Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6522

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO de 20 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS1902).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 abril) (en diante, LOU), no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

CS1902. Profesor/a asociado/a cc. da saúde (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 20 de xaneiro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médica: Cardiocirculatorio

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médica: Cardiocirculatorio. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Cardioloxía/Cirurxía Cardíaca/Anxioloxía e Cirurxía Vascular.

Praza nº 2.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-02

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médica: Respiratorio

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médica: Respiratorio. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Pneumoloxía/Cirurxía Torácica.

Praza nº 3.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-03

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía funcional e ciencias da saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina, farmacia, bioloxía e químicas

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médica: Endócrino e Inmunoloxía

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médica: Endócrino e Inmunoloxía. Facultativo da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Endocrinoloxía/Análises Clínicas/Inmunoloxía/Anatomía Patolóxica/Microbioloxía/Hematoloxía

Praza nº 4.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-04

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médica: Nefrourolóxico

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médica: Nefrourolóxico. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Nefroloxía/Uroloxía

Praza nº 5.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-05

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica: Dixestivo

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica: Dixestivo. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Aparello Dixestivo/Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo

Praza nº 6.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-06

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica: Locomotor

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica: Locomotor. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía/Medicina Física e Rehabilitación/Reumatoloxía

Praza nº 7.

Referencia:

CS1902-C01-610-AC-P3-07

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

profesor/a asociado/a cc. da saúde

Área de coñecemento:

Medicina

Departamento:

Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

Titulación:

licenciatura/grao en medicina

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo)

Dedicación:

tempo parcial de 3 horas

Duración contrato:

2º semestre

Perfil/docencia:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica

Observacións:

Estrutura e Patoloxía Médico-Quirúrxica: Sistema Nervioso e Órganos sentidos. Médico da Área Sanitaria de Vigo especialista en: Neuroloxía/Neurocirurxía/ORL/Oftalmoloxía/Neurofisioloxía