Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico singular da Pobra do Caramiñal (expediente IN661A 18/04) e da liña eléctrica de evacuación dos parques eólicos da Barbanza (expediente IN407A 48/2011), nos concellos da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira (A Coruña).

Primeiro. Por Resolución do 17 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do proxecto do parque eólico singular da Pobra do Caramiñal (DOG núm. 107, do 3 de xuño) (expediente IN661A 18/04).

Segundo. Por Resolución do 25 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse o cambio do modelo de aeroxerador e modificouse o recoñecemento da condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do proxecto do parque eólico singular da Pobra do Caramiñal.

Terceiro. Por Resolución do 25 de maio de 2011, desta xefatura territorial, autorizouse administrativamente, declarouse a utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (DOG núm. 108, do 7 de xuño) (expediente IN407A 48/2011).

Cuarto. O 16.10.2019, Elec Coal VM, S.L. solicitou a aprobación do proxecto sectorial do parque eólico singular da Pobra do Caramiñal e da súa liña de evacuación.

En cumprimento do disposto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Elec Coal VM, S.L.U. NIF B87140620.

Domicilio social: Torre Espacio, P. da Castellana, 259 D, 46ª, 28046 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico singular da Pobra e liña eléctrica de evacuación dos parques eólicos da Barbanza.

Concellos afectados: A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira (A Coruña).

Características técnicas das instalacións:

O parque eólico singular da Pobra é de 3 MW de potencia nominal. Está integrado por un aeroxerador tripa, modelo de xerador Enercon E823,0 MW clase IEC IA, de 85 metros de altura da buxa e con diámetro de rotor 82 m. A potencia unitaria deste aeroxerador e de 3.000 kW.

A aeroturbina xera enerxía a 690 V, a cal se eleva a 20 kV no transformador de 3.100 kVA de potencia aparente, que está aloxado no interior da cabezal do rotor.

O centro de transformación situado na góndola esta conectado mediante unha liña subterránea a un edificio de control e proteccións do parque eólico singular municipal de Porto do Son.

A evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos da Barbanza, formados polos parque eólicos singulares da Pobra, Ribeira e Porto de Son, realízase por unha liña de media tensión de 20 kV desde o centro de control e proteccións ata a subestación de distribución de Palmeiras. A liña consta dun primeiro tramo aéreo, composto por 34 apoios e unha lonxitude de 6,9 km, e un tramo subterráneo de 2,1 km ata a subestación de distribución de Palmeiras, con as seguintes características:

Lonxitude total (m) 9.012. Lonxitude do tramo aéreo (m) 6.897 con 34 apoios. Lonxitude do tramo subterráneo (m) 2.115, frecuencia (Hz) 50, tensión (kV) 20, condutor aéreo LA-180, condutor subterráneo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al).

Obxecto da información pública:

• A solicitude de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto sectorial do parque eólico singular da Pobra e a liña eléctrica de evacuación dos parques eólicos da Barbanza (set. 2019-visado o 7.10.2019).

O que se fai público, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal correspondente ás instalacións do PE singular da Pobra do Caramiñal e a liña de evacuación dos parques eólicos da Barbanza e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), así como nos concellos da Pobra do Caramiñal, Porto de Son e Ribeira (A Coruña).

A Coruña, 3 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña