Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2020, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes do Programa do bono de alugueiro social.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouse pola director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2020

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

15-BONAL-155/2019

46910330J

Requirimento documentación

15-BONAL-175/2019

32692632H

Requirimento documentación

15-BONAL-112/2019

47403383S

Resolución desistencia

15-BONAL-128/2019

32678118V

Resolución desistencia

15-BONAL-130/2019

47364610C

Resolución desistencia

15-BONAL-140/2019

Y2269048C

Resolución desistencia

15-BONAL-150/2019

32716869J

Resolución denegación