Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7776

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2019.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 23 de xaneiro de 2020, procede efectuar a seguinte corrección:

No punto segundo, páxina 3987, onde di:

«Os/as aspirantes que participen no proceso pola quenda de promoción interna, así como os que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios, accederán ao recinto pola porta 0».

Debe dicir:

«Os/as aspirantes que teñan autorizada polo órgano de selección unha adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios accederán ao recinto pola porta 0».