Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de técnico de xestión.

No Boletín Oficial da provincia núm. 244, do 24 de decembro de 2019, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, encadrado na escala de Administración xeral, subescala de xestión, baixo a denominación técnico de xestión, da oferta de emprego público de 2017, publicada no BOP nº 243, o 26 de decembro de 2017, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 3 de xaneiro de 2020

José Luis Oujo Pouso
Alcalde