Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 8999

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2020 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 8 de xaneiro de 2020, da Consellería de Facenda (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 30 de xaneiro de 2020 no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2020, empezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «S».

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda