Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A., para unha fábrica de produción de formaldehido e colas no concello de Caldas de Reis (expediente 2018-IPPC-M-100).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31.12.2016) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, de 19.10.2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Revisión de la autorización ambiental integrada. Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.U. 2004/0193_AIA/IPPC_021. Noviembre 2019.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2018-IPPC-M-100.

Número da autorización ambiental integrada: 2004/0193_AIA/IPPC_021.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 4.1.b), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.

Dirección da instalación: avda. Dona Urraca, nº 91. Apartado de correos 8, 36650 Caldas de Reis, Pontevedra.

Actividade principal: a fábrica dedícase á produción de formaldehido, resinas derivadas de formol, colas de acetato de polivinilo, aditivos, catalizadores, dispersións, emulsións e pinturas para a industria da madeira.

Verteduras: á EDAR da fábrica estanse a dirixir, mediante canalizacións independentes, as augas residuais relacionadas co proceso produtivo e o almacenamento de materias (augas pluviais de arrastre, purgas e augas de limpeza). Unha vez finalizado o proceso de depuración físico-químico e biolóxico (anaerobio e aerobio), as augas depuradas diríxense a unha balsa impermeable pulmón para o seu almacenamento ata seren reempregadas integramente na fábrica (circuíto de refrixeración, outros...). As augas residuais que se xeran nos aseos e oficinas estanse a dirixir á rede xeral de saneamento do concello de Caldas de Reis a través dun colector.