De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ao seguinte encargo a medios propios coas seguintes características:
– Resolución do 2 de decembro de 2019, do director do Fogga, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a prestación do servizo de apoio técnico para a colaboración instrumental co Fogga na xestión de axudas do programa de actuacións para a aplicación da PAC en Galicia no exercicio 2020.
– Actividade: realización dos traballos de reforzo vinculados á colaboración instrumental na xestión de axudas do programa de actuacións para a aplicación da PAC no exercicio 2020, referentes aos labores de apoio en servizos auxiliares, relativos á xestión de expedientes ou de asistencia nos controis a que está sometido o organismo pagador.
– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio, ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e o número 2 da disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2020.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 14.80.713F.640.1 e código de proxecto 2013 0002.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2020
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria