Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se modifica a Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se fai pública a convocatoria, mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo), para o alleamento de madeiras na provincia de Pontevedra.

O 29 de xaneiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 19, a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria, mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo), para o alleamento de madeiras na provincia de Pontevedra.

No seu parágrafo quinto indícase: «A apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once (11.00) horas do décimo quinto (15º) día hábil, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas».

Dada a coincidencia desta apertura de proposicións económicas con outra de similares características na provincia de Lugo (convocada pola Resolución do 17 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo), para un alleamento de madeiras na provincia de Lugo (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro) e para garantir que cada persoa licitadora poida acudir aos dous procedementos convocados, cómpre modificar o citado parágrafo.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar o parágrafo quinto da Resolución do 19 de decembro de 2019 para ampliar o prazo de apertura das proposicións económicas en tres (3) días hábiles, este queda redactado como segue:

«A apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once (11.00) horas do décimo oitavo (18º) día hábil, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas».

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural