Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se fai pública a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como en calquera das modificacións que sexan necesarias realizar para a súa execución.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (en diante, IGVS), acordou someter a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia (núm. 218, do 15 de novembro de 2019), no taboleiro de edictos dos concellos das Neves e de Salvaterra de Miño, o proxecto modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulasen as observacións e reclamacións que xulgaran convenientes.

Durante o citado trámite non se presentou ningunha alegación.

O antedito proxecto contén un novo trazado da zona de captación que transcorre sobre terreos que non están adquiridos polos promotores da Plisan polo que é necesario realizar unha expropiación de 1.088 m2, que afecta parcialmente 10 parcelas do polígono 161 do concello das Neves e unha ocupación temporal de 1.167 m2.

A adquisición e ocupación temporal dos citados terreos débese realizar por expropiación mediante o procedemento de urxencia, recollido no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, para ocupar inmediatamente os terreos e non interromper a execución dos proxectos que se están a desenvolver, e co fin de dotar de todos os servizos necesarios as parcelas da zona loxística empresarial (LE), das que xa foron adxudicadas polo director xeral do IGVS (30 de decembro de 2019) 5 parcelas que ocupan unha superficie total de 68.875,88 m2.

Ao abeiro do citado artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, e do artigo 28.2 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 30 de xaneiro de 2020, á vista do expediente remitido, que incluía a oportuna retención de crédito con cargo ao exercicio en que se prevé a conclusión do expediente expropiatorio e a realización efectiva do pagamento, acordou a declaración de urxente ocupación.

Á vista de todo o anterior,

RESOLVO:

Facer pública a declaración de urxente ocupación acordada polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do 30 de xaneiro de 2020 nos seguintes termos:

«Declarar a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como en calquera das modificacións que sexan necesarias realizar para a súa execución.

Aplicación orzamentaria

Anualidade

Importe estimado

07.83.531A.605.0 proxecto 2009 00025

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Ano 2020

12.100 €

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo