Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10526

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xaneiro de 2020 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten por obxecto:

– A execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 3 de xullo de 2019, recaída no procedemento ordinario núm. 315/2017.

– Materializar nos anexos da relación de postos de traballo as modificacións referidas para o ano 2020 do Acordo sobre as condiciones de traballo dos axentes forestais e ambientais, asinado con data do 11 de outubro de 2018, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 17 de xaneiro de 2019, negociado na Mesa Xeral de Empregados Públicos e aprobado na Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galicia.

En consecuencia, a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 30 de xaneiro de 2020, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de xaneiro de 2020, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file