De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa denunciada, cos datos que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a persoa interesada a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos Servizos Centrais de Portos de Galicia sitos no Edif. de Área Central, praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que xulguen convenientes, concedéndolle así mesmo un prazo de 15 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que consideren pertinentes ante o instrutor.
De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.
Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución, e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020
Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor xefe da División Xurídica de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 13-04-19-15 9456-FZF Gardapeiraos |
35313014X |
Condución temeraria 8.7.2019; 10.22 horas O Xufre, Illa de Arousa (Pontevedra) |
Art. 131.p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG), en relación cos artigos 14, 77.14 e 78.33 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976 |
Art. 137 da LPG |
200 € |


