Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 10210

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a dúas prazas de oficial da policía local (mobilidade horizontal).

No BOP de Lugo número 287, do 16 de decembro de 2019, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda de mobilidade horizontal):

– Decreto número 19009687, do 18 de novembro de 2019: dúas (2) prazas de oficial; grupo de titulación: grupo C; subgrupo: C1; administración especial; escala: básica; categoría: oficial. Proceso selectivo: concurso entre funcionarios doutros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 15 de xaneiro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 19005684, do 1.7.2019,
modificado polo Decreto 19005695, do 3 de xullo)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos