Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 181/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 181/2019 deste xulgado do social, contra a empresa Rodríguez y Baña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Na cidade da Coruña o 17 de xaneiro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Francisco Javier Varelea Imia, que comparece representado pola letrada Sra. López Rey, contra a empresa Rodríguez y Baña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante, Francisco Javier Varela Imia, presentou o 22.2.2019 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 15.1.2020 e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta por Francisco Javier Varela Imia contra a empresa Rodríguez y Baña, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 4.2.2019 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade -s. e. ou o. - de dezaseis mil catrocentos corenta e tres euros e trinta céntimos (16.443,30 €), e con aboamento, só en caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de sesenta euros e corenta céntimos (60,40 €) diarios, advertindo que a antedita opción deberá efectuarse no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rodríguez y Baña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza