Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (176/2019-A).

Divorcio contencioso 176/2019

Demandante: María José del Río Fernández

Procuradora: Silvia Claudia Domínguez Domínguez

Avogada: Andrea Martínez Chaves

Demandado: José Antonio Iglesias Fernández

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, por medio presente,

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso, seguido por instancia de María José Río Fernández fronte a José Antonio Iglesias Fernández, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 378.

Vigo, 19 de novembro de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 176/2019 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante María José Río Fernández, representada pola procuradora dos tribunais Silvia Domínguez Domínguez, e con asistencia letrada de Andrea Martínez Chaves, contra José Antonio Iglesias Fernández, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decisión.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Domínguez Domínguez, en nome e representación de María José Río Fernández, contra José Antonio Iglesias Fernández, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo parcialmente esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. O uso da vivenda familiar sita na rúa Tomás Alonso atribúeselle ao Sr. Iglesias Fernández mentres que o da vivenda da rúa Amaro se lle atribúe á Sra. Río Fernández.

Segundo. A Sra. Río Fernández aboará o préstamo persoal concertado coa entidade BBVA (o rematado en 000295) mentres que o Sr. Iglesias Fernández aboará os préstamos hipotecarios concertados coa entidade Caixanova (hoxe Abanca), sen prexuízo de que as cantidades así aboadas por calquera dos cónxuxes sexan tidas en conta no momento da liquidación do réxime económico matrimonial.

Terceiro. Non procede recoñecer unha pensión compensatoria a favor da Sra. Río Fernández.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se realice a súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E encontrándose o dito demandado, José Antonio Iglesias Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 8 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza