Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2020 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establecen as previsións necesarias para facer posible a funcionarización do persoal laboral fixo que realiza funcións ou desempeña postos de traballo de persoal funcionario.

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira por parte do persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A presente convocatoria asínaa o director xeral da Función Pública ao abeiro do establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020, da Consellería de Facenda, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro).

De conformidade co establecido nos decretos 160/2018, do 13 de decembro, e 33/2019, do 28 de marzo, polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondentes a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 17 de decembro, e núm. 67, do 5 de abril), con respecto ás prazas que figuran e sen prexuízo de convocatorias posteriores de resultar necesario, esta consellería, en uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia pertencente a diversas categorías e postos do grupo III para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto deste proceso é permitir o cambio do vínculo xurídico de persoal laboral fixo que ocupa algún dos postos sinalados no anexo II á condición de persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas, pertencentes ao grupo B e subgrupo C1, que se relacionan no anexo I, pola quenda de prazas afectadas polo proceso de funcionarización.

O proceso consta dunha proba tipo test e dunha fase de concurso de méritos.

I.2. A este proceso seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a LEPG, o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.3. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas no proceso de funcionarización, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

I.3.1. Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I que ocupe un posto dos establecidos no anexo II.

1.3.2. Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, deberán estar en posesión ou en condicións de obter a titulación académica establecida no anexo I. Non será necesaria a súa acreditación dado que esta información se atopa no correspondente expediente persoal das persoas interesadas.

1.3.3. Figurar na listaxe de postos que figura, para cada corpo ou escala como anexo II a esta convocatoria.

I.4. Todos os requisitos deberanse posuír na data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso e deberanse manter ata o momento da toma de posesión como funcionario/a de carreira, agás o requisito de ocupar un posto de traballo clasificado como de persoal funcionario de carreira, que deberá cumprirse antes da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.5. Non poderá participar no proceso de funcionarización o persoal laboral fixo que teña, ademais, a condición de funcionario de carreira de corpos ou escalas obxecto desta convocatoria.

I.6. O persoal laboral fixo pertencente ao grupo III, categoría 050 (técnico/a especialista en xardín de infancia), será funcionarizado no subgrupo C1 mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, segundo se establece na disposición transitoria única do Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

I.7. No caso de participar no presente proceso de funcionarizacion persoas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, habilitaranse as medidas necesarias para garantir a protección dos seus datos persoais.

I.8. Solicitudes.

O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberá facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, no seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion. A persoa solicitante deberá dispor dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave 365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes deberán indicar na solicitude se o texto da proba deberá entregarse en idioma galego ou castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a solicitude non poderá ser modificada.

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para realizar a proba, todo isto conforme o contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e nos decretos 160/2018, do 13 de decembro, e 33/2019, do 28 de marzo, polos que se aproban as ofertas de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018 e 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 17 de decembro, e núm. 67, do 5 de abril).

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se produza o feito causante.

Poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización da proba de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

Para calquera aclaración ou información sobre o proceso de inscrición, as persoas aspirantes poderán pórse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, de luns a venres das 8.30 ás 20.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.9. Admisión de aspirantes.

I.9.1. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación das causas de exclusión que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.9.2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou alegar o que consideren procedente.

A estimación ou desestimación das peticións formuladas entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública, que será publicada no DOG, pola cal se aprobarán as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

II. Proceso.

II.1. Proba tipo test.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test extraídas da batería de preguntas correspondentes ao subgrupo C1 que se atopa publicada no portal web corporativo no seguinte enderezo electrónico: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

A batería de preguntas, coas modificacións realizadas, será a que figure no portal web o día da publicación da presente convocatoria no DOG.

O cuestionario conterá cinco (5) preguntas de reserva, que substituirán, se fose o caso, as anuladas pola súa orde. As preguntas terán tres (3) respostas alternativas, das cales só unha (1) será a correcta.

A proba terá unha duración máxima de cen (100) minutos.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido da proba e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O exercicio cualificarase como «apto» ou «non apto» e para obter a cualificación de «apto» será necesario obter o número mínimo de preguntas correctas que determine a comisión de funcionarización, para o cal se terá en conta que as respostas incorrectas non descontarán.

Para o desenvolvemento desta proba poderanse servir de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

A realización desta proba non terá lugar antes dos dous (2) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.2. Concurso de méritos.

II.2.1. O concurso de méritos consistirá na valoración, ao persoal laboral fixo que resulte apto na proba de coñecementos tipo test, dos seguintes méritos:

a) Antigüidade: os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,05.

Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 12 puntos.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos

II.2.2. O concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e para superalo será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

II.2.3. Os méritos enumerados deberán referirse á data de publicación da presente convocatoria.

II.2.4. Cos datos do baremo anterior proporcionados pola Dirección Xeral da Función Pública a comisión de funcionarización realizará a baremación provisional do concurso de méritos e publicaraa no DOG, con indicación da cualificación de «apto» ou «non apto». Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia comisión de funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

A comisión contará co apoio técnico necesario do persoal da Dirección Xeral da Función Pública.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións, a comisión publicará no DOG a baremación definitiva do concurso de méritos.

II.3. Desenvolvemento da proba tipo test.

II.3.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «Q», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado.

II.3.2. As persoas aspirantes deberán presentarse á proba provistas de DNI ou doutro documento fidedigno que a xuízo da comisión acredite a súa identidade.

II.3.3. A proba realizarase a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, as que integran a comisión e as designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como persoal colaborador.

II.3.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo comisión para acreditar a súa identidade.

II.3.5. O chamamento para a proba será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas do proceso.

As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coa data de realización da proba polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento da comisión, e xuntarán coa comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao anuncio da data da proba e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso da comisión ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

A comisión acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso.

II.3.6. O anuncio de realización da proba publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con dous (2) días hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

II.3.7. Se a comisión, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar, nos tres (3) días hábiles seguintes á realización da proba tipo test anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección, publicarao no DOG.

II.3.8. As listaxes de persoas aspirantes aptas/non aptas publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución da comisión pola cal se fan públicas as cualificacións da correspondente proba.

II.3.9. En calquera momento do proceso, se a comisión tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento. No caso de que non se acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso ao órgano que convoca, que publicará a orde que corresponda.

III. Comisión de funcionarización.

III.1. A comisión de funcionarización será nomeada mediante orde segundo o establecido no artigo 59 da LEPG, o artigo 60 do TRLEBEP, o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e o artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

III.2. As persoas que formen parte da comisión absteranse de intervir cando concorran nelas as circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. A concorrencia de calquera das ditas causas deberáselle comunicar á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberalles solicitar ás restantes persoas que formen parte da comisión e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os integrantes da comisión cando concorra neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A partir da sesión de constitución, a actuación válida da comisión requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus integrantes, con presenza en todo caso da Presidencia e da Secretaría.

III.4. O procedemento de actuación da comisión axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, na orde pola que se crea e, supletoriamente, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e demais normativa aplicable.

III.5. Por cada sesión da comisión redactarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da Secretaría e o visto e prace da Presidencia.

III.6. A Presidencia da comisión adoptará as medidas oportunas para garantir que a proba do proceso sexa corrixida sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

A comisión excluirá aquelas persoas en cuxa proba figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración da proba tipo test deberanse adoptar sen coñecer a identidade das persoas aspirantes a que corresponden os resultados obtidos.

III.7. A comisión adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar a proba que as restantes aspirantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

III.8. A comisión terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que o nomeamento como membro da comisión implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros, se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

III.9. Os acordos adoptados pola comisión poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.10. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes á comisión dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas declaradas aptas, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario de carreira.

IV.1. Unha vez rematado o concurso de méritos, a comisión publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso de funcionarización, con indicación do seu DNI, e proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Á vista da proposta anterior, mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública publicarase unha listaxe das persoas aspirantes que, tendo superado o proceso de funcionarización, non acreditan de maneira suficiente posuír todos os requisitos para ser nomeados funcionarios de carreira, con indicación da documentación que deberán achegar para a súa acreditación.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da listaxe anterior, as persoas declaradas aptas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar a documentación requirida.

IV.2. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación a que fai referencia o punto anterior ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.3 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.3. As persoas aspirantes que superen o proceso de funcionarización e teñan acreditada a posesión de todos os requisitos necesarios serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha orde da persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no DOG.

IV.4. Na mesma orde de nomeamento a que fai referencia o punto anterior estableceranse os prazos e o procedemento para a toma de posesión como persoal funcionario de carreira, para o que será requisito imprescindible subscribir un acordo de extinción do contrato de traballo, que estará condicionado á dita toma de posesión.

IV.5. A toma de posesión efectuarase con carácter definitivo no mesmo posto que se viñese ocupando como persoal laboral.

O persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización desde un destino con carácter provisional tomará posesión como persoal funcionario de carreira con ese carácter.

O persoal laboral fixo a quen se lle adxudicase un posto de traballo ao abeiro do disposto no artigo 7.4 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como o persoal laboral fixo a quen se lle adxudicase un posto de traballo ao abeiro do artigo 7.4.b) do IV Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, adquirirá a condición de funcionario de carreira desde a categoría profesional en que se realizou a dita adxudicación, e sen prexuízo da compatibilidade ou non da correspondente pensión de incapacidade que tivese recoñecida.

IV.6. A toma de posesión como funcionario de carreira terá como consecuencia a extinción da vinculación laboral coa Xunta de Galicia unicamente respecto do posto obxecto de funcionarización, polo que se conservarán as excedencias concedidas noutras categorías laborais antes da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia
obxecto de funcionarización

Categoría

Prazas

Corpo

Escala

Titulación requirida

2 (Encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado…)

40 (Axudante de produción)

48 (Axente auxiliar Admón. tributaria)

62 (Oficial/a administrativo/a. Oficial/a 1ª administrativo/a...)

55

Administrativo de Administración xeral

Sen escala

Bacharel ou técnico

30 (Programador/a)

91 (Técnico/a especialista informática)

29

Técnica auxiliar de informática

50 (Técnico/a especialista en xardín de infancia)

80

Técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B)

Axentes técnicos facultativos (esp.: xardín de infancia)

Técnico superior en Educacion Infantil ou equivalente

ANEXO II

Cadro de postos

Categoría 2

Encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado (...)

NIF

Inicial apelido 1

Inicial apelido 2

Inicial nome

CUA110000115770014

***4484**

N

M

X

CUA110000115770035

***4368**

D

R

R

CUA110000115770041

***5352**

L

G

M

CUA110000415770039

***6523**

D

A

M

EDC994020436560021

***3583**

D

G

J

EDC994090215770019

***5072**

C

R

J

EIC992090215001011

***5177**

F

P

M

MAA992000015001041

***2973**

C

P

D

PSC991000015001196

***4233**

G

P

F

PSC994080036560008

***4288**

G

G

M

Categoría 40

Axudante/a de produción

CUA110000415770037

***3619**

H

S

M

Categoría 48

Axente auxiliar de inspección tributaria

FCA291000036560020

***8155**

A

P

M

FCA291000036560019

***9083**

D

A

I

FCA291000036001018

***3834**

F

B

C

FCA291000032001017

***3182**

V

M

M

Categoría 62

Oficial/a administrativo/a. Oficial/a 1ª administrativo/a

CU5010000115770014

***3347**

G

A

F

CUA110000415770062

***2072**

P

G

A

CUC995010136560011

***3214**

N

G

M

ED2010000115770015

***9088**

G

F

J

EDC991000015001235

***3877**

C

V

A

EDC994020136240001

***1701**

F

B

M

EDC994030136220001

***3777**

R

F

M

EDC994030136590003

***6641**

F

P

M

EDC994030936001001

***0343**

A

N

M

EIC991000015001461

***2797**

S

V

C

EIC991000027001020

***8307**

O

V

R

EIC991000032001010

***4846**

G

G

B

EIC991000032001215

***5091**

A

C

M

EIC992000015350017

***3456**

B

M

M

EIC992090115230004

***8483**

R

G

M

FCA291000027001012

***8777**

D

M

I

FCA291000036560021

***3883**

I

R

E

INO110010015001020

***3560**

M

S

M

INO110010015001021

***3655**

A

P

M

INO191000015001025

***3351**

B

L

M

MRC050000115770008

***5858**

P

B

J

MRC991000015001063

***6716**

L

R

A

MRC991000036001032

***4049**

G

T

J

MRC991030115001030

***5080**

B

P

M

MRC991040127001031

***3767**

L

L

A

MRC992002115190017

***4609**

B

R

C

MRC992005527560015

***4840**

G

F

J

MRO130000015770023

***5903**

N

P

M

PEC991000015001013

***5446**

R

R

M

PEC991000015001020

***4840**

R

G

M

PEC991000015001021

***3910**

H

V

J

PSC991000036560043

***7313**

C

B

D

PSC994080036560110

***2084**

V

M

A

PSC994090127560091

***5906**

A

L

J

PSC994090136440111

***1749**

P

M

M

PXA200000315770028

***9240**

P

V

F

MAC991000036001035

***7144**

B

C

M

SAC991010132001035

***1725**

G

T

A

SAC991010136560041

***5152**

R

F

E

PXA294040136001005

***9112**

P

A

R

Categoría 30

Programador/a

PXA110000215770014

***4886**

M

C

J

Categoría 91

Técnico/a especialista en informática

FCA010000115770044

***4101**

R

S

A

PXA110000215770011

***5094**

T

D

A

PXA110000215770012

***9183**

O

C

M

PXA110000215770013

***6753**

V

R

M

PXA110000215770056

***5902**

P

G

M

PXA110000215770057

***6102**

A

B

E

PXA110000215770058

***6387**

L

M

M

PXA110000215770060

***4529**

P

C

M

PXA110000215770061

***3994**

P

M

M

PXA110000215770062

***3873**

C

L

M

PXA110000215770064

***2353**

F

G

M

PXA110000215770068

***4039**

S

S

F

PXA110000215770069

***4839**

M

F

M

PXA110040115001035

***3063**

D

S

J

PXA110040115001038

***3155**

C

B

A

PXA110040327001033

***0481**

P

P

T

PXA110040327001034

***2754**

G

G

A

PXA110040327001035

***2144**

A

V

M

PXA110040532001023

***3059**

V

R

T

PXA110040532001025

***4556**

L

M

M

PXA110040532001026

***6256**

B

R

J

PXA110040636001034

***8682**

F

R

M

PXA110040636001036

***9273**

S

P

M

PXA110040636001050

***0404**

C

C

L

PXA110040736560022

***4072**

E

T

J

PXA110040736560024

***6841**

R

R

M

SAC991000027001040

***5616**

V

I

I

SAC991000036001033

***1284**

A

F

F

Categoría 50

Técnico/a especialista en xardín de infancia

TRC994040115001008

***9591**

G

L

A

TRC994040115001009

***3347**

G

A

M

TRC994040115001010

***5111**

P

S

M

TRC994040115001011

***1622**

F

C

M

TRC994040115350004

***6694**

G

D

A

TRC994040115350006

***8568**

P

F

M

TRC994040115350008

***7891**

A

S

E

TRC994040115770008

***3658**

N

B

M

TRC994040115770009

***9724**

I

L

M

TRC994040115770011

***5013**

M

C

M

TRC994040127001008

***3947**

B

P

A

TRC994040127001009

***4217**

L

C

M

TRC994040127190009

***0694**

P

D

G

TRC994040127500004

***9250**

C

A

M

TRC994040127500006

***3489**

R

A

M

TRC994040127500008

***4861**

G

G

M

TRC994040132001006

***3499**

F

G

I

TRC994040132001007

***4872**

R

C

A

TRC994040136001008

***9977**

G

R

M

TRC994040136001009

***9078**

M

S

M

TRC994040136001010

***3675**

F

L

J

TRC994040136001011

***5219**

S

B

M

TRC994040136001012

***8096**

G

S

P

TRC994040136001015

***0533**

L

R

M

TRC994040136260010

***0655**

P

F

M

TRC994040136260012

***8339**

M

N

M

TRC994040136260013

***1089**

A

R

M

TRC994040136440004

***7186**

G

V

L

TRC994040136440005

***7304**

G

N

N

TRC994040136440006

***4623**

E

F

M

TRC994040136440007

***8766**

S

F

E

TRC994040136440008

***0031**

S

P

M

TRC994040136440009

***7560**

L

S

M

TRC994040136440010

***0137**

L

A

M

TRC994040136560009

***9544**

R

D

S

TRC994040136560012

***2836**

V

P

M

TRC994040215001004

***1663**

M

L

L

TRC994040215001005

***9130**

I

G

M

TRC994040215001006

***6645**

L

S

R

TRC994040215001007

***6331**

B

I

M

TRC994040215001008

***1972**

P

G

A

TRC994040215001009

***9766**

M

B

A

TRC994040215001010

***1581**

V

P

O

TRC994040215001011

***4758**

F

L

E

TRC994040215350004

***3744**

L

Q

M

TRC994040215350007

***4236**

V

O

M

TRC994040215770011

***7390**

G

C

Y

TRC994040215770014

***4186**

B

C

N

TRC994040215770019

***8310**

M

V

S

TRC994040227001007

***9249**

C

D

M

TRC994040227001010

***3490**

V

V

M

TRC994040227001012

***6013**

A

I

A

TRC994040227001013

***5711**

C

B

M

TRC994040227001015

***5096**

F

B

C

TRC994040232001014

***0320**

M

S

M

TRC994040232001017

***6420**

F

C

M

TRC994040232001021

***5980**

T

S

F

TRC994040236001009

***2771**

G

V

M

TRC994040236001010

***3105**

L

M

Y

TRC994040236001012

***8083**

R

C

M

TRC994040236001013

***9995**

R

C

I

TRC994040236560004

***5156**

R

F

M

TRC994040236560006

***0677**

D

R

M

TRC994040236560007

***7428**

M

T

E

TRC994040236560008

***4643**

V

F

R

TRC994040236560009

***7591**

R

G

M

TRC994040315001009

***6314**

A

R

M

TRC994040315001010

***5152**

C

F

D

TRC994040315001013

***3019**

G

B

M

TRC994040332001004

***4836**

S

L

S

TRC994040332001008

***6078**

P

B

M

TRC994040336560010

***4333**

I

E

V

TRC994040336560015

***2679**

G

D

S

TRC994040415001004

***7987**

B

G

M

TRC994040415001005

***7752**

P

M

M

TRC994040415001006

***3501**

M

C

A

TRC994040415001008

***9704**

A

L

M

TRC994040436560008

***7861**

M

C

Y

TRC994040536560008

***0198**

P

L

D

TRC994040536560009

***8651**

L

D

M