Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2019/16 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Quesería Entrepinares, S.A.U.

Domicilio social: polígono empresarial das Gándaras-parcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: modificación de instalación eléctrica de LMT, CT e RBT para a ampliación do parque empresarial de Vilalba (Entrepinares).

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV con orixe no CT proxectado e final no CS proxectado, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo RHZ1-240.

• Centro de transformación polígono Entrepinares prefabricado, cunha potencia máxima admisible de 400 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• Centro de seccionamento proxectado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor.

• Canalización soterrada para a ampliación do parque empresarial de Vilalba, con orixe nunha arqueta existente e final nunha arqueta proxectada (a LMT é obxecto doutro proxecto (33-2019 AT).

• RBT soterrada con orixe no CT proxectado e final nas CXP das parcelas por electrificar, cunha lonxitude de 130 metros en condutor RV-95 e 230 metros de RV-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e ás súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Lugo, 11 de decembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo