Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 137/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel López contra Perfume VIP, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:
Dilixencia de ordenación.
Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.
Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 30.3.2020, ás 12.15 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse.
De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste da súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.
Así mesmo, acordo a citación do executado Perfume VIP, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que está en ignorado paradoiro.
Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.
A letrada da Administración de xustiza.
E para que sirva de notificación en legal forma a Perfume VIP, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza