Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 203/2019).

Execución de títulos xudiciais (ETX 203/2019)

Procedemento de orixe: despedimentos/cesamentos en xeral 885/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Cristina Brión Collazo

Graduada social: Mónica da Palma Sánchez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, José Ramón Collazo Yáñez

Avogados: letrado de Fogasa (...)

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 203/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Brión Collazo contra José Ramón Collazo Yáñez, sobre despedimento, se ditou auto e decreto en data 13 e 14 de xaneiro de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Cristina Brión Collazo coa empresa José Ramón Collazo Yáñez, e condénase esta a que lle aboe á executante a cantidade de 2.704,33 euros en concepto de indemnización e 9.834,30 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do social número 3 de Santiago de Compostela.

E a parte dispositiva do decreto:

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado á parte executante Cristina Brión Collazo e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0203 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0203 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

Letrada da Administración de xustiza»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a José Ramón Collazo Yáñez, expido o presente.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza