Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0367-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2019/0367-4.

Acta: I362019000074114.

Empresa: Chen Jie.

Enderezo: Alcalde Gregorio Espino, 2, baixo, pta. 3; Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15, 16 e 23.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e o artigo 3.a) da Orde do 16 de decembro de 1987 pola que se establecen novos modelos para a notificación de accidentes de traballo e se dan instrucións para a súa formalización e tramitación, e artigos 1.1, 2 e 10.1 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 12.3, 12.1.a), 39.6 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 22.1.2020.

Resolución: multa de 4.092 €.

Vigo, 30 de xaneiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra