Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6106

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle de ordenación de volumes e condicións da edificación da parcela dotacional pública QG-41. Matadoiro municipal (expediente 631/2018/136).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de ordenación de volumes de condicións da edificación da parcela dotacional pública QG-41. Xuño 2019 (matadoiro municipal), redactado polo arquitecto César Fernández Bellón, núm. col. 3743 do COAG, promovido por Carniceiros da Coruña, S.A. (Carnicosa).

Segundo. Ordenar as publicacións e a realización dos trámites administrativos recollidos no artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para proceder á eficacia do acto de aprobación definitiva e á entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor da actuación e aos departamentos municipais interesados na aprobación do documento.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamento vixente ou ben, desde a mesma web, a través de «Visor estado desenvolvemento PXOM 2013».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/19, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo