Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

As resolucións obxecto deste anuncio ditounas o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por delegación da conselleira, e teñen por obxecto a homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros non universitarios.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2020

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoas interesadas:

Ilham Aiouch.

Neida Yurley Pérez de Calvo.

Alejandra Tilve León.