Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a José Manuel Rodríguez Losada para unha granxa de cría de porcos en ciclo pechado (expediente 2019-IPPC-M-177).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Revisión de autorización ambiental integrada con nº de rexistro 2013-IPPC-56-298 correspondente á explotación porcina en ciclo cerrado no lugar da Lomba-Ganade. TM de Xinzo de Limia (Ourense). Xullo 2019.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-177.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2013-IPPC-56-298.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: José Manuel Rodríguez Losada.

Enderezo da instalación: lugar A Lomba, parcela nº 886, polígono nº 510, Ganade, Xinzo de Limia, Ourense.

Actividade principal: o ciclo produtivo desenvólvese en dúas liñas de produción paralelas. Por unha parte, a produción de leitóns destetados e, por outra, a produción de porcos cebados para matadoiro.

Verteduras: as augas residuais dos aseos e vestiarios, as augas da limpeza e as augas residuais da vivenda unifamiliar xestiónanse de xeito conxunto coas dexeccións dos animais. As augas pluviais recóllense mediante canais perimétricos, garantindo a recollida e evacuación destas augas de xeito limpo.