Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9323

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a dous convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, e a Fundación Amancio Ortega Gaona (FAO) para a construción dunha rede de centros públicos de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa Como na casa.

A construción dunha rede de centros públicos de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa Como na casa.

13.9.2019

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos.

A colaboración a través do financiamento do programa da entidade Soporte vital ás familias con nenas/os con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. Este programa ten como finalidade a de dispensar a axuda necesaria para que estas familias poidan facer fronte aos gastos que se produzan polo tratamento médico dos menores tanto no fogar familiar como nos distintos hospitais de España, facilitando que poidan afrontar os gastos de traslado, a asistencia privada a sesións de fisioterapia, a sesións de logopedia, a sesións de musicoterapia, os gastos en equipamentos ortopédicos e os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenas e nenos con diversidade funcional.

20.9.2019

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

A colaboración a través do financiamento do programa da entidade que ten como finalidade a prestación de apoio ás familias formadas por un único proxenitor con fillos e fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais, favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, a súa asistencia a actividades de formación laboral e/ou formación continua, posibilitar o autoemprego, promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional e previr situacións de risco social e axudar á crianza dos nenos e nenas favorecendo a súa socialización.

20.9.2019

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do programa Promociona.

A colaboración a través do financiamento do programa Promociona que promove e desenvolve a Fundación Secretariado Gitano, destinado ao apoio ás familias con menores en idades escolares para mellorar as condicións do ámbito da educación no propio fogar apoiando os alumnos e alumnas xitanos/as e as súas familias co fin de reducir o abandono escolar.

20.9.2019

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Ingada, Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividades e Trastornos Asociados (Ingada) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias no ano 2019.

A colaboración a través do financiamento do proxecto de asesoramento ás familias de membros con TDAH e trastornos asociados desenvolvido pola entidade e que ten como finalidade que estas poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social para o que se artellarán programas de carácter preventivo que contribúan á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar.

20.9.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2019 na Coruña.

Establecer as condicións polas que se rexe a colaboración entre o Consello Xeral de Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta na Coruña, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios mensualmente.

10.12.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial en Lugo durante o ano 2019.

Establecer as condicións polas que se rexe a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal, para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial gratuíta en Lugo.

10.12.2019

Sen custo

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2019 en Ourense.

Establecer as condicións polas que se rexe a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ourense, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios.

10.12.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2019 en Ferrol.

Establecer as condicións polas que se rexe a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ferrol, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios mensualmente.

10.12.2019

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante ou ano 2019 nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

Establecer as condicións polas que se rexe a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa, mediante a constitución dun equipo de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a (así como os/as respectivos/as suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade), que serán designados/as polos respectivos colexios.

10.12.2019

40.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2020 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

Manter o marco de colaboración para o ano 2020 entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa Avaliación e tratamento terapéutica de menores en situación de risco ou desamparo.

11.12.2019

235.019,37 €

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións no medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

Modificar a cláusula oitava do convenio asinado o 1 de setembro de 2016, referida ao réxime de vixencia, prorrogando o devandito convenio ata o 31 de maio de 2020.

16.12.2019

196.169,05 €

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro Concepción Arenal.

Modificar a cláusula novena do convenio asinado o 1 de setembro de 2016, referida ao réxime de vixencia, prorrogando o devandito convenio ata o 30 de abril de 2020.

16.12.2019

778.666,67 €

Acordo de prórroga para o ano 2020 do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para a atención residencial de menores no centro Emilio Romay.

Manter o marco de colaboración para o ano 2020 entre a Consellería de Política Social e a Deputación da Coruña para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Emilio Romay da Coruña.

30.12.2019

325.904,85 €

Acordo de prórroga para o ano 2020 do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e a Deputación de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Cidade infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.

Manter o marco de colaboración para o ano 2020 entre a Consellería de Política Social e a Deputación de Pontevedra para a atención residencial de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia no seu centro Cidade Infantil Príncipe Felipe.

30.12.2019

782.303,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela no desenvolvemento dun programa de captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela a través do financiamento dun programa para desenvolver no ano 2020, dirixido á captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con menores que teñan que cumprir unha medida de convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, posibilitando o mantemento dunha rede que permita en todo momento a execución das medidas deste tipo que dite o xulgado de menores de Pontevedra.

30.12.2019

23.000,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2020 entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do programa Integración Familiar.

A colaboración coa entidade a través do financiamento do programa de integración familiar para o ano 2020 nas catro provincias da Comunidade Autónoma para a adecuada atención e protección á familia e á adolescencia por parte das súas familias, a través dunha intervención integral e especializada no propio contexto da familia afectada, estimulando capacidades, corrixindo déficits, promovendo cambios e reparando danos.

30.12.2019

630.671,21 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban), para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas.

A colaboración, a través do financiamento á entidade para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade.

17.10.2019

67.980,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades durante o ano 2019.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración para o financiamento do mantemento da entidade e a realización de actividades culturais e recreativas e a celebración do Día do Xubilado dirixidas ás persoas maiores que desenvolve a UDP de Lugo no ano 2019.

3.9.2019

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o financiamento da realización dun programa de mediación social e comunicativa con persoas xordas en risco de dependencia no medio rural e semiurbano en Galicia no ano 2019.

A colaboración a través da contribución pola consellería ao financiamento das actuacións que FAXPG ten previsto desenvolver durante o ano 2019 para a realización dun programa de mediación social e comunicativa con persoas xordas en risco de dependencia no medio rural e semiurbano da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.9.2019

79.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Aspace Coruña para o financiamento do servizo de información e asesoramento sobre medidas de protección para persoas con parálise cerebral e as súas familias no ano 2019.

A colaboración por parte da consellería no financiamento do servizo de información e asesoramento da Fundación Aspace Coruña sobre medidas de protección para persoas con parálise cerebral e as súas familias.

16.9.2019

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín para o financiamento da realización de actividades no centro ocupacional de Verín.

A colaboración a través da contribución ao financiamento por parte da consellería das actuacións que a Fundación para a Protección dos Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín ten previsto desenvolver durante o ano 2019 para a realización de actividades no centro ocupacional de Verín.

4.10.2019

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega San Francisco (Agasfra) para o financiamento do programa Remuda xeracional nas familias con persoas con discapacidade intelectual no ano 2019.

A colaboración por parte da consellería no financiamento do programa Remuda xeracional nas familias con persoas con discapacidade intelectual.

7.10.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2019.

A colaboración por parte da consellería no financiamento do programa de formación das persoas maiores, a través dun proxecto de desenvolvemento científico-cultural, dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.

9.10.2019

28.875,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena inclusión Galicia) para o financiamento do acto conmemorativo «40 anos de inclusión».

A colaboración por parte da consellería no financiamento do acto conmemorativo «40 aniversario. 40 anos de inclusión» da entidad.

10.10.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Por eles Tea Ourense – Petea para o financiamento dun programa de intervención ocupacional e psicoeducativa (infanto-xuvenil) para persoas con trastornos do espectro autista.

A colaboración a través da contribución ao financiamento por parte da consellería dun programa da entidade consistente na intervención ocupacional e psicoeducativa (infantil-xuvenil) para persoas con trastornos do espectro autista, durante o ano 2019.

14.10.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Meaño de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal no ano 2019.

A colaboración a través do financiamento por parte da consellería das actuacións que o Concello de Meaño ten previsto desenvolver durante o ano 2019, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

15.10.2019

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dun proxecto de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural.

A colaboración a través da contribución por parte da consellería no desenvolvemento dun proxecto de empoderamento da persoa con discapacidade residente en contornas rurais contando cunha metodoloxía de intervención á persoa desde a idade temperá, de cara a promover ao máximo as súas capacidades e habilidades funcionais.

25.10.2019

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Salvaterra de Miño para a reforma dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia.

A colaboración no financiamento pola consellería para a execución da reforma dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e atención á dependencia no Concello de Salvaterra de Miño.

5.11.2019

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Down Galicia para a execución do proxecto Evolución e necesidades no envellecemento das persoa coa síndrome de Down.

A colaboración a través da contribución no financiamento por parte da consellería das actuacións que Down Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2019 para a realización dun proxecto de evolución e necesidades no envellecemento das persoas coa síndrome de Down.

26.11.2019

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o financiamento dun programa de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2019.

A colaboración a través da contribución ao financiamento por parte da consellería do programa orientado ao apoio socio-educativo comunitario e á prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia que Feafes Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2019.

28.11.2019

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo para o financiamento do proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2019.

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e as tres universidades para o desenvolvemento do proxecto de democratización do coñecemento.

3.12.2019

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Síndrome de Down Lugo para a execución dun proxecto de formación para profesionais de Down Lugo no 2019.

A colaboración a través do financiamento por parte da consellería e a entidade, para a execución dun proxecto de formación para profesionais de Down Lugo no ano 2019.

3.12.2019

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) para o financiamento dun proxecto de promoción da autonomía persoal e social nas diferentes etapas da vida para o ano 2019.

A colaboración por parte da consellería no financiamento dun proxecto de Apamp de promoción da autonomía persoal e social nas diferentes etapas da vida.

3.12.2019

49.900,00 €

Acordo polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual para o exercicio 2019.

Incrementar o financiamento por parte da Consellería de Política Social das actuacións relacionadas coa tutela e protección das persoas con discapacidade intelectual que a Fundación Sálvora ten previsto desenvolver durante o ano 2019.

3.12.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (Fagal) para o financiamento dos programas de formación e apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de alzhéimer e outras demencias residentes en Galicia.

Contribuír ao financiamento por parte da consellería nas actividades de formación e apoio das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de alzhéimer e outras demencias que Fagal ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2019.

3.12.2019

20.000,00 €

Modificación ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Salvaterra de Miño para a reforma dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia.

Modificación do punto primeiro da cláusula sétima referida á subcontratación no convenio de colaboración para a execución da reforma dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e atención á dependencia no Concello de Salvaterra de Miño.

13.12.2019

Sen custo

ANEXO II

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre do 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Adenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír os alumnos/as do máster universitario en Xerontoloxía.

Actualizar o convenio de colaboración educativa asinado coa Universidade de Santiago de Compostela con data do 5 de abril de 2018 para incluír os alumnos e alumnas da titulación de máster universitario en Xerontoloxía.

25.3.2019

Sen custo

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír os alumnos/as do grao de Nutrición Humana e Dietética e do máster universitario en Innovación, en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

Actualizar o convenio de colaboración educativa asinado coa Universidade de Santiago de Compostela con data do 5 de abril de 2018 para incluír os alumnos e as alumnas da titulación de grao en Nutrición Humana e Dietética e da titulación de máster universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias.

25.3.2019

Sen custo