Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos de documentación efectuados polo persoal da Inspección do Transporte Terrestre.

O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas actividades se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, mero expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercadorías, os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polo seus preceptos estarán obrigadas a facilitar ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos de Inspección do Transporte Terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.

Intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os requirimentos de documentación do persoal de Inspección do Transporte Terrestre ás empresas que a continuación se citan e respecto do período que se indica.

A documentación deberá presentarse no prazo de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ante o Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, sancionándose de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou artigo 141.4 da Lei 16/1987 de ordenación dos transportes terrestres.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2020

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Empresa requirida

Documentación requirida

Período de

tempo requirido

53114132W

– Documentación acreditativa da integración laboral do condutor do vehículo, Cherki

El Hariri, con NIE X4953552, na organización da empresa titular da autorización ou do vehículo no caso de que estea exento, na data da denuncia (TC-1 e TC-2 da Seguridade Social, salvo que devandito traballador estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos, de acordo co previsto no artigo 305 do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, caso en que deberá achegar xustificante de cotización ao réxime de traballadores autónomos, así como xustificante da relación familiar ata o segundo grao coa persoa titular da autorización, ou, no caso de sociedades capitalistas, xustificación do exercicio de funcións de dirección ou control efectivo da empresa que xustifiquen a dita inclusión).

– Documentación que acredite suficientemente que a mercadoría transportada no momento do control era propiedade da empresa ou que a compraba, vendido, dado ou tomado en alugamento, producido, extraído, transformado ou reparado (facturas, albarás e recibos de mercadoría) e que o transporte tiña orixe ou destino nun dos lugares en que a empresa desenvolve traballos relacionados coa súa actividade principal.

31.7.2019