Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2019/00438 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2020

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Orde do 22.3.2016)
Patricia Rodríguez Franco
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2019/00438

49684131Z

566691359

AC-2019/00556

44446992K

AV044071

AC-2019/00603

47373496M

7066811

AC-2019/00669

35940404Y

40778752M

AC-2019/00696

53162294W

FX106790