De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto 1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Estas axudas foron concedidas coas solicitudes presentadas ata o 1 de setembro de 2019, de acordo co artigo 11.3 da citada orde.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (DOG núm. 24, do 4 de febreiro de 2019).
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
1. Finalidade: axudas a proxectos colectivos que contribúan á conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
2. Financiamento: aplicación orzamentaria 15.03.723A.770.1, proxecto contable 201600293, cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e o 25 % pola Comunidade Autónoma.
3. Beneficiarios e axudas concedidas de solicitudes presentadas ata o 1 de setembro de 2019:
Expediente |
NIF |
Entidade beneficiaria |
Anualidade 2019 |
Anualidade 2020 |
Total |
PE209B_2019_027 |
G36013712 |
Confraría de pescadores de Bueu |
12.225.50 € |
|
12.225.50 € |
PE209B_2019_028 |
V36016962 |
Confraría de pescadores de Pontevedra |
15.265,00 € |
|
15.265,00 € |
PE209B_2019_030 |
G15032642 |
Confraría de pescadores de Rianxo |
44.733,75 € |
|
44.733,75 € |
PE209B_2019_031 |
G15033103 |
Confraría de pescadores de Camariñas |
|
17.917,32 € |
17.917,32 € |
PE209B_2019_032 |
G15035108 |
Confraría de pescadores de Mugardos |
|
80.000,01 € |
80.000,01 € |
PE209B_2019_033 |
G15035108 |
Confraría de pescadores de Mugardos |
|
47.420,59 € |
47.420,59 € |