:

– Bovinos que resultaran positivos ás probas serolóxicas de anticorpos fronte a glicoproteina gE do virus da rinotraqueite infecciosa bovina (en diante IBRgE), de Paratuberculose (animais menores de 12 meses exentos) ou de antíxeno do virus da diarrea vírica bovina (en diante BVD antíxeno) por calquera método analítico feito previo á súa incorporación.

– Bovinos xestantes positivos a BVD anti- p80 nos que non se realizara a analítica de BVD antíxeno do tenreiro/a ao nacemento, ou do aborto no seu caso para descartar a existencia dun animal persistentemente infectado pola BVD (en diante PI), a excepción dos procedentes de centros de recría que retornen á explotación de orixe que se certifiquen que foron vacinados con vacina viva.

– Ovinos ou cabrúns que resultaran positivos á proba da Reacción da Polimerasa en Cadea (en diante PCR) en feces ou da Enzimoinmunoanálise (en diante ELISA) Paratuberculose, previamente a súa incorporación.

c) Non comunicar á persoa titular da explotación ou aos servizos veterinarios oficiais os resultados de animais positivos confirmados a BVD Antíxeno ou Paratuberculose no prazo máximo de 10 días dende a data de notificación do resultado polo laboratorio de Sanidade e Produción Animal (en diante Lasapaga) ou, no caso da comunicación á persoa titular da explotación, non utilizar para facela o modelo de documento establecido na aplicación FICADI_ADSG, ou que a comunicación non estea asinada pola persoa titular e o persoal veterinario.

Así mesmo, considerarase incumprimento se a persoa titular da explotación non require ao operador comercial ou transportista a firma no dito documento, conforme coñece o destino final dos animais implicados.

d) A permanencia superior a 30 días nunha explotación dun animal bovino confirmado como PI ou confirmado de paratuberculose durante un ano dende a data de confirmación sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas. Quedan exceptuados os animais bovinos cun resultado positivo débil a PCR de paratuberculose en explotacións non confirmadas, que serán motivo de seguimento.

e) Non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente.

f) Utilizar vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas, e a non comunicación previa aos Servizos Provinciais de Gandaría da vacinación con vacinas vivas fronte á BVD.

g) Permitir a saída con destinos diferentes ao matadoiro de:

– Animais bovinos positivos a antíxeno de BVD sen proba de confirmación negativa ou confirmados como persistentemente infectados (PI).

– Animais confirmados como positivos á paratuberculose.

– Animais ovinos ou cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose ou positivos a antíxeno de enfermidade das fronteiras sen confirmar a súa negatividade.

h) Non comunicación aos servizos veterinarios oficiais do cese da vacinación fronte á paratuberculose naquelas explotacións de gando ovino/cabrún autorizadas previamente a realizala.

i) Non entregar aos titulares das explotacións en documento escrito as recomendacións derivadas da enquisa de bioseguridade incluída no programa, ou non realización da mencionada enquisa cando proceda.

j) Non realizar a actividade de formación ou a reunión informativa previstas no programa coas persoas titulares ou responsables das explotacións integradas nas ADSG, así como a falta de comunicación ao Servizo Provincial de Gandería correspondente da data da realización das mesmas no prazo de 10 días previos á realización.

k) Non ter cubertas polo persoal veterinario responsable as fichas de actuación nas que se reflictan as actuacións realizadas, ou non telas a disposición dos servizos veterinarios oficiais.

l) Cando os servizos veterinarios oficiais detecten tanto nas inspeccións de campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural o movemento de incorporación ás explotacións de gando bovino ou ovino-cabrún de animais sen realizar os controis previstos ás novas incorporacións no prazo máximo de 20 días naturais a contar dende a data da incorporación, sen causas xustificadas.

ll) Non ter implantado o correspondente programa de manexo e eliminación de animais bovinos clínicos ou confirmados naquelas explotacións onde se estea a facer unha mostraxe maior do 40 % de animais maiores de 24 meses para a detección de paratuberculose ou ben non manter o dito programa durante o período de tres anos establecido.

m) Non ter feita en prazo por parte dalgunha das explotacións integrantes da ADSG a declaración censual obrigatoria establecida pola normativa vixente conforme ás obrigas esixidas polo Real decreto 479/2004, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras. Non se aplicará este punto para o caso das ADSG de gando bovino.

n) No caso de explotacións avícolas, non realizar os correspondentes autocontrois obrigatorios de salmonela, ou realizalos en laboratorios non autorizados, ou non telos a disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran. Así mesmo, non realizar a vacinación fronte salmonela naquelas poboacións nas que sexa obrigatoria.

ñ) Incumprir as instrucións de remisión de mostras ao Lasapaga.

o) Non actualizar na aplicación informática FICADI_ADSG, as actuacións do programa sanitario realizadas no prazo de 15 días tras a súa execución.

p) Non ter clasificadas a data 10 de marzo de 2021 as explotacións segundo os distintos niveis sanitarios e enfermidades definidos no programa sanitario marco desta orde nas ADSG de gando bovino, ovino-cabrún e porcino, no caso das ADSG de visóns segundo a clasificación sanitaria establecida no seu programa específico. Non actualizar a clasificación cando os resultados supoñan unha variación do estado sanitario das explotacións.

q) Realizar actuacións do programa sanitario por persoal veterinario non recoñecido na correspondente ADSG, ou no caso de persoal veterinario recoñecido e con dedicación a tempo completo, realizar nas explotacións integradas na ADSG actuacións veterinarias non recollidas no programa sanitario ou realizar o citado programa ou outras actuacións veterinarias en explotacións non integradas na ADSG.

Así mesmo, cando o persoal veterinario dunha ADSG non xustifique a realización como mínimo do número de actuacións sanitarias correspondentes ás UGM das que sexa responsable nas explotacións da ADSG, que garantan a súa participación no desenvolvemento do programa sanitario, salvo causa xustificada.

r) No caso das ADSG de gando porcino, cando haxa explotacións de produción pertencentes á mesma que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. A estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presentaran positividade ao longo do dito período, e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación.

s) Nas explotacións peleteiras de visón, non ter realizado o control anual fronte á plamocitose.

t) Se como resultado dun control nunha explotación, tanto no campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural, salvo causa xustificada, se detectase algún incumprimento non recollido neste artigo, será potestade da autoridade sanitaria encargada da xestión da presente orde de axudas, a aplicación ou non do dito incumprimento.

3. As deducións aplicables ao total da axuda a percibir, no caso de detectarse estes incumprimentos serán as seguintes:

a) – No caso de non ter executada a 28 de febreiro do 2021 a mostraxe obrigatoria recollida no programa sanitario marco no 100 % das explotacións, reducirase o total da axuda a percibir na parte proporcional ás mostraxes non executadas.

– No caso de non executar as mostraxes obrigatorias recollidas no programa sanitario marco en máis dun 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao total da axuda a percibir.

b) Cando se incorporen animais:

– Bovinos que resultaran positivos ás probas serolóxicas de anticorpos de IBRgE, de Paratuberculose ou de BVD antíxeno por calquera método analítico feito previo á súa incorporación, deduciranse 200 € por animal.

– Cando non se realice a proba de BVD antíxeno do tenreiro/a ao nacemento, ou do aborto no seu caso, para descartar a existencia dun posible animal PI, cando se incorporen bovinos xestantes positivos a BVD anticorpos, deduciranse 200 € por animal. Se exceptúan os animais procedentes de centros de recría que retornen á explotación de orixe si se certifican que foron vacinados con vacina viva.

– Ovinos ou cabrúns que resultaran positivos á proba da PCR en feces ou a ELISA Paratuberculose, previamente a súa incorporación, deduciranse 50 € por animal.

c) Por non comunicar á persoa titular da explotación ou aos servizos veterinarios oficiais os resultados de animais positivos confirmados a BVD antíxeno ou Paratuberculose no prazo máximo de 10 días dende a data de notificación do resultado polo Lasapaga, ou cando a comunicación destes resultados á persoa titular non se faga por escrito a través do modelo establecido na aplicación FICADI_ADSG, ou que dita comunicación non este asinada tanto pola persoa titular da explotación, como pola persoa veterinaria responsable da comunicación, e se fose o caso, tamén polo operador comercial ou transportista, aplicarase unha dedución de 200 € da axuda a percibir por cada animal bovino e 50 € por cada animal ovino ou cabrún non notificado en prazo.

d) No caso de superar os 30 días de permanencia nunha explotación dun animal confirmado como persistentemente infectado (PI) pola BVD ou confirmado de paratuberculose durante un ano dende a data de confirmación sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas, deduciranse 200 € por animal. Quedan exceptuados os animais bovinos cun resultado positivo débil a PCR de paratuberculose en explotacións non confirmadas, que serán motivo de seguimento de paratuberculose.

e) Por non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente, deduciranse 200 € por explotación.

f) Por cada explotación bovina na que se detecte a utilización de vacinas fronte á IBR que non sexan marcadas, deducirase un importe de 500 €.

g) Cando non se faga a comunicación previa aos Servizos Provinciais de Gandaría correspondentes da vacinación con vacinas vivas fronte á BVD, deducirase un importe de 100€ por explotación.

h) Cando se detecte a saída con destinos diferentes do matadoiro de:

– Animais bovinos positivos a antíxeno de BVD sen proba de confirmación negativa ou confirmados como PI.

– Animais confirmados como positivos a paratuberculose.

– Animais ovinos ou cabrúns confirmados como positivos á paratuberculose ou positivos a antíxeno de enfermidade das fronteiras sen confirmar a súa negatividade deducirase un importe de 500 € por animal.

i) Por cada explotación de ovino/cabrún autorizada á vacinación fronte á paratuberculose que non comunique aos servizos veterinarios oficiais o cese da mesma, deducirase un importe de 100 €.

j) Por cada explotación na que se detecte que non foi realizada a enquisa de bioseguridade contemplada no programa marco, cando proceda, deducirase un importe de 100 €.

k) No caso de non realizarse a actividade formativa ou a reunión anual contempladas no programa marco, así como a falta de comunicación das datas da realización ao Servizo Provincial de Gandaría correspondente no prazo de 10 días previos á realización, deduciranse 300 €.

l) Por non ter cubertas as fichas de actuación nas que se reflictan as actuacións realizadas nas explotacións polo persoal veterinario responsable ou por non ter as fichas a disposición do servizos veterinarios oficiais, deducirase un importe de 100 € por explotación.

ll) Por cada explotación de bovino ou ovino/cabrún na que, salvo causa xustificada, os servizos veterinarios oficiais detecten tanto nas inspeccións de campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural, o movemento de incorporación de animais ás ditas explotacións sen realizar os controis previstos ás novas incorporacións no prazo máximo de 20 días naturais no caso de animais bovinos ou de 30 días naturais no caso de animais ovinos ou cabrúns dende a súa chegada á explotación, ou no caso de que os animais incorporados non se manteñan illados do resto do rabaño ata coñecer os resultados, deducirase un importe de 200 € no caso de explotacións de gando bovino e de 50 € no caso de explotacións de gando ovino ou cabrún.

m) Por non ter implantado o correspondente programa de manexo e eliminación de animais bovinos clínicos ou confirmados naquelas explotacións onde se estea a facer unha mostraxe maior do 40 % de animais maiores de 24 meses para a detección da paratuberculose, ou ben cando o programa non se mantivo durante o período dos tres anos establecido, deducirase un importe por explotación de 200 €.

n) Por cada explotación na que se detecte que non foi realizada en prazo a declaración censual obrigatoria ou outras obrigas administrativas establecida pola normativa vixente, deducirase un importe de 100 €.

ñ) Por cada explotación avícola:

– Na que se detecte que non foron realizados os correspondentes autocontrois preceptivos de salmonela (incluíndo os autocontrois de eficacia da limpeza e desinfección en baleiros en explotacións), ou que foron realizados en laboratorios non autorizados ou non estean a disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran, deducirase un importe de 500 €.

– Na que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á salmonela, cando esta sexa preceptiva, deducirase un importe de 500 €.

– Na que se detecten, dentro dos programas de control de salmonela, incumprimentos referidos á inexistencia na explotación da documentación acreditativa de orixe das aves, pensos ou auga, deducirase un importe de 100 €.

o) Por cada explotación porcina na que se detecte que non foi realizada a correspondente vacinación fronte á enfermidade de Aujeszky, cando esta sexa preceptiva, ou os controis serolóxicos obrigatorios, deducirase un importe de 500 €.

p) No caso de detectarse incumprimentos de calquera tipo dos sinalados nos puntos anteriores en máis do 35 % das explotacións da ADSG, perderase o dereito ao 100 % da axuda a percibir.

q) No caso de que o Lasapaga informe, ao final do período subvencionable, que unha ADSG non respectou os criterios de mostraxe ou a pauta de envíos de mostras establecidos no anexo V da presente orde, enviando durante un mes máis do 15 % do total anual de mostras previstas para esa ADSG, deducirase un importe de 300 € do total da axuda a percibir por cada mes no que fose superado este límite, así mesmo cando se envíen mostras ao Lasapaga indicando que pertencen a animais de nova incorporación e non o sexan, deduciranse un importe de 100 € por explotación de procedencia das mostras.

r) Por cada actuación do programa sanitario detectada como non actualizada na aplicación informática de xestión das ADSG no prazo máximo de 15 días tras a data de execución da dita actuación, deducirase un importe de 50 €.

s) No caso de detectarse a non actualización na aplicación informática de xestión de ADSG das actuacións realizadas nunha porcentaxe igual ou superior ao 35 % do programa sanitario a executar, perderase o dereito ao 100 % da axuda a percibir.

t) Por non ter clasificadas a data 10 de marzo de 2021 as explotacións segundo os niveis e enfermidades recollidas no programa sanitario marco para as ADSG de gando bovino, ovino-cabrún e porcino, no caso das ADSG de visóns, segundo a clasificación sanitaria establecida no seu programa, aplicarase unha dedución de 200 € da axuda a percibir.

u) A realización do programa sanitario por parte de persoal veterinario non recoñecido na correspondente ADSG, significará a perda do 100 % da axuda aprobada.

A realización por parte de persoal veterinario recoñecido e con dedicación a tempo completo, de actuacións veterinarias non establecidas no programa sanitario da ADSG en explotacións integradas na ADSG ou a realización de actuacións veterinarias en explotacións que non estean integradas na ADSG comportará o recálculo da axuda adxudicada inicialmente ao persoal implicado considerando unha axuda con dedicación a tempo parcial, penalizándose ademais coa diminución do 20 % desta última. No caso de que a agrupación xa tivera tramitados procedementos de perda de axuda pola mesma causa nas dúas últimas convocatorias de axudas anteriores a presente, perderase o dereito ao 100 % da axuda.

Así mesmo, cando o persoal veterinario dunha ADSG non xustifique que teña realizado como mínimo o número de actuacións sanitarias correspondentes ás UGM das que sexa responsable nas explotacións da súa ADSG, que garantan a participación no desenvolvemento do programa sanitario subvencionado, salvo causa xustificada, reducirase de forma proporcional á axuda aprobada inicialmente para a contratación ou remuneración do referido persoal.

v) No caso das ADSG de gando porcino, establécese unha dedución parcial de 500 € na axuda que lle correspondera percibir por cada unha das explotacións de produción pertencentes á mesma que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. A estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presentaran positividade ao longo do dito período, e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación.

w) Por non ter realizado nas explotacións peleteiras de visón, o control anual fronte á plasmocitose, deducirase un importe de 200 € por cada explotación.

x) Se como resultado dun control nunha explotación, tanto no campo como a través da base de datos da Consellería do Medio Rural, sen causa xustificada, se detectase algún incumprimento non recollido neste artigo, será potestade da autoridade sanitaria encargada da xestión da presente orde de axudas, valorar a aplicación ou non do dito incumprimento, cunha dedución de ata 200 € por explotación ou animal segundo corresponda.

Artigo 24. Reintegro da axuda e obriga de facilitar información

As ADSG beneficiarias teñen a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos demais supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Se se detectan incumprimentos en controis posteriores ao pagamento da axuda, nos procedementos de reintegro aplicaranse as reducións de axuda establecidas no artigo 23 desta orde.

Así mesmo, o interesado ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano da Unión Europea de inspección ou control.

Artigo 25. Réxime de incompatibilidades

As axudas contempladas na presente orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que, en ningún caso, se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 26. Financiamento

1. As axudas que deriven da aplicación da presente orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Para o ano 2020: 14.04.713E.470.0 dotada para esta finalidade con 949.850 euros.

b) Para o ano 2021: 14.04.713E.470.0 dotada para esta finalidade con 1.200.150 euros.

Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto, na mesma ou noutras aplicacións orzamentarias, de acordo con artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009).

2. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, así como ao abeiro do establecido na Orde do 11 de febreiro de 1998 da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximos anos 2020,e 2021 no momento da resolución.

Disposición adicional primeira

En todas aquelas cuestións non previstas na presente orde será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos preceptos básicos da normativa estatal.

Disposición adicional segunda

As axudas reguladas pola presente orde rexeranse polas normas comunitarias aplicables e, concretamente, polo Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO III

Base de datos das explotacións integradas nas ADSG

Nome do campo

Tipo de datos

Tamaño do campo

1. Agrupación

2. NIF Agrupación

3. Apelidos

4. Nome

5. NIF

6. Letra NIF

7. Código REGA

8. Lugar

9. Parroquia

10. Concello

11. Provincia

12. Teléfono

13. Enderezo electrónico Agrupación

14. Alta/baixa

15. Data

En bovino (censo)

16. Bovinos < 12 meses

17. Bovinos > 12 e < 24 meses

18. Bovinos > 24 meses leite

19. Bovinos > 24 meses carne

En ovino e cabrún (censo)

20. Ovinos reprodutores

21. Ovinos non reprodutores

22. Cabrúns reprodutores

23. Cabrúns non reprodutores

En équidos (censo)

24. Animais > 6 meses

25. Animais < 6 meses

En porcino (capacidade)

26. Reprodutoras

27. Verracos

28. Reposición

29. Recría/transición

30. Leitóns

31. Cebo

En coellos (capacidade)

32. Femias reprodutoras

33. Machos reprodutores

34. Animais reposición

35. Cebo

En aves (capacidade)

36. Poñedoras

37. Reprodutoras

38. Recría

39. Engorde

En visóns (censo)

40. Reprodutores

En abellas (censo)

41. Número colmeas

En acuicultura (Tm)

42. Produción anual

Texto

Texto

Texto

Texto

Numérico

Texto

Texto

Texto

Texto

Texto

Numérico

Texto

Texto

Data

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

Numérico

40

10

40

20

Dobre

1

16

30

30

30

Dobre

10

1

10

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Dobre

Descrición dos campos

1 Agrupación: nome completo da agrupación

2 NIF agrupación: NIF da agrupación

3 Apelidos: apelidos do socio

4 Nome: nome do socio

5 DNI: número do DNI do socio

6 Letra NIF: letra do NIF do socio

7 Código REGA: código REGA da explotación gandeira

8 Lugar: lugar onde está situada a explotación

9 Parroquia: parroquia onde está situada a explotación

10 Concello: concello onde está situada a explotación

11 Provincia: A Coruña (15), Lugo (27), Ourense (32) e Pontevedra (36). Provincia onde está situada a explotación

12 Teléfono: teléfono do titular da explotación

Datos de censo: número de cabezas de animais

ANEXO V

Programas sanitarios das ADSG

As ADSG deberán executar un programa sanitario marco cun contido mínimo obrigatorio e, se fose o caso, poderán desenvolver un programa sanitario complementario voluntario a convir pola ADSG.

No programa sanitario marco común que desenvolverán as ADSG para todas as especies establécense as seguintes obrigas:

1. Obrigas xerais. Todas as explotacións integradas nas ADSG deberán cumprir o programa sanitario marco obrigatorio, así como a normativa vixente en materia de identificación animal e rexistro de explotacións, benestar animal e demais normativa sectorial que lles fora de aplicación.

O persoal veterinario das ADSG será responsable de levar a cabo todas as actuacións contempladas no punto 2 do artigo 6º do Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia. En especial, o persoal veterinario das ADSG colaborará na rede de epidemiovixilancia de Galicia, tendo a obriga de comunicar aqueles acontecementos que poidan motivar sospeita de alerta sanitaria, colaborarán, se fora preciso, na toma de mostras para as análises oficiais e achegarán o seu coñecemento do estado sanitario das explotacións.

As explotacións integradas en ADSG deberán ter toda a documentación relativa ao desenvolvemento do programa sanitario a disposición dos servizos veterinarios oficiais.

2. Formación sanitaria. O persoal veterinario das ADSG fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas que estes dispoñan dunha formación axeitada. A estes efectos, as ADSG organizarán polo menos un curso de formación ao ano, dirixido ás persoas titulares das explotacións.

O mencionado curso poderá ser substituído ou no seu caso facerse coincidir cunha reunión anual na que se convoque a todas as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e na que se expoñan polo miúdo as actuacións desenvolvidas no marco dos programas sanitarios executados e os resultados delas na última anualidade.

A data, o lugar, a hora e o contido do curso ou, no seu caso, da reunión convocada, comunicaranse polo menos con dez días de antelación, por medios telemáticos (modelo PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada) dirixido ao respectivo Servizo Provincial de Gandaría.

Cando se realicen, os cursos de formación deberán incluír no seu programa contidos relacionados polo menos con algún dos seguintes temas, cando proceda e segundo a especie:

– Prevención e control das enfermidades incluídas no programa sanitario propio da ADSG.

– Formación en benestar animal.

– Plans de Alerta Sanitaria Veterinaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na Unión Europea ou incluídas no Código Zoosanitario Internacional da Organización Mundial de Sanidade Animal (en diante OIE).

– Pautas de manexo e medidas de bioseguridade nas explotacións e protocolos de limpeza desinfección, desinsectación e desratización (en diante LDDD).

– Guía de practicas correctas de hixiene.

– Xestión medioambiental e sostibilidade.

– En ADSG de gando bovino, ovino e cabrún, programas de vixilancia pasiva das encefalopatías exponxiformes transmisibles (en diante EET) e programas nacionais de erradicación das enfermidades animais (tuberculose e brucelose).

3. Fichas de actuación. Por cada explotación integrada nos programas sanitarios o persoal veterinario responsable da ADSG cubrirá unha ficha na que se reflectirán as actuacións realizadas. As fichas elaboradas identificarán a explotación e incluirán os seguintes campos:

– Data da actuación.

– Nome e apelidos da persoa veterinaria.

– Descrición detallada da actuación e, no seu caso, número de animais sobre os que se actuou.

As fichas de actuación conservaranse na explotación xunto á restante documentación relativa ao programa sanitario da ADSG, e deberán estar a disposición dos servizos veterinarios oficiais, para a súa supervisión.

4. Enquisa de bioseguridade. O persoal veterinario das ADSG realizará en todas as explotacións unha enquisa de bioseguridade, na que se recolla información sobre a infraestrutura sanitaria e as prácticas de manexo, de xeito que permita identificar os puntos críticos en bioseguridade que poidan favorecer a entrada ou diseminación de enfermidades. Baseándose nos resultados das enquisas, o persoal veterinario establecerá as oportunas medidas correctoras para emendar as deficiencias detectadas, e controlará a súa aplicación por parte dos responsables da explotación. Ao respecto, o persoal veterinario das ADSG entregará ao gandeiro un documento co resultado da enquisa (valorado como favorable ou desfavorable) no que se indique,se é o caso, as medidas correctoras que se recomendan.

Realizarase unha primeira enquisa en todas as explotacións da ADSG, así como en cada nova explotación que se incorpore a esta. Unicamente será necesario repetir a enquisa nunha explotación cando se producisen cambios substanciais nalgún dos aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo...), ou cando se detecte a aparición de enfermidades que permitan facer sospeitar de deficiencias na bioseguridade da explotación.

Así mesmo, na aplicación de programas específicos de supervisión das condicións de bioseguridade, poderase exixir a realización da enquisa que corresponda á totalidade das explotacións integradas.

As enquisas realizaranse segundo o modelo facilitado polos servizos veterinarios oficiais. As enquisas realizadas, xunto a unha copia dos documentos nos que se indiquen, se procede, as medidas correctoras indicadas ao gandeiro, estarán a disposición dos servizos veterinarios oficiais.

Gando bovino.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, de 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos, información e sensibilización da persoa titular da explotación respecto dos programas de erradicación vixentes) así como no resto de programas oficiais de loita, control e erradicación das enfermidades animais.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información as persoas titulares das explotacións integradas, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando e outros vehículos nas explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes, vaos sanitarios...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Coa presentación da solicitude de axuda por parte da ADSG, enténdese que as persoas titulares das explotacións integradas nesta prestan o seu consentimento para que a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias facilite ao persoal veterinario responsable da agrupación os datos dos animais pertencentes a aquelas, así como a información correspondente aos animais incorporados, para os efectos de proceder ao seu control sanitario, sen prexuízo da responsabilidade destes en relación co pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

8. En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando bovino que a continuación se citan, encamiñados a diminuír a prevalencia e incidencia das distintas enfermidades:

8.1. Control da diarrea vírica bovina (en diante BVD).

8.1.1. Obxectivo do programa:

O obxectivo do programa será a diminución dos efectos negativos da enfermidade en explotacións con infección activa, a monitorización do estado sanitario dos rabaños e a implementación de medidas de bioseguridade de cara a consecución futura de explotacións certificadas como libres de BVD.

8.1.2. Finalidade das probas diagnósticas:

– Detección das explotacións con circulación vírica.

– Detección de animais persistentemente infectados: considérase animal PI aquel que sexa positivo a dúas probas diagnósticas de BVD antíxeno cun intervalo de polo menos 21 días entre elas. Tamén se considerará un animal PI aquel que teña unha soa analítica positiva de BVD antíxeno, a criterio do persoal veterinario da ADSG e sempre que o seu destino sexa directamente o matadoiro.

– Investigación epidemiolóxica da orixe de novas infeccións.

8.1.3. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de leite

– Como mínimo, deberanse realizar dúas mostraxes anuais en leite de tanque, cun intervalo aproximado de 6 meses, para detección de anticorpos anti-p80.

– Realizarase unha mostraxe anual en soro dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación e con resultado negativo anterior se o tiveran, para determinación de anticorpos anti-p80 segundo a fracción de mostra da táboa A do anexo VII. No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras dunha porcentaxe de animais reprodutores entre os que resultaran negativos a anticorpos anti p80 en mostraxes anteriores, segundo a fracción de mostra da táboa A do anexo VII, dando preferencia aos animais máis novos.

No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciado en cada unha delas.

8.1.3.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

a) Os niveis de anticorpos en leite de tanque indiquen un aumento significativo, como por exemplo:

– Que os resultados pasen de indicar valores negativos de anticorpos (prevalencias menores dun 5 %) a valores baixos, medios ou altos

– Que exista cambio de valores de baixa positividade a media ou alta positividade.

– Que exista cambio de valores de media positividade a alta positividade.

b) No caso de explotacións cunha positividade superior ao 25 % dos animais e na poboación de animais novos maiores de 9 meses e menores de 36 meses de idade nados na explotación exista algún resultado positivo, non debido a vacinación.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños nos que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente trala comprobación da diseminación do virus, deberase realizar unha mostraxe dos animais incorporados recentemente á explotación e os animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores do virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

– Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación do virus (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos nos animais menores de 36 meses e valores de prevalencia en leite de tanque por encima do 25 %), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa de PCR sobre unha mostra de leite de tanque co fin de descartar, en caso de que sexa negativa, a presenza dun PI no grupo de animais en produción. Igualmente e por unha soa vez, deberanse tomar mostras do resto dos animais non incluídos na mostra de leite do tanque para a investigación por PCR do virus da BVD. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar ao Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

8.1.4. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de carne.

Realizarase unha mostraxe anual en soro para determinación de anticorpos dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación segundo o indicado na táboa A do anexo VII (poderán quedar exentos desta mostraxe os machos de cebo sempre que estean illados do resto do rabaño). No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultaran negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos.

8.1.4.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica.

Considérase unha explotación con sospeita de circulación vírica cando:

Exista positividade maior do 25 % a anticorpos anti-p80 no grupo de animais en que se tomaron mostras na mostraxe anual, non debida a vacinación.

Nestes casos procederase da seguinte forma:

– En rabaños nos que a información epidemiolóxica de anos anteriores indique a presenza dun abrocho recente tras a comprobación da diseminación do virus, deberase realizar unha mostraxe dos animais incorporados recentemente á explotación e os animais nados desde a última mostraxe con resultados negativos, co fin de detectar a posible presenza dun animal PI. Estas mostras serán sometidas a unha analítica de PCR ata a localización, se é o caso, do animal ou animais excretores do virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de tecido de orella.

– Cando a información epidemiolóxica dos tres anos anteriores indique a circulación vírica (nacemento de animais PI, positividade a anticorpos nos animais menores de 36 meses), así como en rabaños de nova incorporación á ADSG e sen probas diagnósticas anteriores, realizarase unha proba complementaria previa que consistirá nunha PCR sobre un pool de soros de todos os animais do rabaño, ata a localización, se é o caso do animal ou animais, excretores de virus. A mostra indicada para os animais menores de 3 meses será de orella.

Para a realización da técnica de PCR o persoal veterinario da ADSG deberá informar ao Lasapaga de que a explotación é sospeitosa de ter circulación vírica.

8.1.5. Pautas de actuación en explotacións vacinadas con vacinas vivas:

A presenza de anticorpos como consecuencia da vacinación, fai necesaria a realización de probas de detección de antíxeno para detectar a circulación vírica nestas explotacións.

– En explotacións de aptitude láctea, deberanse realizar dúas mostraxes en leite de tanque cun intervalo aproximado de 6 meses para a detección por PCR do virus da BVD. Igualmente, e de ser posible, deberase tomar mostras dunha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo táboa A do anexo VII) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD. No caso de non existir animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de PCR de antíxeno de BVD dun pool de soros de animais procedentes dese grupo de idade dos que non fosen tomados mostras o ano anterior. No caso dos animais menores de 3 meses, a mostraxe deberá realizarse en mostra de tecido de orella.

– En explotacións de aptitude cárnica deberase realizar unha mostraxe anual dun pool de soros de animais maiores de 3 meses para a detección por PCR do virus da BVD. Igualmente, e de ser posible, deberase realizar a mostraxe dunha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo táboa A do anexo VII), para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD. No caso de non existir animais non vacinados, deberase realizar unha vez ao ano unha proba de detección de antíxeno de BVD en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras, que no caso de animais menores de 3 meses de idade será en mostra de tecido de orella.

– As explotacións de carne vacinadas en anos anteriores e con resultados negativos nas probas de PCR realizadas nos pooles de mostras nos animais maiores de 3 meses, só deberán realizar unha proba anual de PCR nos animais vacinados menores de 12 meses nados na explotación dos que non fosen tomadas mostras o ano anterior, xa sexa individualmente ou en pool (que será de orella nos animais de menos de 3 meses). No caso de non vacinar este grupo de animais deberase tomar mostras a unha porcentaxe de animais menores de 24 meses non vacinados nados na explotación (segundo fracción de mostraxe da táboa A do anexo VII) para detectar a presenza de anticorpos anti-p80 de BVD.

8.1.5.1. Pautas de actuación en explotacións con sospeita de circulación vírica vacinadas con vacinas vivas:

– Nas explotacións de aptitude láctea cando a PCR de leite de tanque resulte positiva, deberanse tomar mostras individualmente para a detección do virus da BVD os animais en lactación para a súa investigación mediante pooles de soros ou mostras individuais ata localizar o animal ou animais con excreción vírica. Igualmente, se resultasen positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resultase positiva a PCR de calquera dos pools de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberanse investigar estes animais para a detección do virus da BVD.

– Nas explotacións de aptitude cárnica, se resultasen positivos a anticorpos os animais non vacinados ou resultase positiva a PCR de calquera dos pooles de mostras realizados nos outros grupos de idade, deberase investigar para antíxeno de BVD cada un dos pooles positivos ata a localización do animal ou animais con excreción vírica.

8.1.6. Pautas de actuación comúns a todas as explotacións.

– A periodicidade das analíticas poderase incrementar, en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

– En todas as explotacións tanto de leite como de carne, no caso de existir touros reprodutores, deberán tomarse mostras como mínimo unha vez para antíxeno de BVD e anualmente para a determinación de anticorpos anti-p80 (no caso de ser seronegativos os anos anteriores).

– Todos os animais negativos a anticorpos anti-p80 someteranse á proba de antíxeno de BVD se as analíticas anteriores ou o estudo epidemiolóxico indican a posibilidade de presenza de animais PI.

– En calquera caso, os animais seropositivos á proba de detección de anticorpos anti p80 non serán obxecto de mostraxes repetidamente, limitando as novas mostraxes aos animais seronegativos. En casos excepcionais, e previa autorización do Lasapaga, poderanse repetir as probas de antíxeno en animais positivos a anticorpos anti-p80.

– A proba de detección de antíxeno de BVD nos animais menores de 3 meses realizarase preferentemente en mostra de orella ou en soro recollido antes da toma do primeiro costro, para minimizar a interferencia con anticorpos presente nos costros.

– En todo caso, un animal positivo a BVD antíxeno, non se poderá trasladar a outra explotación (agás matadoiros) nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, ata que sexa sometido a unha segunda proba de BVD antíxeno con resultado negativo como mínimo cun intervalo de 21 días da primeira.

– Nos casos de confirmación dun abrocho con nacemento de PI, non poderá abandonar a explotación ningún animal nado durante a duración do mesmo con destino diferente a cebadeiro ou matadoiro, sen ter realizada unha proba de que confirme que sexa negativo a BVD ax, polo menos durante un ano dende a eliminación do último animal PI.

– O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos PI. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará por escrito, mediante o modelo establecido na aplicación informática FICADI_ADSG, á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do LASAPAGA que os animais confirmados como PI, deben permanecer illados, non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino o seu traslado directo a matadoiro. Nese mesmo prazo, informará así mesmo que deberá establecer un plan para a eliminación inmediata destes animais, considerándose como un incumprimento a súa permanencia prolongada na explotación (máis de 30 días) sen tomar as medidas de bioseguridade axeitadas.

O persoal veterinario da ADSG, comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia dun animal PI aos servizos veterinarios oficiais do Servizo Provincial de Gandaría, no mesmo prazo máximo de 10 días, mediante un informe que indique a posible orixe da infección, co fin de determinar as causas que permitan prever no futuro a presenza de novas infeccións.

– Cando se confirme como PI un animal adulto con descendencia, esta deberá ser mostrexada de BVD antíxeno para confirmar ou descartar posibles animais PI.

– A utilización de vacinas vivas nas explotacións de reprodución deberá ser comunicada previamente á Subdirección Xeral de Gandaría; no caso de non levarse a cabo a vacinación unha vez comunicada, deberase poñer en coñecemento dita circunstancia.

– A realización dunha mostraxe diferente á indicada tanto nas probas serolóxicas como nas probas de PCR en animais ou en leite de tanque, esixirá a autorización do Lasapaga, logo de informe razoado do persoal veterinario da ADSG. O Lasapaga poderá denegar a realización da mostraxe por considerala non axeitada aos fins perseguidos ou por cuestións da loxística de mostras no laboratorio.

– O tamaño dos pooles de mostras para a proba de PCR e o calendario de mostraxe para as explotacións nas que se realice esta técnica será determinado polo Lasapaga.

8.1.7. Clasificación de explotacións (BVD).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2021, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0:

– Explotacións con infección activa ou sospeitosas de manter unha infección activa. Con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou analíticas que indican a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

– Explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positivo (>25 % de prevalencia) ou con tanque negativo e con animais entre 9 e 36 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

– Explotacións de carne: con animais entre 9 e 36 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 12 meses.

Nivel 2:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque positivo (>25 % de prevalencia) ou negativa e con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos anti-p80 con resultado negativo nos últimos 24 meses.

Nivel 3:

– Explotacións de leite: con analítica de leite de tanque < 25 % de prevalencia e con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións de carne: con animais de entre 9 e 36 meses nados na explotación negativos a anticorpos anti-p80 nos últimos 24 meses.

– Explotacións vacinadas con vacinas vivas: a realización dunha mostraxe de detección de antíxeno en todos os animais da explotación non obxecto de mostraxe en anos anteriores (en pooles ou individualmente) sen resultados positivos ou no caso de existir animais non vacinados, a realización dunha mostraxe para detección de anticorpos p80 con resultado negativo nos últimos 3 anos.

Nota: fraccións de mostraxe segundo táboa A do anexo VII.

8.2. Control da Rinotraqueitis bovina infecciosa (en diante IBR).

8.2.1. Obxectivo do programa.

O obxectivo do programa será a diminución da prevalencia da enfermidade mediante a detección e eliminación progresiva de animais seropositivos co fin de acadar a calificación de explotación indemne ou oficialmente indemne de IBR.

8.2.2. Finalidade das probas diagnósticas.

A detección de animais gE ou gB positivos a anticorpos de IBR tanto en analíticas individuais como en leite de tanque, segundo a clasificación e situación vacinal da explotación:

– Detección de anticorpos totais ou anticorpos fronte a proteína gB ( en diante anti-gB) se a explotación non vacina de IBR dada a súa maior sensibilidade.

– Detección de anticorpos anti-gE no caso de explotacións que utilicen vacina marcada de IBR.

8.2.3. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de leite.

Como mostraxe mínima, realizaranse:

– Analítica anual de anticorpos en leite de tanque tomadas ao menos en tres ocasións en intervalos de non menos de tres meses.

– Analítica de anticorpos en soro: unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses nados na explotación, segundo a táboa A do anexo VII.

– No caso de non existir animais deste grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultaran negativos a anticorpos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais máis novos.

– No caso de explotacións con máis dunha unidade de produción, segundo o criterio do persoal veterinario responsable, a mostraxe anterior poderá realizarse de xeito diferenciada en cada unha delas.

– Nas explotacións nas que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a ausencia de animais reactivos, e a mostraxe dos animais entre 9 e 36 meses de idade resulte negativa durante dous ou máis anos poderase realizar outras analíticas coa finalidade de obter a clasificación nos niveis 3 ou 4, coa seguinte pauta:

– Nivel 3: analizaranse todos os tanques e todos os animais maiores de 9 meses ao longo dun período non superior aos 12 meses e o resultado deberá ser negativo a anticorpos anti-gE para o 100 % das mostras analizadas.

– Nivel 4: poderanse facer pooles de ata 50 animais non vacinados para mostras individuais de leite. Poderanse elixir unha das seguintes pautas de mostraxe para a detección de anticorpos anti-gB ou anti-gE, con resultados negativos:

1º. Unha mostra de soro o leite de todos os animais ao longo dun período non superior a 12 meses.

2º. Dúas mostras de leite o soro de todos os animais bovinos nun intervalo non menor de 2 meses e non maior de 12 meses de:

– As femias maiores de 12 meses.

– Os machos reprodutores maiores de 12 meses e

– Unha mostraxe aleatoria dos machos maiores de 12 meses non destinados á cría, segundo o tamaño da mostra indicado na táboa A do anexo VII.

3º. Só no caso que ao menos o 30 % das femias da explotación se encontren en lactación:

– Leite de todos os tanques tomadas ao menos en 3 ocasiones, en intervalos de non menos de 3 meses , que represente a todas as femias en lactación da explotación de forma que cada mostra de tanque represente un máximo de 50 animais non vacinados.

– Soro das femias que non estean en lactación, maiores de 12 meses e dos machos reprodutores maiores de 12 meses, e

– Soro dos machos non destinados a cría, maiores de 12 meses segundo o tamaño da mostra indicado na táboa A do anexo VII.

8.2.4. Pautas de vixilancia e actuación en explotacións de carne.

Como mostraxe mínima realizarase:

– Analíticas de anticorpos en soro: unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, segundo a táboa A do anexo VII, para comprobar a presenza de anticorpos gB ou totais, ou de gE no caso de animais vacinados con vacina marcada. No caso de non existir animais de este grupo de idade, tomaranse mostras de animais reprodutores entre os que resultaran negativos en mostraxes anteriores, dando preferencia aos animais mais novos.

– As explotacións que manteñan a negatividade na mostraxe dos animais entre 9 e 36 meses de idade durante dous ou máis anos poderase realizar outra analítica coa finalidade de obter a clasificación nos niveis 3 ou 4.

– Nivel 3: analizaranse todos os animais maiores de 9 meses ao longo dun período non superior aos 12 meses e o resultado deberá ser negativo a anticorpos anti-gE para o 100 % das mostras analizadas.

– Nivel 4: poderanse elixir unha das seguintes pautas de mostraxe para a detección de anticorpos anti-gB ou anti-gE, con resultados negativos:

1º. Unha mostra de soro o leite de todos os animais ao longo dun período non superior a 12 meses.

2º. Dúas mostras de leite o soro de todos os animais bovinos nun intervalo non menor de 2 meses e non maior de 12 meses de:

– As femias maiores de 12 meses.

– Os machos reprodutores maiores de 12 meses e

– Unha mostraxe aleatoria dos machos maiores de 12 meses non destinados á cría, segundo o tamaño da mostra indicado na táboa A do anexo VII.

8.2.5. Pautas de actuación comúns a todas as explotacións.

– A periodicidade das analíticas poderase incrementar, en función dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.).

– En todas as explotacións tanto de leite como de carne, no caso de existir touros reprodutores, deberán ser obxectivo de mostraxe como mínimo anualmente para a determinación de anticorpos de IBRgB ou ben de IBRgE no caso de estar vacinando con vacinas marcadas.

– A analítica da IBR non se realizará nas explotacións vacinadas anteriormente con vacinas convencionais, agás naqueles animais que non estean vacinados.

– En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definíndose as actuacións a realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos: non se poderá realizar unha mostraxe do 100 % dos animais da explotación, mentres se obteñan resultados positivos en animais menores de 24 meses ou no leite de tanque.

– As únicas vacinas autorizadas dentro do programa oficial das ADSG de Galicia fronte á IBR en explotacións de reprodución serán vacinas marcadas.

8.2.6. Cualificación de explotacións (IBR).

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2020, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0:

Explotacións sen clasificar fronte IBR ou IBR 0: quedarán clasificadas neste nivel as explotacións que estando incluídas no programa da ADSG, aínda non teñan realizadas as probas necesarias para podelas clasificar noutros niveis ou naquelas nas que non se aplica o programa ou este non se cumpre.

Nivel 1:

Explotacións con existencia de animais gE+ no grupo de idade de 9 a 36 meses, segundo a porcentaxe indicada na táboa A do anexo VII, incluídos machos reprodutores.

Nivel 1-:

Explotacións nas que non se realizou a mostraxe do 100 % dos animais, pero sen existencia nos últimos 12 meses de animais gE+ no grupo de idade de 9 a 36 meses, segundo a porcentaxe indicada na táboa A do anexo VII, incluídos machos reprodutores.

Nivel 2:

Explotacións nas que non se realizou a mostraxe do 100 % dos animais, pero sen existencia nos últimos 24 meses de animais gE+ no grupo de idade de 9 a 36 meses, segundo a porcentaxe indicada na táboa A do anexo VII, incluídos machos reprodutores.

Nivel 3:

– Explotacións de leite con leite de tanque negativo e cunha mostraxe do 100 % dos animais maiores de 9 meses con resultado negativo a anticorpos anti-gE na primeira analítica realizada para adquirir dita clasificación.

– Explotacións de carne: cunha mostraxe do 100 % dos animais maiores de 9 meses con resultado negativo a anticorpos anti-gE na primeira analítica realizada para adquirir dita clasificación.

Nivel 4:

– Explotacións cunha mostraxe negativa ás analíticas referidas no apartado 8.2.4 para as explotacións de nivel 4.

8.2.7. Mantemento da clasificación:

1. Mostraxe.

a) Para explotacións IBR 1, IBR -1 e IBR 2, realizarase unha mostraxe anual en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses presentes na explotación, segundo o tamaño de mostra indicada na táboa A do anexo VII, que deberá ter resultado negativo, excepto en IBR 1.

b) Para explotacións IBR 3, realizarase a seguinte mostraxe, que deberá ter resultado negativo:

1º. Explotacións de leite: realizarase unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, segundo o tamaño de mostra indicada na táboa A do anexo VII; e efectuáranse, como mínimo, tres mostraxes ao ano de todos os tanques de leite cun intervalo mínimo de 3 meses. Poderanse facer pooles para mostras de leite de acordo á sensibilidade documentada polo test.

2º. Explotacións de carne: realizarase unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses presentes na explotación segundo o tamaño de mostra indicada na táboa A do anexo VII.

c) Para explotacións IBR 4:

Realizarase algunha das seguintes pautas de mostraxe para a detección de anticorpos totais, anti-gB ou anti-gE. Poderanse facer pooles de ata 100 animais para mostras individuais de leite unicamente para animais non vacinados.

Deberanse obter resultados negativos nas mostras de:

1º. Unha mostra individual, que poderá ser de soro ou leite, tomadas anualmente de todos os bovinos maiores de 24 meses.

2º. No caso de que, ao menos o 30 % das femias da explotación se encontren en lactación, como mínimo anualmente:

– Leite de todos os tanques tomado en, ao menos 3 ocasións con cun intervalo non menor de 3 meses, que represente a todas as femias en lactación da explotación, de maneira que cada tanque represente un máximo de 100 animais non vacinados e

– Soro tomado de todos os machos reprodutores de mais de 24 meses.

3º. Soro o leite tomados dun número de animais que permita a detección de ao menos do 10 % de prevalencia cunha confianza do 95 %, segundo a táboa A do anexo VII, sempre e cando se manteña o estado de oficialmente indemne durante os 3 últimos anos consecutivos e non se manteñan na explotación, animais vacinados.

d) Nos cebadeiros, no caso de que se subministren de animais exclusivamente de explotacións clasificadas como IBR 1-, IBR 2, IBR 3 ou IBR 4, deberán realizar nun período dun ano, dúas mostraxes cun intervalo maior de 30 días naturais de, ao menos, un 5 % dos efectivos.

8.2.8. Réxime transitorio de movementos (ata o 12 de outubro de 2021).

Poderanse autorizar movementos ata a data indicada cos seguintes requisitos:

1º. Os animais que se incorporen ás explotacións cualificadas como IBR4 serán animais gE- nos 15 días naturais previos á expedición. Deberán ser analizados de novo ao entrar nas explotacións efectuándose a mostraxe aos 21 días naturais da entrada na explotación. Os animais permanecerán illados ata obter os resultados.

2º. Os animais que se incorporen ás explotacións cualificadas como IBR 3, IBR 2; IBR 1- ou IBR 1 serán gE- nunha analítica realizada preferiblemente nos 15 días naturais previos á expedición á explotación. No caso de non realizar esta proba deberán ser analizados na explotación de destino, 21 días naturais despois da súa entrada. Os animais permanecerán illados ata obter os resultados.

3º. En todos os casos, os animais deberanse transportar evitando o contacto con animais de estado sanitario inferior. Unha vez na explotación deberase ter en conta o seguinte:

i) Se todos os animais illados resultan seronegativos poderanse incorporar có resto dos animais da explotación e volveranse a analizar un ano despois da súa entrada á granxa (coa mostraxe do plan de control) para aumentar la posibilidade de detectar infeccións latentes.

ii) No caso de obter resultados positivos, os animais illados non poderán incorporarse co resto dos animais da explotación; ou no caso de facelo baixarán a súa cualificación sanitaria á que corresponda.

2. Os animais que resultaran positivos ás probas de laboratorio previstas nas mostraxes poderanse enviar a explotacións cualificadas como IBR 0 durante este período, sempre e cando se poda xustificar que os animais foron vacinados con vacina non marcada.

3. Os animais que saian dunha explotación coa finalidade de participar en certames gandeiros poderán ser gE+, sempre e cando póidase xustificar que ditos animais foran vacinados con vacina non marcada.

8.2.9. Restricións ao movemento.

a) Para explotacións IBR 1, IBR 1-, IBR 2 e IBR 3:

1º. A entrada de animais deberá realizarse con animais procedentes de explotacións con igual ou superior nivel de clasificación.

2º. Aqueles animais que saísen dunha explotación coa finalidade de participar nun certame gandeiro, atoparanse vacinados previo ao seu traslado ao certame. No caso de que o destino posterior ao traslado sexa unha explotación IBR 3 os animais deberán ser gE – segundo mostras tomadas aos 21 días naturais da entrada á explotación. Deberanse manter os animais illados do resto dos animais da explotación, ata obter os resultados.

Naqueles casos, nos que os animais vaian a participar en certames de gando selecto, ademais deberán ser gE – nunha proba realizada nos 15 días previos á expedición.

3º. Os animais que vaian a participar en aproveitamentos de pastos en réxime común, con animais doutras explotacións que teñan unha clasificación inferior, atopásense vacinados previo ao seu traslado ao pasto conforme ao disposto para explotacións clasificadas como IBR 3 deberán ser gE – segundo as mostras tomadas aos 21 días naturais do retorno as súas explotacións. Deberanse manter aos animais illados do resto de animais da explotación ata obter os resultados.

4º. Os animais que transiten por explotacións de tratantes ou centros de concentración, a excepción de certames gandeiros que se lle aplicará o punto 2º, deberán ser analizados con resultado negativo ao entrar na explotación de destino efectuándose a toma da mostra aos 21 días naturais da entrada dos animais á explotación, ata obter os resultados desta mostraxe.

No caso de que os animais procedan dunha explotación clasificada como IBR 3 ou IBR 4 ou dun pais con programa aprobado ou declarado libre segundo a Decisión 2004/558/CE, da Comisión, do 15 de xullo de 2004, e haxan permanecido menos de 48 horas nunha explotación de tratantes ou centro de concentración, non lles será de aplicación o paragrafo anterior cando a explotación de destino sexa un cebadeiro.

b) Para explotacións IBR 4:

1º. Só se introduciran animais procedentes de explotacións IBR 4.

2º. Aqueles animais que haxan saído dunha explotación coa finalidade de participar en certames gandeiros ou en aproveitamentos de pastos en réxime común con animais doutras explotacións que teñan unha clasificación inferior, deberán ser gB – ou gE – no caso de animais vacinados con vacina marcada previo á obtención da clasificación de IBR 4, segundo mostras tomadas aos 21 días naturais do retorno dos animais á explotación. Deberanse manter aos animais illados do resto de animais da explotación, ata obter os resultados.

3º. Os animais que transiten por explotacións de tratantes ou centros de concentración deberán ser analizados ao entrar na explotación de destino efectuándose a toma de mostras aos 21 días naturais da entrada dos animais na explotación. Para estes efectos, deberase manter aos animais illados do resto dos animais da explotación, ata obter os resultados desta mostraxe.

8.2.10. Suspensión e recuperación da clasificación.

Cando a suspensión se derive do incumprimento do programa vacinal obrigatorio, a recuperación da clasificación producirase unha vez acreditada a correcta aplicación do programa vacinal nos efectivos presentes da explotación e, no caso das explotacións clasificadas como IBR 3, despois de realizar un control serolóxico con resultado negativo fronte a gE do virus da IBR nun número de animais que garante, cun nivel de confianza do 95 %, detectar a presencia da enfermidade si a súa taxa de prevalencia é como mínimo do 2 %, segundo a táboa B do anexo VII.

Cando nunha explotación IBR 3 ou IBR 4se detecte a presencia de animais clinicamente enfermos ou serolóxicamnete positivos á gE do virus da IBR, procederase á confirmación serolóxica ou virolóxica da enfermidade. Se se confirma esta, quedará suspendida a clasificación da explotación afectada. Recuperarase dita clasificación unha vez sacrificado os animais afectados e cando pasado un mínimo de 30 días dende o sacrificio, na explotación realizaranse de novo, con resultado negativo, os controis serolóxicos establecidos, referidos á obtención do título, e sempre que se manteña se é o caso un plan vacinal aprobado pola autoridade competente, á excepción das explotacións IBR 4. Ata á recuperación da clasificación, só se permitirá o movemento de animais con destino directo ao cebadeiro e matadoiro.

No caso dos cebadeiros, reclasificaranse inmediatamente cando introduzan animais procedentes dunha explotación cunha clasificación inferior. Neste caso, e tras o correspondente baleiro do cebadeiro e posterior limpeza e desinfección, poderán reclasificarse asinando a clasificación da explotación con menor nivel sanitario da que procedan os animais.

8.3. Control da paratuberculose.

8.3.1. Obxectivos do programa.

– Divulgar o significado da enfermidade.

– Minimizar o risco de infección en explotacións non afectadas pola enfermidade.

– Detectar explotacións infectadas.

– Aplicar pautas de manexo nas explotacións segundo o nivel de risco.

– Minimizar os efectos da enfermidade nas explotacións infectadas.

8.3.2. Definicións.

– Explotación en Nivel 0 de paratuberculose: aquela con polo menos un animal confirmado como positivo nos últimos 24 meses.

– Animal bovino confirmado positivo á paratuberculose: aquel no que se dea calquera das seguintes situacións:

– O animal presenta lesións patognomónicas nas que se visualiza a presenza de microorganismos ácido-alcol resistentes.

– En feces do animal visualízase a presenza de niños de bacilos ácido-alcol resistentes e presenta síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

– En calquera tipo de mostra procedente do animal obtívose un resultado positivo a PCR.

– Nas explotacións en Nivel 0: calquera animal con síntomas clínicos compatibles coa enfermidade ou calquera animal positivo a ELISA ata que a seroprevalencia da explotación baixe do 15 %.

– Animal reaccionante: calquera animal positivo a ELISA anticorpos e con proba negativa a PCR en feces en explotacións sen animais confirmados.

8.3.3. Pautas de mostraxe en explotacións confirmadas como infectadas de paratuberculose.

– As explotacións confirmadas como infectadas deberán realizar unha mostraxe do 100 % dos animais maiores de 24 meses trala eliminación dos animais confirmados.

– Igualmente se deberá implantar na explotación un exhaustivo programa de manexo e eliminación de animais clínicos ou confirmados, establecido polos servizos técnicos veterinarios responsables da ADSG e supervisado polos servizos veterinarios oficiais que deberá estar asinado tanto polo persoal veterinario da ADSG como pola persoa titular da explotación. O programa incluirá a información das medidas de bioseguridade e a supervisión da aplicación das medidas de manexo para evitar a contaminación fecal-ora e deberá manterse polo menos durante tres anos.

– Os animais confirmados positivos por PCR, non poderán ser sometidos a novas probas diagnósticas de paratuberculose salvo causa xustificada.

8.3.4. Pautas de mostraxe en explotacións non confirmadas como infectadas de paratuberculose.

– Cunha periodicidade mínima anual realizarase unha analítica de detección de anticorpos mediante probas ELISA no 40 % dos animais maiores de 24 meses, dando prioridade a:

– Os animais de risco (con diarrea crónica, adelgazamento, descenso de produción inxustificada).

– Os animais adquiridos nos últimos anos.

– Os animais non confirmados positivos por PCR con resultados positivos a ELISA en anos anteriores.

– Outros animais negativos en anos anteriores ata completar o 40 % dos animais maiores de 24 meses, se esa porcentaxe non se acadou cos animais citados anteriormente, dando preferencia aos animais dos cales non se tomaron mostras recentemente.

– Os animais positivos a ELISA, deberán ser sempre confirmados por PCR.

8.3.5. Outras pautas de actuación.

– Nas explotacións non confirmadas como positivas a paratuberculose estableceranse pautas de manexo axeitadas para minimizar o risco de introdución da infección. Estas pautas serán determinadas polo persoal veterinario da ADSG en función da clasificación da explotación.

– Os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser trasladados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo a matadoiro, sen paso intermedio por mercados ou explotacións de operadores comerciais.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará o diagnóstico de confirmación da positividade aos Servizos Veterinarios Oficiais, informará á persoa titular da explotación afectada das obrigas sinaladas no punto anterior e establecerá un plan de manexo, tendente a atenuar os efectos da enfermidade na explotación e minimizar o risco de infección doutras explotacións.

– Todo animal ELISA positivo de paratuberculose, antes do seu movemento cara a outras explotacións, deberá ser sometido ás probas de confirmación (PCR). De obter un resultado negativo ás ditas probas, antes do movemento deberá realizar unha nova analítica a anticorpos de ELISA con resultado negativo.

Os animais positivos a ELISA e negativos a PCR de paratuberculose poderán circular previamente ó seu traslado a matadoiro o cebadoiro por unha feira sempre que non pase mais dun ano da emisión do resultado negativo de PCR.

– O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

– O persoal veterinario da ADSG comunicará por escrito mediante modelo de documento establecido na aplicación informática FICADI_ADSG á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a recepción dos resultados do Lasapaga que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino o seu traslado directo a matadoiro. O persoal veterinario da ADSG, comunicará o diagnóstico de confirmación da existencia destes animais aos servizos veterinarios oficiais.

– Así mesmo, a persoa titular da explotación requirirá ao operador comercial ou transportista a firma no dito documento, conforme coñece o destino final dos animais implicados.

– En explotacións infectadas de paratuberculose onde convivan outros ruminantes, deberase investigar igualmente a presenza de anticorpos da enfermidade en todas as especies susceptibles.

8.3.6. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2020 nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0: explotación con algún animal confirmado de paratuberculose nos dous últimos anos.

Ou ben explotacións de nova incorporación das que non se teña información epidemiolóxica.

Nivel 1: explotación cunha seroprevalencia igual ou maior do 15 % a ELISA e probas de confirmación (PCR) negativas.

Nivel 2: explotación cunha seroprevalencia menor do 15 % de animais positivos a ELISA e con probas de confirmación negativas.

Nivel 3: explotación cun ano de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 4: explotación con dous anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 5: explotación con tres anos de mostraxe negativa a ELISA.

Nivel 6: explotación con catro anos de mostraxe negativa a ELISA.

8.4. Control da neosporose bovina.

8.4.1. Obxectivo do programa:

O obxectivo do programa será a diminución dos efectos negativos da enfermidade nas explotacións mediante a detección de animais positivos a neosporose.

8.4.2. Finalidade das probas diagnósticas:

Detección de animais positivos a anticorpos, como responsables da transmisión vertical da enfermidade co fin de non destinalos á recría.

8.4.3. Pautas de mostraxe.

– En explotacións con información epidemiolóxica: Analíticas de anticorpos en soro: unha mostraxe anual representativa en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, segundo a táboa A do anexo VII.

– En explotacións sen información epidemiolóxica: ademais da recría, mostraxe dos animais con antecedentes de aborto, os seus ascendentes e descendentes.

En todos os casos deberanse investigar os abrochos de abortos mediante a mostraxe e seguimento das nais e dos abortos para comprobar a presenza de anticorpos fronte á neosporose.

8.5. Control de incorporacións.

Os animais de nova incorporación deberán ser obxectivo de mostraxes na explotación de orixe e no prazo máximo de 20 días previos á incorporación co fin de evitar incorporacións de animais positivos e a aparición de abrochos na explotación de destino. De non ser posible, serán tomadas mostras deles na explotación de destino onde deberán permanecer en corentena, illados do resto do rabaño, ata polo menos coñecer os resultados das probas analíticas.

No caso do IBR seguiranse as pautas reflectidas no programa sanitario en función da súa clasificación.

Respecto o control da paratuberculose, quedaran exentos de realizalo os animais menores de 12 meses, quedando a criterio do persoal veterinario o poder solicitalo.

8.5.1. Comunicación de incorporacións:

– Considéranse animais de nova incorporación, aqueles cuxa procedencia sexa allea e preténdanse incorporar á propia explotación, así como os animais que retornen á explotación de orixe procedentes doutras explotacións (pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.).

Non terán dita consideración os animais recen nados na explotación, nin os mesmos animais da explotación destinados á venda.

– As analíticas realizadas como novas incorporacións, non se terán en conta na mostraxe anual obrigatoria da explotación.

– As persoas titulares das explotacións comunicarán con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao persoal veterinario responsable da ADSG.

– No caso de realizar a mostraxe na explotación de destino, durante a corentena os animais estarán illados do resto do rabaño polo menos ata coñecer os resultados das probas analíticas.

– As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do persoal veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico fronte á BVD anti-p80, BVD antíxeno e anticorpos de IBR, de paratuberculose e de neosporose de todos os animais de nova incorporación.

– En animais menores de tres meses a proba da BVDax realizarase preferentemente en mostra de orella.

– O control serolóxico en soro non será necesario que se realice en animais incorporados menores de 5 meses e destinados a cebo, sendo necesario neste caso realizar unicamente o control de BVD antíxeno en mostra de orella. No caso de que estes animais finalmente se incorporen ao grupo de reprodución da explotación, será necesario realizar neles un control serolóxico de BVD anti-p80, BVD antíxeno, IBR e neosporose unha vez superados os 6 meses de idade.

– Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a ELISA ou PCR de paratuberculose, a IBR gE ou a BVD antíxeno.

– Se as analíticas realizadas revelan positividade nos animais en corentena, poderase devolver á explotación de orixe nun prazo máximo de 30 días, coa autorización dos servizos veterinarios oficiais, que controlarán o seu posterior destino, coa excepción dos animais positivos a BVD antíxeno, que non poderán ser devoltos ata que sexan sometidos a unha segunda proba con resultado negativo.

– Se durante a corentena algún dos animais resultase positivo a BVD antíxeno, a explotación considerarase infectada ata a realización das probas que descarten o contaxio da infección.

– No caso de animais ELISA positivos a paratuberculose que se devolvan a orixe, non se permitirá a súa nova venda cara a explotacións de reprodución ata que a enfermidade sexa descartada mediante as probas correspondentes.

– Non serán necesarios estes controis cando os animais procedan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis aos que foron sometidos os animais implicados, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

– No caso de que se incorporen á explotación animais xestantes positivos a BVD anti- p80, estes deberán parir en corentena, illados do resto de animais da explotación e deberá realizarse a analítica de BVD antíxeno do tenreiro ao nacemento, ou do aborto no seu caso para descartar a existencia dun animal PI. Poden quedar exentas desta mostraxe as femias procedentes dun centro de recría cando se incorporen á explotación de orixe sempre e cando se certifique que foron vacinadas con vacina viva.

8.5.2. Comunicación de retornos.

– As persoas titulares de explotacións comunicarán ao persoal veterinario da ADSG o retorno de animais da súa explotación cando tivesen contacto con outros animais doutras explotacións (pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc).

– No caso de animais retornados coas orixes mencionadas no primeiro parágrafo, e coa finalidade de coñecer a situación sanitaria destes, realizaranse analíticas de BVD anti-p80 e IBRgE.

8.6. Centros de recría.

Os centros de recría integrados nunha ADSG deberán incorporar animais procedentes de explotacións integradas en ADSG ou que cumpran co programa sanitario marco recollido na presente orde de axudas ás ADSG o que se acreditará documentalmente polo persoal veterinario da explotación de orixe.

Os animais que se envíen ao centro de recría, someteranse ás analíticas contempladas para as novas incorporacións antes da súa chegada ao centro. Dita circunstancia deberá reflectirse no documento de envío de mostras ao Lasapaga.

Estes animais serán obxecto de mostraxe sempre na explotación de orixe e deberán cumprir os seguintes requisitos sanitarios para podelos incorporar:

– Ser negativos a BVD antíxeno en mostra de orella.

– As nais deberán ser negativas a anticorpos de ELISA paratuberculose.

En calquera caso os animais incorporados ao centro de recría non deberán ter contacto coas xovencas preñadas ata a realización dunha nova analítica aos catro meses de idade para a detección de BVD antíxeno en mostras individuais ou por PCR no caso de pools de mostras.

Antes da saída dos animais do centro de recría, deberase facer unha nova analítica das enfermidades obxecto deste programa.

Gando ovino e cabrún

O persoal veterinario das ADSG de gando ovino e cabrún levara a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar:

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, de 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Actuacións en relación co programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia pasiva, información as persoas titulares das explotacións, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Actuacións en relación co programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control de limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos:

– O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. En relación cos programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando ovino e cabrún que a continuación se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencias das distintas enfermidades, e ademais á súa diminución.

7.1. Control da paratuberculose.

7.1.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definíndose as actuacións a realizar en cada un deles en función dos resultados obtidos.

7.1.2. Pautas xerais de actuación.

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade, realizarase unha mostraxe dun número de animais de acordo cun tamaño de mostra que asegure a detección dunha prevalencia do 5 % cunha fiabilidade do 95 %, segundo a táboa seguinte:

Censo da explotación

Número de animais para mostraxe

1-30

Todos

31-40

31

41-50

35

51-70

40

71-100

45

101-200

51

201-300

54

Máis de 300

57

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ás probas realizarase ao ano seguinte un control serolóxico anual mediante mostraxe aleatoria segundo os criterios 95/5 anteriores.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade inferior ao 8 % realizarase unha proba de confirmación en feces por PCR de todos os animais positivos a anticorpos. Igualmente se someterán a unha estreita vixilancia clínica do efectivo para observar a evolución da enfermidade e, de ser o caso, detectar animais con sintomatoloxía clínica. Someteranse ao ano seguinte á mostraxe aleatoria anual (95/5) co fin de comprobar a evolución da enfermidade.

Nestas explotacións, os animais ELISA positivos con resultado negativo á proba de PCR en feces, no caso de que queiran abandonar a explotación con destino a vida, deberán realizar unha nova analítica de ELISA separada como mínimo 60 días da primeira con resultado negativo.

– Nos rabaños cunha prevalencia superior ao 8 % e/ou con algún animal positivo á proba de PCR en feces, co obxecto de identificar ao maior número posible de animais positivos, procederase á revisión mediante ELISA da totalidade dos animais da explotación. Igualmente unha porcentaxe dos animais positivos a ELISA na primeira fracción de mostraxe ou na mostraxe da totalidade do efectivo, deberanse tomar mostras por PCR en feces, cun máximo de 10 animais analizados.

Considérase animal positivo confirmado á paratuberculose a:

– Todo animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces e/ou ELISA positivo procedente dun rabaño cunha prevalencia superior ao 8 %.

– Todo animal con dúas probas ELISA positivas separadas como mínimo 60 días en rabaños con prevalencia menor ao 8 %.

– En rabaños xa confirmados como positivos, calquera animal que presente síntomas compatibles coa enfermidade segundo diagnóstico clínico veterinario.

As explotacións con algún animal positivo á proba de confirmación de PCR en feces, non poderán en ningún caso destinar animais a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o único destino posible destes o seu traslado directo a matadoiro.

Naquelas explotacións cunha prevalencia a ELISA anticorpos superior ao 8 %, e probas de confirmación de PCR en feces negativas, so poderán mover animais ELISA negativos con destino a outras explotacións de produción-reprodución tras a realización dunha proba de ELISA anticorpos con resultado negativo antes do seu movemento.

O Lasapaga, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicará aos servizos veterinarios oficiais e ao persoal veterinario da ADSG a identificación dos animais confirmados a paratuberculose. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais realizarán un control estrito sobre estes, rexistrando a inmobilización dos animais afectados na base de datos da Consellería do Medio Rural.

O persoal veterinario da ADSG comunicará aos servizos veterinarios oficiais a relación de animais confirmados como positivos e as medidas a realizar e informará á persoa titular da explotación nun prazo non superior a 10 días desde a comunicación do Lasapaga que os animais confirmados como positivos a paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións nin a pastos comunais, nin transitar por camiños comúns a outras explotacións non infectadas, sendo o único destino o seu traslado directo a matadoiro.

O persoal veterinario da ADSG establecerá nas explotacións afectadas un plan específico de control e erradicación da enfermidade, baseado na aplicación de medidas hixiénico-sanitarias e de manexo, eliminación de animais positivos e control e corentena dos animais incorporados.

7.1.3. Vacinación.

As persoas titulares das explotacións ovinas ou cabrúas nas que se confirmase a presenza de paratuberculose nunha prevalencia superior ao 8 %, co informe favorable do persoal veterinario da ADSG, poderán solicitar á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias autorización expresa para a utilización de vacina fronte á enfermidade.

Non se autorizará en ningún caso a vacinación fronte á paratuberculose de rabaños de gando cabrún que convivan ou teñan relación epidemiolóxica con gando bovino, nin tampouco de rabaños cabrúns que comercialicen leite, xa que estes deben ser sometidos ao programa de erradicación da tuberculose e poderían existir interferencias diagnósticas. Poren, excepcionalmente poderase autorizar a aplicación dun programa vacinal extraordinario fronte á paratuberculose no caso de rabaños con prevalencias superiores ao 8 %, co cumprimento das seguintes condicións:

– O rabaño deberá ter presentado resultados negativos a tuberculose en todos os animais antes do inicio do programa de vacinación.

– Os animais que se incorporen ao rabaño procederán doutros rabaños negativos a tuberculose, ou serán sometidos a probas de diagnóstico de tuberculose nos 30 días anteriores á súa incorporación, con resultados negativos.

– Os animais que resulten positivos ás probas anuais de diagnóstico da tuberculose ou, se é o caso, un número significativo deles, serán sacrificados para realizar o estudo microbiolóxico da enfermidade, co obxecto de determinar ou descartar a súa presenza no rabaño. No caso de confirmarse a existencia de tuberculose, serán sacrificados de xeito inmediato todos os animais reaccionantes que non fosen eliminados anteriormente.

– Despois do comezo do programa vacinal, a vacinación anual da recría realizarase tras a execución no rabaño das probas sanitarias anuais de tuberculose.

– No caso de ser concedida a oportuna autorización, a vacinación realizarase coa supervisión de persoal veterinario oficial, permitíndose unicamente a saída de animais cara ao matadoiro, a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro, ou a outras explotacións cun programa vacinal fronte á paratuberculose aprobado, nas que os rabaños cumpran idénticas condicións ás establecidas.

– As persoas titulares das explotacións comprometeranse a manter a vacinación da recría durante polo menos tres anos consecutivos tras a primeira vacinación e ata que os resultados das probas de PCR realizadas sobre feces sexan resultados negativos. Permitirase a venda de animais vacinados despois deste período, sempre que antes do movemento obteñan un resultado negativo a ELISA anticorpos.

– As explotacións vacinadas poderán facer anualmente probas de PCR en feces sobre unha porcentaxe de animais co fin de determinar a existencia ou non de excreción bacteriana que permita avaliar a eficacia do programa vacinal.

7.1.4. Clasificación de explotacións.

O persoal veterinario responsables da ADSG deberá clasificar as explotacións en función das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2020, nos niveis que se indican a continuación:

Explotación vacinada: explotación que empregou a vacinación para o control da enfermidade.

Nivel 0: explotación con animais confirmados de paratuberculose ou cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA igual ou superior ao 8 %.

Ou ben explotacións de nova incorporación á ADSG das que non se teña información epidemiolóxica.

Nivel 1: explotación sen animais confirmados e cunha porcentaxe de animais positivos a ELISA menor do 8 %.

Nivel 2: explotación con 1 ano de mostraxe negativo a ELISA.

Nivel 3: explotación con 2 anos de mostraxe negativo a ELISA.

Nivel 4: explotación con 3 ou máis anos de mostraxe negativo a ELISA.

As probas diagnósticas necesarias para a consecución e mantemento da clasificación serán as que estableza a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

7.2 Control da enfermidade da fronteira (en diante BD).

7.2.1. Obxectivos das probas diagnósticas.

Realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definíndose as actuacións a realizar en cada un deles en función dos resultados obtidos.

7.2.2. Pautas xerais de actuación.

Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade, realizarase unha mostraxe de 10 animais dos máis novos a partires dos animais mostrexados de paratuberculose.

As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

Actuacións segundo os resultados obtidos:

– Nos rabaños que resulten negativos ao ELISA de anticorpos de BD repetirase a analítica ao ano seguinte.

– Nos rabaños que presenten unha prevalencia da enfermidade superior ao 30 % realizarase un ELISA de anticorpos de BD sobre a totalidade dos animais remitidos para a proba de ELISA de paratuberculose.

– En caso de manterse unha positividade superior ao 30 % deberase realizar unha mostraxe da totalidade do rabaño. Esta proba realizarase sobre pooles de mostras de soro mediante a técnica de PCR para descartar a presenza de animais persistentemente infectados (PI).

Os animais PI detectados se os houbera, terán o mesmo tratamento xa descrito para os animais PI de BVD da especie bovina.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións integradas en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2020, nos niveis que se indican a continuación:

Nivel 0:

Explotacións con infección activa ou sospeitosas de manter unha infección activa. Con detección de animais PI nos últimos 12 meses ou ben con analíticas que indiquen a posibilidade de presenza de animais PI, sen completar a realización das probas necesarias para descartalos.

Ou ben explotacións de nova incorporación sen información epidemiolóxica.

Nivel 1:

Explotacións con animais entre 9 e 24 meses nados na explotación positivos a anticorpos anti-p80, pero sen detección de animais PI nos últimos 12 meses.

Nivel 2:

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 durante os últimos 12 meses.

Nivel 3:

Explotacións con animais de entre 9 e 24 meses negativos a anticorpos anti-p80 dende fai 2 ou máis anos.

7.3. Control de incorporacións:

– As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do persoal veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico mediante a técnica de ELISA paratuberculose e ELISA antíxeno e anticorpo de BD de todos os animais de nova incorporación.

– Os animais de nova incorporación deberán ser obxecto de mostraxe na explotación de orixe e no prazo máximo de 30 días previos á incorporación, co fin de evitar incorporacións de animais positivos e a aparición de abrochos na explotación de destino. De non ser posible, serán tomadas mostras no mesmo prazo na explotación de destino onde deberán permanecer en corentena, illados do resto do rabaño, ata polo menos coñecer os resultados das probas analíticas.

– Non se incorporarán ás explotacións da ADSG animais que resulten positivos a ELISA, PCR ou cultivo de paratuberculose e ou ELISA antíxeno ou PCR de BD.

– Se as analíticas realizadas revelan positividade nos animais en corentena, poderase devolver á explotación de orixe nun prazo máximo de 30 días, coa autorización dos servizos veterinarios oficiais, que controlarán o seu posterior destino.

– A descendencia dos animais preñados positivos a anticorpos de BD incorporados á explotación deberán ter un seguimento especial que confirme a súa negatividade ao antíxeno de BD antes da súa incorporación como animais de produción.

– Nas explotacións con programa vacinal de paratuberculose os animais incorporados deberán vacinarse, no caso de non proceder dun rabaño vacinado, antes da súa incorporación á explotación.

– Non serán necesarios estes controis cando os animais procedan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo persoal veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis aos que foron sometidos os animais implicados, que deberán ser, en todo caso, negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

7.3.1. Comunicación de incorporacións:

– As persoas titulares das explotacións comunicarán con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao persoal veterinario responsable da ADSG.

Gando porcino

O persoal veterinario das ADSG de gando porcino levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Programa de control fronte á enfermidade de Aujeszky, seguindo as pautas establecidas na normativa legal vixente ao respecto, e concretamente na aplicación da vacina fronte a dita enfermidade.

O persoal veterinario das ADSG tomará todas as medidas necesarias para conseguir no prazo máis breve posible a cualificación sanitaria fronte á enfermidade de Aujeszky da totalidade das granxas integradas.

Así mesmo, no caso de detectarse a presenza da enfermidade de Aujeszky nunha granxa, o persoal veterinario da ADSG presentará un plan de erradicación da enfermidade. O persoal veterinario será responsable da súa supervisión e correcta execución.

2. Controis serolóxicos nos reprodutores e no cebo, segundo corresponda coa periodicidade e porcentaxe establecidos na normativa vixente ao respecto da peste porcina clásica (en diante PPC), peste porcina africana (en diante PPA), e enfermidade de Aujeszky.

3. Control do Síndrome respiratorio e reprodutivo porcino (en diante PRRS).

3.1. Poboación incluída no programa.

No programa estarán incluídas a totalidade das explotacións integradas nas ADSG, aínda que inicialmente os controis analíticos realizaranse só nas explotacións de produción con femias reprodutoras.

Poderanse incluír nos controis analíticos aquelas explotacións de tipo cebadeiro de acordo coa situación epidemiolóxica en determinadas áreas de alta densidade porcina.

3.2. Obxectivo do programa.

O programa ten por obxectivo o coñecemento da situación sanitaria de cada explotación con reprodutoras e o establecemento duns obxectivos de control da enfermidade de acordo coa situación sanitaria inicial de cada unha desas explotacións.

3.3. Metodoloxía do programa.

3.3.1. Realización en todas as explotacións da ADSG dunha enquisa de bioseguridade específica en relación co PRRS no momento do inicio do programa de control.

3.3.2. Probas diagnósticas: realizaranse analíticas destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións con reprodutoras, clasificando os rabaños en positivos ou negativos e definíndose as actuacións a realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

Pautas xerais de mostraxe:

– Toma de mostras en explotacións con reprodutoras, co fin de determinar a situación de excreción e de exposición viral na explotación. Realizarase:

– Leitóns en parideira (2-3 semanas de vida): tomaranse 32 mostras de soro para a determinación do virus mediante a técnica PCR en pools segundo proceda.

– Leitóns en transición: tomaranse 8 mostras de soro de animais de principio e final desta fase, para a determinación do virus mediante a técnica PCR e anticorpos mediante a técnica ELISA.

Unha vez determinada a situación de excreción e exposición na explotación, realizaranse novas tomas de mostras de seguimento da situación nesas poboacións segundo o que determine o persoal veterinario da ADSG, estimándose recomendable una frecuencia de mostraxe cadrimestral.

– Toma de mostras de control de novas incorporacións: as reprodutoras de reposición externa deberán, antes da súa incorporación á explotación, realizar analíticas de PCR, individuais ou en pools segundo proceda, e de ELISA anticorpos con resultados negativos.

3.4. Estudos dos factores de risco de entrada e mantemento da infección.

3.5. Establecemento de medidas de control de acordo coa situación de partida de cada explotación e no conxunto das granxas integradas.

3.5.1. Mellora da Bioseguridade:

– Externa: na entrada de animais de reposición e de seme, entrada de vehículos, persoal, etc. Coñecemento da situación sanitaria de explotacións próximas.

– Interna: establecemento de protocolos de LDDD, utilización de vestiario e material específico de cada zona da explotación e control do acceso ás diferentes zonas.

3.5.2. Adopción de boas prácticas de manexo preventivo de control de PRSS en leitóns en lactación.

3.6. Clasificación das explotacións.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas, ata o 28 de febreiro de 2021 nos grupos que se indican a continuación:

– Explotación positiva inestable: explotación con PCR positivos (excreción positiva) e ELISA anticorpos positivos (exposición positiva).

– Explotación positiva estable: explotación con PCR dubidosos ou negativos (excreción negativa) e ELISA anticorpos positivos (exposición positiva).

– Explotación negativa: PCR negativo e ELISA anticorpos negativo (excreción e exposición negativas).

3.7. Mantemento de medidas de seguimento unha vez conseguidos os obxectivos perseguidos.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

5. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Avicultura

O persoal veterinario das ADSG de aves levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración coas actuacións que correspondan nos plans sanitarios de control, seguimento e loita (segundo corresponda) establecidos na normativa vixente e especificamente nos programas oficiais de Salmonelose e Influenza Aviaria.

Dentro do programa sanitario de control de salmonela, especificamente o control e supervisión da realización dos autocontrois establecidos na normativa vixente e a existencia nas explotacións da documentación acreditativa referente a resultados de laboratorio, subministración de aves, alimentos e auga de uso na explotación.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos: plumas, ovos, etc.

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación aos avicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou nos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de aves ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

6. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

7. Programa de control de calidade microbiolóxica que permita avaliar o estado sanitario nas incubadoras.

Cunicultura

O persoal veterinario das ADSG de coellos levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

Especificamente, o programa sanitario comprenderá as actuacións de:

1. Colaboración no cumprimento do establecido no Real decreto 1547/2004, de 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas.

a) Especificamente, levaranse a cabo programas de vixilancia e control específicos dos seguintes procesos infectocontaxiosos:

– Programa de vixilancia e control fronte a mixomatose.

– Programa de vixilancia e control fronte á enfermidade hemorráxica vírica, incluída a nova variante.

– Control de enfermidades micóticas.

– Control das parasitoses externas e internas.

b) Control e asesoramento sanitario nas condicións de bioseguridade estrutural e funcional das explotacións, cun código de boas prácticas de hixiene, con indicación das medidas de bioseguridade que se prevexa adoptar, incluíndo entre outros:

– Un programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

– A formación as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

Un programa de eliminación hixiénica de cadáveres e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano.

c) O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas nas ADSG a formación básica en materia de bioseguridade e benestar animal adecuados para os operarios.

d) Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando nas explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo coas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vados sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Gando équino

O persoal veterinario das ADSG de gando equino levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración co programa de vixilancia das enfermidades recollidas no artigo 8 do Real Decreto 804/2011, de 10 de xuño, polo que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o plan sanitario equino.

2. Colaboración no control da arterite viral equina e a metrite contaxiosa equina nos animais reprodutores con servizo a terceiros.

3. Colaboración nos programas de vixilancia e control da Febre do Nilo Occidental.

4. Programa de coñecementos básicos en materia de bioseguridade e benestar animal, axeitados para as persoas ao coidado dos animais.

5. Así mesmo as paradas de sementais ou outras explotacións nas que se leve a cabo a reprodución animal con destino aos animais doutras explotacións, comprenderá tamén formación básica na devandita materia.

6. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG das boas prácticas en materia de benestar animal.

7. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos.

8. Actuacións en relación cos programas de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto dos programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

9. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de gando ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación:

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

10. En relación co programa de control de parasitos internos e externos.

O obxectivo do programa será a detección da carga parasitaria das explotacións e/ou a toma de medidas encamiñadas a diminuír ou erradicar a presenza de parasitos nas explotacións baixo control.

Acuicultura continental

O persoal veterinario das ADSG de acuicultura continental levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Colaboración co programa de vixilancia da Septicemia Hemorráxica Viral (en diante SHV) e a necrose hematopoiética Infecciosa (en diante NHI), e da anemia Infecciosa do salmón.

2. Programa de corentena e control sanitario das incorporacións de ovos e crías.

3. Programas de control, mediante profilaxe vacinal ou tratamentos preventivos, das principais enfermidades con transcendencia na acuicultura.

4. Formación e sensibilización dos piscicultores integrantes na ADSG en relación coas enfermidades dos animais acuáticos, especialmente na detección precoz das mesmas.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

6. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

– A formación aos piscicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de animais ou outros vehículos con acceso ás explotacións da agrupación.

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vados sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Apicultura

O persoal veterinario das ADSG apícolas controlará e fomentará entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de sanidade animal, e noutros aspectos con repercusión na explotación apícola, especificamente:

1. Programa de vixilancia fronte á loque americana.

2. Programa de vixilancia fronte á loque europea.

3. Programa de control e loita fronte á varroose.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de colmeas.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nos apiarios. O programa incluirá as seguintes actuacións do persoal veterinario:

– A formación aos apicultores integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Vixilancia e control da vespa velutina.

Visóns

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as actuacións necesarias para a elevación do nivel sanitario e produtivo e das condicións zoosanitarias das explotacións, mediante o establecemento e execución de programas de profilaxe, loita contra as enfermidades dos animais e mellora das condicións hixiénicas e produtivas e de benestar animal.

O persoal veterinario das ADSG de visóns levará a cabo as seguintes actuacións:

1. Programa de loita e control fronte á enfermidade aleutiana do visón ou plasmocitose.

O persoal veterinario responsable da ADSG deberá clasificar as explotacións, en función dos resultados das probas diagnósticas realizadas ata o 28 de febreiro de 2021 segundo a clasificación establecida no programa sanitario propio da ADSG.

2. Fomento e supervisión entre as persoas titulares das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal, especificamente farase fincapé no cumprimento dos aspectos de protección animal durante o sacrificio na explotación.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres e outros subprodutos de orixe animal no destinados ao consumo humano (en diante SANDACH) (materia prima de alimentación, etc.).

4. Actuacións en relación co programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións:

– A formación ás persoas titulares das explotacións integradas na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

– Dar as pautas para realizar as operacións de LDDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a supervisión das mesmas nos casos nos que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de programas de erradicación, ou focos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Actuacións en relación co programa de control da limpeza e desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

– O persoal veterinario das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cas persoas titulares das explotacións integradas na ADSG, ou mediante o asesoramento persoal, fomentará o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos propios ou alleos que visiten as explotacións (vaos sanitarios, rodoluvios, mochilas desinfectantes...).

Outras especies

1. Deberá cumprirse coas actuacións que correspondan á ADSG en relación cos programas de erradicación de enfermidades, e realizar os programas de prevención e control que correspondan fronte ás enfermidades de maior transcendencia económica ou sanitaria na especie de que se trate.

2. O persoal veterinario das ADSG controlará e fomentará entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de limpeza, desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais nas explotacións da agrupación.

Laboratorio de análise

As mostras obtidas na execución dos programas sanitarios obrigatorios remitiranse para a súa análise ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lasapaga), ou a outros laboratorios que acrediten ter implantado un sistema de control de calidade, ata o 28 de febreiro de 2021 e teranse en conta para valorar o cumprimento do programa sanitario os informes laboratoriais emitidos na semana seguinte á data de finalización do dito programa sanitario. Neste caso, os Kits de diagnóstico para estas enfermidades terán que ter igual ou superior sensibilidade e especificidade que os utilizados no Lasapaga.

O envío de mostras ao Lasapaga, realizarase de xeito gradual e proporcionado durante todo o ano, en función do cronograma de actuacións elaborado e ás instrucións que indique o propio laboratorio, non sendo posible superar no número de mostras remitidas durante un mes máis do 15 % do total a enviar por cada ADSG durante todo o ano. O laboratorio poderá en caso necesario rexeitar os envíos de mostras cando se supere o número de mostras permitido.

As ADSG que desexen realizar analíticas correspondentes aos programas sanitarios marco obrigatorios sinalados nesta orde en laboratorios distintos ao Lasapaga, deberán comunicar expresamente este feito á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

En todos os casos, os informes dos laboratorios cos resultados analíticos obtidos deberán conservarse a disposición dos servizos veterinarios oficiais da Consellaría do Medio Rural durante un prazo mínimo de dous anos.

Programas sanitarios complementarios

As ADSG que o desexen poderán desenvolver un programa sanitario adicional, complementario ao Programa Sanitario Marco obrigatorio, este programa sanitario adicional debe estar aprobado pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de consulta co Lasapaga. En calquera caso será o Lasapaga quen determinará o número e a frecuencia da mostraxe, logo de estudo da solicitude.

En todo caso, a aprobación de programas sanitarios complementarios estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e de medios persoais e materiais do laboratorio, non realizándose nas analíticas correspondentes ao diagnóstico das enfermidades incluídas neles a redución de taxas contemplada para os programas sanitarios obrigatorios.

Presentación dos programas

Os programas sanitarios presentados polas ADSG incluirán:

– No caso de programas de control de enfermidades, explicación detallada das pautas dos tratamentos ou vacinacións a realizar, incluíndo a frecuencia das aplicacións destas, segundo os distintos tipos de animais da explotación, e os produtos que se van utilizar.

– No caso dos programas de limpidez, desinfección, desinsectación e desratización, explicación detallada dos produtos que se van utilizar e das súas pautas de aplicación.

En todos os casos, farase unha valoración económica detallada do custo deste programa, segundo as pautas establecidas.

ANEXO VII

Táboa A: tamaño da mostra requirida para detectar a presencia da enfermidade. Nivel de confianza do 95 %, prevalencia 10 %.

Tamaño do grupo

Nº de animais novos a mostrexar

<=15

Todos

16-20

16

21-40

21

41-100

25

101-250

27

+ de 251

28

Táboa B: tamaño da mostra requirida para detectar a presencia da enfermidade. Nivel de confianza do 95 %, prevalencia 2 %.

Tamaño do grupo

Nº de animais novos a mostrexar

1-50

Todos ata un máximo de 48

51-70

67

71-100

78

101-200

105

201-400

124

>400

149

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file