Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7587

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

A Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 44 punto 1, establece que anualmente se convocarán polo menos dúas probas para que as persoas maiores de dezaoito anos poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

En consecuencia, e ao abeiro da orde de referencia,

RESOLVO:

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2020, con código de procedemento administrativo ED540A, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeira. Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Segunda. Forma, lugar e prazos de presentación

1. Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros, que constituirán tribunais para avaliar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

a) A Coruña:

– Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

b) Ferrol:

– Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

c) Santiago de Compostela:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

d) Carballo:

– IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.

e) Lugo:

– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

f) Ourense:

– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

g) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

h) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

i) O Porriño:

– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

j) Tui:

– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

k) Vilagarcía de Arousa:

– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

4. Cando nos centros autorizados o número de persoas matriculadas exceda a capacidade dos espazos dispoñibles para realizar a proba, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que corresponda establecerá o centro ou centros en que os matriculados realizarán a proba.

5. No suposto anterior, o centro en que se formalice a matrícula elaborará listaxes definitivas de admitidos diferenciadas para cada centro en que deben presentarse para realizar as probas. As listaxes organizaranse seguindo criterios de orde alfabética, por grupos de letras.

6. Para a realización das probas, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá agrupar nun único tribunal os aspirantes inscritos en dous ou máis centros, en caso de que o seu número non xustifique a creación dun tribunal.

Terceira. Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos puntos 2, 3 e 4 da epígrafe décimo terceira desta resolución.

b) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.

c) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 3 da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Certificado do grao de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de solicitar adaptación da proba.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Quinta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, co finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida do procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Sexta. Persoas con necesidades educativas especiais

1. As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

2. A xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que poderá delegar no presidente ou na presidenta do tribunal, determinará se procede adoptar medidas ou facilitar recursos adicionais, e informará a persoa interesada e o tribunal correspondente da súa decisión.

Sétima. Exención de lingua galega

1. Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria.

2. As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, segundo o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo na ensinanza non universitaria de Galicia.

3. O director ou a directora do centro onde presente a solicitude, de conformidade co artigo 19 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, resolverá sobre a concesión ou a denegación da exención, fará pública tal circunstancia cando se publiquen as listas provisionais de admitidos e comunicarallo ao presidente ou á presidenta do tribunal que corresponda.

4. Contra a resolución da dirección do centro cabe interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante o xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Oitava. Listas de admitidos e reclamacións

1. No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles para a reclamación, contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista de admitidos. Transcorrido ese prazo, publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. O día hábil seguinte ao da publicación da lista definitiva de persoas admitidas, os directores ou directoras dos centros en que se realizou a matrícula deberán comunicar o número de aspirantes que solicitan a realización da proba ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es, do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas, pertencente á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Tamén deberán comunicarllo á respectiva xefatura territorial.

Novena. Notificacións

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibiren notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décima. Realización das probas

1. As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas, e os seus contidos terán como referente curricular os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliables establecidos para cada un dos ámbitos de coñecemento no anexo IB da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia, e ten como marco de referencia o establecido para a educación secundaria obrigatoria no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.

3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.

Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua Galega e Literatura.

a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua galega e literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

4. Seguindo as indicacións do equipo directivo dos centros onde se realizan as probas, o profesorado terá que colaborar nas tarefas de vixilancia dos exames.

Décimo primeira. Normas de realización das probas

1. Para a realización das probas, as persoas inscritas acreditarán a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

2. Na proba do ámbito científico-tecnolóxico o alumnado poderá utilizar calculadora. Non se poderán utilizar calculadoras programables nin aquelas que permitan a resolución de ecuacións ou a almacenaxe de datos alfanuméricos. En caso de dúbida, o Tribunal poderá revisar a calculadora para a súa valoración.

3. Non se permitirá o uso do teléfono móbil, smartwatch nin ningún outro dispositivo electrónico, agás o mencionado no punto anterior. No caso dos reloxos intelixentes, non se permitirá o seu acceso para a súa utilización como un reloxo convencional.

4. As persoas aspirantes, unha vez resolta cada proba, que será de respostas pechadas, trasladarán as opcións elixidas a unha folla de respostas. Entregarán esta xunto co protocolo de exame.

Décimo segunda. Tribunais

1. Cada tribunal estará constituído por un presidente ou presidenta e catro vogais, designados polo xefe ou xefa territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Na composición do tribunal garantirase que existan dous vogais que impartan docencia no ámbito de comunicación, un deles de idioma estranxeiro, e outros dous que impartan docencia nos ámbitos científico-tecnolóxico e social.

2. Os membros do tribunal poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

3. O tribunal facilitaralles aos aspirantes con ámbitos superados unha certificación coas cualificacións obtidas ou de proposta para a expedición do título, utilizando o anexo III desta resolución, e cubrirá a ficha estatística, que se xunta como anexo IV, para enviala á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa antes do próximo 10 de xullo, para a convocatoria de xuño, e antes do 30 de outubro, para a convocatoria de setembro.

4. Logo de rematado o proceso de avaliación, a Presidencia do tribunal entregará na Secretaría do centro as actas de avaliación e demais documentación relacionada coas probas para a súa tramitación e custodia. A partir dese momento, serán o director ou directora e o secretario ou secretaria do centro os que, á vista dos documentos custodiados, asinen todas as certificacións relacionadas coa realización das probas no ano 2020 e cos seus resultados.

Décimo terceira. Avaliación, validación de ámbitos e puntuación das probas

1. O profesorado que compoña o tribunal realizará a avaliación das probas por ámbitos de coñecemento. Por iso, os dous vogais pertencentes ao ámbito de comunicación repartirán o número de exames de maneira equitativa.

2. As persoas para quen o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas no ámbito ou nos ámbitos superados nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

3. De acordo coas especificacións establecidas no anexo II, as persoas aspirantes que acrediten ter superado algún ámbito nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria en convocatorias anteriores, algún módulo número catro dos ámbitos de educación secundaria de persoas adultas, algún módulo voluntario dos programas de cualificación profesional inicial ou algún ámbito dos programas de diversificación curricular de cuarto curso quedarán eximidas da realización da proba no ámbito ou ámbitos superados. A cualificación deses ámbitos consignarase nas actas de avaliación das probas nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

4. Quen acredite ter superadas algunhas materias do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria ou de segundo curso de bacharelato unificado polivalente (establecido na Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación), de acordo tamén coas especificacións do anexo II, quedará eximido da realización das probas do ámbito ou ámbitos correspondentes. Neste caso, as cualificacións consignaranse co resultado da media aritmética desas materias, redondeada á unidade máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior.

5. A cualificación de cada ámbito outorgarase consonte a seguinte escala:

a) Ámbito científico-tecnolóxico.

Puntuación máxima: 55 puntos.

b) Ámbito social.

Puntuación máxima: 25 puntos.

c) Ámbito de comunicación.

Lingua Galega e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

Lingua estranxeira.

Puntuación máxima: 20 puntos.

Puntuación máxima: 20 puntos.

Puntuación máxima: 20 puntos.

Puntuación máxima: 20 puntos.

Puntuación máxima: 20 puntos.

Total máxima puntuación: 100 puntos.

6. Cualificación dos ámbitos:

a) Científico-tecnolóxico.

Puntuación

Cualificación

52 a 55 puntos

47 a 51,99 puntos

42 a 46,99 puntos

37 a 41,99 puntos

32 a 36,99 puntos

27 a 31,99 puntos

Menos de 27:

21 a 26,99 puntos

14 a 20,99 puntos

7 a 13,99 puntos

0 a 6,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

b) Comunicación.

Puntuación

Cualificación

95 a 100 puntos

86 a 94,99 puntos

77 a 85,99 puntos

68 a 76,99 puntos

59 a 67,99 puntos

50 a 58,99 puntos

Menos de 50:

37,5 a 49,99 puntos

25 a 37,49 puntos

12,5 a 24,99 puntos

0 a 12,49 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

c) Social.

Puntuación

Cualificación

23 a 25 puntos

21 a 22,99 puntos

19 a 20,99 puntos

17 a 18,99 puntos

15 a 16,99 puntos

12 a 14,99 puntos

Menos de 12:

9 a 11,99 puntos

6 a 8,99 puntos

3 a 5,99 puntos

0 a 2,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

7. No caso das persoas exentas da proba de Lingua Galega, a puntuación máxima que se outorgará ao ámbito de comunicación será esta:

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

Lingua estranxeira.

Puntuación máxima: 20 puntos

Puntuación máxima: 20 puntos

Puntuación máxima: 20 puntos

Total máxima puntuación: 60 puntos

Cualificación do ámbito de comunicación para o alumnado exento de galego:

Puntuación

Cualificación

55 a 60 puntos

50 a 54,99 puntos

45 a 49,99 puntos

40 a 44,99 puntos

35 a 39,99 puntos

30 a 34,99 puntos

Menos de 30:

22,5 a 29,99 puntos

15 a 22,49 puntos

7,5 a 14,99 puntos

0 a 7,49 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

8. Cualificación global da proba.

a) Os días 11 de xuño e 10 de setembro de 2020, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias.

b) Contra a cualificación provisional poderase presentar reclamación ante a Presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.

c) Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe de cualificacións, que será publicada os días 19 de xuño e 18 de setembro de 2020 no enderezo web http://www.edu.xunta.gal.

d) Contra a listaxe definitiva da proba poderase interpor no prazo dun mes recurso de alzada ante o xefe ou xefa territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

e) As persoas aspirantes que superen os tres ámbitos da proba serán propostas polo centro para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, a través da aplicación de xestión administrativa de centros (XADE).

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

missing image file
missing image file

ANEXO II

Equivalencias entre ensinanzas ou probas superadas e as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Sistema actual

Sistemas educativos anteriores

Ámbitos exentos

Materias de educación secundaria obrigatoria de 4º de ESO

(Decreto 86/2015, do 25 de xuño)

Módulos dos ciclos da formación profesional básica definidos pola Lei orgánica 8/2013

Materias de educación secundaria obrigatoria de 4º de ESO

(Decreto 133/2007, do 5 de xullo)

Materias e ámbitos do programa de diversificación curricular de 4º de ESO (Orde do 30 de xullo de 2007)

4º módulo (nivel II) dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas ou módulos volunta- rios de PCPI

4º módulo dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas, currículo LOXSE

Materias de 2º curso de BUP

(Lei 14/1970, do 4 de agosto)

Ámbito de comunicación

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Primeira ou segunda lingua estranxeira

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, primeira ou segunda lingua estranxeira

Ámbito lingüístico-social e a materia de lingua estranxeira

Comunicación

Comunicación

Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, e lingua estranxeira

Ámbito social

Xeografía e Historia

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ciencias Sociais e Xeografía e Historia

Ámbito

lingüístico-social

Social

Da sociedade

Xeografía Humana e Historia

Ámbito científico- tecnolóxico

Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

(no caso de non ter cursado algunha das materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Matemáticas e, polo menos, dúas materias das seguintes:

– Tecnoloxía

– Bioloxía e Xeoloxía

– Física e Química

Ámbito

científico-técnico e a materia de Tecnoloxía

Científico-tecnolóxico

Ámbito tecnolóxico-matemático

Ámbito da natureza

Matemáticas e Física e Química

ANEXO III

Don/Doña.......................................................................................................................

Don/Dona

Como secretario/a del tribunal de las pruebas para la

Como secretario/a do tribunal das probas para a

obtención del título de graduado en educación secundaria obligatoria, celebradas en el

obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, que tiveron lugar no

centro ...................................................... de ........................................,

centro ...................................................... de ........................................,

el día ..... de .................... de 2020.

o día ...... de .................... de 2020.

CERTIFICO QUE, de acuerdo con lo que figura en las actas de estas pruebas,

CERTIFICO QUE, consonte o que figura nas actas destas probas,

Don/Doña.......................................................................................................................

Don/Dona

con DNI número............................ ha obtenido las siguientes calificaciones:

con DNI número............................ obtivo as seguintes cualificacións:

ÁMBITO DE LA COMUNICACIÓN ______________________________

ÁMBITO DA COMUNICACIÓN

ÁMBITO CIENTÍFICO-TECNOLÓGICO___________________________

ÁMBITO CIENTÍFICO- TECNOLÓXICO

ÁMBITO SOCIAL______________________________________________

ÁMBITO SOCIAL

A la vista de estos resultados, el/la aspirante (ha sido/no ha sido) propuesto para la obtención

Á vista destes resultados, o/a aspirante (foi/non foi) proposto para a obtención

del título de graduado en educación secundaria.

do título de graduado en educación secundaria.

......................................, ....................... de .................. de 2020.

Vº Bº El/la presidente/a (Sello del centro) El/la secretario/a

Vº e prace O/a presidente/a (Selo do centro) O/a secretario/a

Fdo. .......................................... Fdo. ..................................

Asdo. ......................................... Asdo. .................................

ANEXO IV

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Ficha de estatística

Centro: ........................................... Localidade ............................ Provincia ........................

Data de realización da proba: ........................................... de .................................. de 2020

Número total de aspirantes inscritos/as ...........

Número total de aspirantes presentados/as ...........

Número total de aspirantes propostos/as para título ...........

1. Número total de aspirantes presentados/as, segundo idade e sexo

Idade

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

2. Persoas con necesidades educativas especiais, segundo idade e sexo

Idade

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

3. Número total de aspirantes presentados/as que se propoñen para a obtención do título de graduado en educación secundaria

Idade

Ata 19

20 a 25

26 a 30

31 a 35

36 a 44

45 a 54

55 a 64

Máis de 64

Homes

Mulleres

Total

Asdo.: _________________________