Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6039

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento PL500B).

BDNS (Identif.): 492955.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.

Segundo. Obxecto

O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto, naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2019/20 (código de procedemento PL500B).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento PL500B).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 23.833 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo