Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (513/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 513/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alfonso Fernández Gómez contra a empresa Instalaciones y Telecomunicaciones TCT, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Acordo: ter por desistida á parte demandante da súa demanda acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación. Poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei da xurisdición social)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones y Telecomunicaciones TCT, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e o taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza