Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 86/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 86/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento, antecedentes de feito e parte dispositiva se xuntan:

Na cidade da Coruña, 2 de xaneiro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos estes autos sobre despedimento por instancia de Alberto Fernández Gil, que comparece representado polo letrado Sr. Quintáns López, contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

«Sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante, Alberto Fernández Gil, presentou con data do 29 de xaneiro de 2019 demanda que por quenda correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, acababa suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 27 de novembro de 2019 e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez rematado o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Alberto Fernández Gil contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 31 de decembro de 2018 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade – salvo erro ou omisión– de dous mil nove euros e cincuenta e nove céntimos (2.009,59 euros) e co aboamento, só no caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, na contía de corenta e dous euros e noventa e nove céntimos (42,99 euros) diarios. Advírtese de que a dita opción se deberá efectuar no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non e firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lles notifique.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou causa habente seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gesprobar Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza