Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de baixa das autorizacións como xestor de valorización de residuos non perigosos da empresa West K Vigo, S.L. (expediente 2019-SC-M-00213 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible, por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio de baixa das autorizacións.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expedientes: 2019-SC-M-00213, 2019-SC-M-00214 e 2019-SC-I-00215.

Titular: West K Vigo, S.L.

NIF: B94032620.

Acto notificado: acordo de inicio de baixa de autorizacións.

Data do acto administrativo: 7.10.2019.