De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 27 de decembro de 2019
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: ANP-LU-0068/2019-V.
Interesado: Jesús Lis Algaba.
Acto notificado: iniciación.