Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7448

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECIÓN DE ERROS. Orde do 30 de setembro de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre.

Advertido erro na Orde do 30 de setembro de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, publicada no Diario Oficial de Galicia número 195, do 14 de outubro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 45192, nas epígrafes título, introdución, disposición e anexo, onde di: «Quenda de acceso libre», debe dicir: «Quenda de acceso libre e mobilidade».