Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente-e. IN407A 2019/231-1).

Expediente-e,: IN407A 2019/231-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LMTA MEA802 entre os apoios números 28 e 29, no lugar da Vicoña.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

– Retensado de liña eléctrica de media tensión aérea MEA802 entre os apoios núm. 27 e núm. 28 a 20 kV cunha lonxitude de 50 m, coa orixe no apoio núm. 27 existente da LMT MEA802 no treito entre o CT Cancelo (expediente 2016/762-1) e a derivada ao CT tanatorio Ortigueira (expediente 232/02), condutor tipo LA-110 mm² Al (existente) e remate no apoio núm. 28 proxectado da LMT MEA802 no treito entre o CT Cancelo (expediente 2016/762-1) e a derivada ao CT tanatorio Ortigueira (expediente 232/02).

– Treito de liña eléctrica de media tensión soterrada MEA802 ao CT tanatorio Ortigueira a 20 kV de 185 m, coa orixe no paso aéreo a soterrado para realizar no apoio núm. 28 proxectado, para intercalar na LMT MEA802 no treito entre o CT Cancelo (expediente 2016/762-1) e a derivada ao CT tanatorio Ortigueira (expediente 232/02) e remate en empalmes proxectados na LMTS MEA802 que alimenta ao CT tanatorio Ortigueira (expediente 232/02), en condutor RHZ1 2 OL 12/20 kV 1×240 mm² Al.

– Desmantelamento do treito de liña eléctrica de media tensión aérea MEA802 (liña Ortigueira) con condutores existente tipo LA-110 e LA-56 e de nove apoios de formigón sendo a lonxitude total do treito para retirar de 888 metros.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/231-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LMTA MEA802 entre os apoios números 28 e 29, no lugar da Vicoña.

Concello: Ortigueira.

– Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Paraxe: Horta de Arriba.

Cultivo: piñeiral.

Propietario: Francisco Mariño Gómez.

– Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 28.

• M²: 9.0.

– Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 4.0.

• M² soterrados: 12.0.