Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10391

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura do Servizo de Control Orzamentario, Estatística e de Sistemas de Información da Área de Recursos Económicos.

Mediante a Resolución do 19 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 234, do 10 de decembro), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura do Servizo de Control Orzamentario, Estatística e de Sistemas de Información da Área de Recursos Económicos.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de xefatura do Servizo de Control Orzamentario, Estatística e de Sistemas de Información da Área de Recursos Económicos, na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a Javier Fernández-Couto Gómez ***2290**, aspirante que acadou a maior puntuación.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Segundo. O aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O aspirante seleccionado obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o profesional seleccionado será avaliado para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao interesado.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2020

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés