Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 18 de decembro de 2019, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 260 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 308,36 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antiga titular: Mariscos Antón Fernández, S.L.
Nova titular: Acuigesco, S.L. (B70604384).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 20 de decembro de 2019
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños